jueves, 4 de septiembre de 2008

Os/as republicanos/as tamén "follan"


Estes días quedei abraiado cun descobremento. Resulta que os membros do Partido Republicano dos EE.UU. "follan" coma todos/as nós. E incluso ó fan sen estar casados (pola Igrexa por suposto).

Estas mesmas persoas que defenden a ultranza a moralidade católica, estes que defenden a teoría creacionista e que están en contra da teoría evolutiva de Darwin, estes mesmos que están a favor da pena de morte (en contra do que di a Biblia), estes que defenden a supremacías dos católicos fronte ós islamistas, estes que están en contra do divorcio, o aborto, a investigación con células nai, a eutanasia... Estes mesmos que din que hai que estar casados pola Igrexa para poder manter relacións sexuais, e claro está, estas só deber servir para procrear e nunca para o placer; estes tamén "follan" e fóra do matrimonio.

Todos/as estes que nos intoxican con tanta moralina católica resulta que son coma nós. E senón que llo pregunten a Gobernadora de Alaska recén escollida nº 2 do Partido Republicano nos EE.UU, porque a súa filla de 17 anos (que non está casada) resulta que quedou preñada.

Pero Deus é bó cos Republicanos e seguro, seguro, seguro que a vai perdoar.

Prégovos a todas e todos que esta noite recedes unha oración pola filla de Sarah Palin que "folla" coma nós e quebranta o sexto mandamento