
martes, 7 de octubre de 2008
Momentos clave

lunes, 6 de octubre de 2008
O voto electrónico
Varias veces estiven tentado a falar deste tema, que en certa medida é bastante espinoso nas zonas rurais, e hoxe vou a facelo.Que se prepare Obama

domingo, 5 de octubre de 2008
Boa mistura. A Coruña, Bunbury e W. Eugene Smith
Esta fin de semana puiden desfrutar dunha boa mistura: a cidade da Coruña, a exposición de PhotoGalicia de W. Eugene Smith e o concerto de Bunbury.
Unha das miñas paradas programadas era visitar o edificio da Fundación de Caixa Galicia, que xunto con PhotoEspaña organizan por segundo ano PhotoGalicia e traen á cidade das galerías a excelente exposición fotográfica do gran pai do enaio fotográfico W. Eugene Smith.
Á noite tocoulle a Bunbury... Quen mo diría a min cando tiña dezaoito anos e non podía ver nin en pintura ós Héroes do Silencio. Que queredes que vos diga, non me vou desfacer en eloxios cara este showman porque a música e os músicos teñen que gustar. E por moito que me explique eu non van a gustarvos nin máis, nin menos.
Dúas horas largas de concerto no Coliseum nas que repasou todo o seu pasado musical e presentou o seu novo disco, que sairá á venda a próxima semana.
Todo indica que Bunbury volta ó rock and roll logo de ter experimentado con case todo no eido musical. Esta aseveración é moi particular, pero para min hoxe é o maior showman que hai no escenario musical español. Porque falar de Bunbury non é só falar dun músico, é falar dun verdadeiro show.
Se queredes máis sobre el ide aquí.
jueves, 2 de octubre de 2008
Miguel Fidalgo nomeado viceportavoz do PSOE na Comisión de Fomento do Senado

Volve a auga, volven os chouparros
Estes días non paro de mirar o ceo a todas horas. Non me perdo o tempo logo dos informativos, miro todos os mapiñas de metereoloxía dos xornais, non paro de entrar na páxina da AEMET par aver se vai chover ou non.E é que senón hai auga, non hai chouparros. Eses días ahí atrás collín bastantes en compañía de Natalia e Juan Luis: boletos, chouparros, champiñóns, sendeiriñas..., pero agora levamos uns cantos días de seca.
Pero...por fin volta a auga. Parece ser que a partir desta fin de semana imos ter, de novo, chuvias por Galicia. E se as temperaturas moderadas seguen a acompañar teremos chouparros a esgalla.
Xa me estou frotando as mans.
Adiós Miguelón
Nunca fun ver o fútbol, nunca vin a Miguelón en acción, aínda que sabía do que facía. Coñecino na Carnicería Ribeira Sacra, de Roberto, onde de cando en vez botabamos unhas risas.
Lembro cando saiu a campaña de Campofrío, cun home moi feo, polo que se pirraban as mulleres. Pois Miguelón quixo que lle fixera unhas fotos con delantán e cortando xamón, ó estilo do anuncio, para mandalas a un concurso de Camporfrío.
Era un home vondadoso. Era un neno metido nun corpo moi grande. Debía ter ese corpo tan grande para albergar o seu gran corazón. Ese mesmo que onte lle fallou.
A xente do fútbol di del que era metelo nun vestiario e levantarlle a moral a un equipo enteiro, e coñecendoo debía ser certo.
Lembro, con pena, cando o Ourense descendeu por última vez e no diario La Región saía Miguelón chorando coma un desconsolado. El era así, sentía o fútbol como se fose o pichichi do equipo.
Ata sempre Miguelón.
Aprobado o selado do vertedoiro de Castro Caldelas
Hoxe o Consello da Xunta vai aprobar o proxecto da Consellería de Medio Ambiente de selado do vertedoiro de Castro Caldelas. Por fin se vai poder levar a cabo esta obra tan demandada por todos.A existencia deste vertedoiro incontrolado parecía máis propia do século XIX que de hoxe en día. Era un foco de infeccións e un lugar de onde se escapaba o lume, as veces, provocando algún incendio polo redor. Ademais producía moi malos olores, sobre todo no campo de fútbol.
Esperemos que a partir de agora a obra se axilice e podamos contar, en vez de cun cúmulo de lixo, cunha ampla zoa verde ó carón do Teso.
martes, 30 de septiembre de 2008
Unha merecida homenaxe "O Rizo"
Hoxe levouse a cabo en Ourense a presentación do libro Xosé Vázquez Arias. Rizo. Tres décadas de imaxes prodixiosas. 1940-1975.Está é a maior das homenaxes que se lle podía facer a este xenial fotógrafo sumido no esquecemento. O Rizo, natural de Casasoá (Castro Caldelas) foi o fotógrafo das feiras. Un gran retratista comparable a Caamaño ou Viétez que coas súas imaxes cóntanos os aconteceres de 35 anos de historia de Ourense. O gran fotógrafo caldelao de todos os tempos. E o gran esquecido ata o de agora no mundo da fotografía de Galicia.
Lembro, hai uns dous anos, cando falei con Xulio Fernández Senra director do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" e lle din a idea de facer un libro sobre o Rizo, xa que sabía que había moitas familias que estarían dispostas (entre elas a del) a ceder as fotografías amablemente. Ocorreuseme esto logo de contemplar o libro de fotografía antiga de Celanova que Xulio e máis Antonio Piñeiro puxeran en marcha,, xa que alí había varios retratos do Rizo.
Logo Xulio pediume que colaborara no libro, pero teño que dicir que por mor do traballo que tiña daquela foime imposible, e deixeino un pouco na estacada. De verdade que o sinto.
O libro está moi coidado no seu deseño, presentación, contido e impresión. É unha desas obras para contemplar e gardar. Unha verdadeira xoia.
A partir de agora vaise poñer en marcha unha exposición coas fotografías. Comezará polo Cetro Cultural da Deputación de Ourense, e creo que vai seguir por varias vilas da provincia. Espero que tamén visite Castro Caldelas.
Fin de semana electoral en Europa
Esta fin de semana celebráronse dous comicios moi importantes e interesantes en Europa. Uns de índole estatal, e outros de carácter rexional (por chamarlle dalgunha maneira, ó que eles lle chaman Land). Estou a falar de Austria e de Baviera (Alemania).
A cousa en Austria foi ben distinta, e moi preocupante. Ata agora á fronte do goberno había unha gran coalición de socialdemócratas e populares comandados pola SPO (centro-esquerda). Estes dous partidos levaron un gran batacazo perdendo a SPÖ 10 escanos e a ÖVP 16. Os Veredes cairon 2 e os independentes outros 2. Os grandes beneficiados foron os dous partidos de ultradereita, a BZÖ e a FPÖ que gañaron 14 e 16 escanos, respectivamente.lunes, 29 de septiembre de 2008
Domingo "Maratoniano"
Atopámonos a máis xente de Castro Caldelas como Xocas e José Carlos, de Montederramo a Jorge Cacharrón e moitos/as amigos/as de Ourense.
Belén non nos poido acompañar porque estivo na organización, matándose a traballar como toda a xente da CEO. Moitas gracias para ela e os/as seus compañeiros, xa que se non fóra por eles/as non poderiamos desfrutar dun domingo tan entretido.
sábado, 27 de septiembre de 2008
O Caldelao de Caldelas no Galicia Confidencial
jueves, 25 de septiembre de 2008
Que o metan na cadea... ou no psiquiátrico
Imaxe extraída do blog de Jordi Marti Font, Predre la paraulaXulgade por vós mesmos/as:
Losantos responsabiliza a Zapatero de los crímenes de ETA: “Si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”
El locutor de la cadena de los obispos Federico Jiménez Losantos criticó al Gobierno a raíz del funeral por el brigada asesinado por ETA, y tras reprochar al presidente que mandara “besos” a la viuda, aseguró que “si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”. Losantos consideró ya insoportable “ver a una ministra de Defensa llorando” cuando con su cara “tiene que inducir un sano pavor”.
Después de dar paso a varios oyentes que atacaban la actitud del Gobierno durante el funeral ayer del brigada asesinado por ETA, Losantos arremetió contra el Ejecutivo, especialmente contra la ministra de Defensa: “Aparte de lo de los besos que me parece repugnante, una tomadora de pelo de unos tíos que han estado negociando con la ETA, defendiendo la negociación con la ETA e insultando, atacando y persiguiendo a la víctimas del terrorismo y a los pocos medios que las hemos defendido… hace falta tener la cara de hormigón... ¡Pero es que ya ver a una ministra de Defensa llorando!”.
“Cómo va de mamaíta, de bebé…”
Losantos insistió en sus descalificaciones a Chacón: “cómo va de mamá, de mamaíta, de bebé… ¡No! Eres ministra de Defensa, en teoría coordinas los Ejércitos de España, de Tierra, Mar y Aire ¡No puedes llorar! Tú tienes que estar con una cara que denote determinación implacable para acabar con los asesinos, si estás lloriqueando, dicen fíjate cuando matemos a siete, ésta se va (…) Tiene que inducir un sano pavor… Pues no, ayer se echó a llorar”.
“¿Quién suelta a De Juana?”
El locutor de la cadena de los obispos incluso responsabilizó al presidente del Gobierno de los crímenes de ETA: “Y Zapatero mandándole besitos a la viuda… Si no hubieras negociado a lo mejor no habría viudas… ¿Pero quién suelta a De Juana antes de tiempo? Zapatero. ¿Pero quién dice que Otegi es un hombre de paz? Zapatero. ¿Pero quién ataca a la AVT? Zapatero…”
Y también el 11-M
En su exaltación, volvió una vez más a su intento de relacionar al Gobierno socialista y a Gallardón con el 11-M: “¿Pero quién se niega a investigar la mayor masacre terrorista de toda la historia de Europa, el 11-M? Zapatero. Eso sí con el respaldo de los jueces y del camarada Gallardón patriarca y faraón de Ambiciones, porque ha habido una parte de la derecha que ahora ya es mayoritaria dispuesta a olvidar las cosas desagradables”.
Decepción
Fun o outro día ó cine, cheo de ilusión por ver a última película de Cuerda (do cal son devoto), con moi boas recomendacións por parte de xente que xa vira Los girasoles ciegos e..... puf.... leveime un chasco impresionante.jueves, 18 de septiembre de 2008
De novo pola tertulia de Telemiño
miércoles, 17 de septiembre de 2008
Danos colaterais do furacán "Ike"

¿Esto é unha festa?

martes, 16 de septiembre de 2008
O PP pretende usar ó BNG
Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica, a páxina enteira, un artigo referente a un informe interno do PP de Galicia no que se aposta por utilizar ó BNG para facer fronte ó ascenso do PSdeG.Saramago, benvido á blogosfera
Dende estes días hai unha nova bitácora na blogosfera. O gran José Saramago abre unha fiestra na que nos fala del, da súa obra, dos dereitos humanos, do medio amn¡biente... En fin, un novo espazo para explorar.lunes, 15 de septiembre de 2008
O Caldelao de Caldelas no Ourense Dixital

viernes, 12 de septiembre de 2008
Parabéns para os que fan cousas.
sábado, 6 de septiembre de 2008
Comezan as festas. Unhas festas especiais.
viernes, 5 de septiembre de 2008
Por fin... cara a unha lei de prazos

Por fin este goberno vai afrontar con valentía a reforma da Lei do Aborto.
En toda Europa só en Andorra está prohibido abortar e en Irlanda só se permite se corre risco a vida da nai.
A partir de ahí, os países máis retrógrados, no referente ós dereitos das mulleres a decidir se queren abortar, son Polonia, Finlandia Reino Unido e España.
Os demais países europeos contemplan unha lei de prazos que vai dende as dez semanas de Turquía, Portugal ou Eslovenia ata as vintecatro de Holanda.
Pronto no noso país as mulleres poderán decidir se queren traer un fillo/a ó Mundo ou non. En fin, un novo avance en dereitos sociais.
Mortos de primeira e de segunda

jueves, 4 de septiembre de 2008
Os/as republicanos/as tamén "follan"

Estas mesmas persoas que defenden a ultranza a moralidade católica, estes que defenden a teoría creacionista e que están en contra da teoría evolutiva de Darwin, estes mesmos que están a favor da pena de morte (en contra do que di a Biblia), estes que defenden a supremacías dos católicos fronte ós islamistas, estes que están en contra do divorcio, o aborto, a investigación con células nai, a eutanasia... Estes mesmos que din que hai que estar casados pola Igrexa para poder manter relacións sexuais, e claro está, estas só deber servir para procrear e nunca para o placer; estes tamén "follan" e fóra do matrimonio.
Todos/as estes que nos intoxican con tanta moralina católica resulta que son coma nós. E senón que llo pregunten a Gobernadora de Alaska recén escollida nº 2 do Partido Republicano nos EE.UU, porque a súa filla de 17 anos (que non está casada) resulta que quedou preñada.
Pero Deus é bó cos Republicanos e seguro, seguro, seguro que a vai perdoar.
Prégovos a todas e todos que esta noite recedes unha oración pola filla de Sarah Palin que "folla" coma nós e quebranta o sexto mandamento
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Baltar, o gran derrochador da administración municipal
Estes días estase a falar moito sobre se os Concellos van a pasar algo máis de dificultades económicas por mor da rebaixa das achegas do Estado.Alcalde de Ourense só hai un
Esta afirmación que pode parecer unha obviedade tivo quer poñela estes días de manifesto Paco Rodríguez, alcalde de Ourense ante unha pregunta formulada polos representantes do PP co Concello da capital provincial.
Para os/as que non coñezades a realidade da política municipal de Ourense teño que contarvos que o tenente de alcalde, Alex Sánchez, non só exerce o seu cargo, é dicir, representar ó Concello cando non está o primeiro rexedor. Sánchez Vidal representa ó Concello en todos aqueles actos que teñen que ver coas concellerias que xestiona o BNG.
O alcalde e o secretario, cun informe, veñen a dicir ó que todos sabemos en política municipal: alcalde só hai un; o tenente-alcalde sustitúe ó alcalde cando este non estea e delegue nel; cada concelleiro/a é o delegado/a na súa área mediante un decreto da alcaldía; por riba dos/as concelleiros/as só está o alcalde.
E esto é así aquí e en Pontevedra, onde a alcaldía é do BNG e a tencia de alcaldía do PSOE.
Non existe a figura do bialcalde e alcalde só hai un







