martes, 30 de septiembre de 2008

Unha merecida homenaxe "O Rizo"

Hoxe levouse a cabo en Ourense a presentación do libro Xosé Vázquez Arias. Rizo. Tres décadas de imaxes prodixiosas. 1940-1975.

Está é a maior das homenaxes que se lle podía facer a este xenial fotógrafo sumido no esquecemento. O Rizo, natural de Casasoá (Castro Caldelas) foi o fotógrafo das feiras. Un gran retratista comparable a Caamaño ou Viétez que coas súas imaxes cóntanos os aconteceres de 35 anos de historia de Ourense. O gran fotógrafo caldelao de todos os tempos. E o gran esquecido ata o de agora no mundo da fotografía de Galicia.

Lembro, hai uns dous anos, cando falei con Xulio Fernández Senra director do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" e lle din a idea de facer un libro sobre o Rizo, xa que sabía que había moitas familias que estarían dispostas (entre elas a del) a ceder as fotografías amablemente. Ocorreuseme esto logo de contemplar o libro de fotografía antiga de Celanova que Xulio e máis Antonio Piñeiro puxeran en marcha,, xa que alí había varios retratos do Rizo.

Logo Xulio pediume que colaborara no libro, pero teño que dicir que por mor do traballo que tiña daquela foime imposible, e deixeino un pouco na estacada. De verdade que o sinto.

O libro está moi coidado no seu deseño, presentación, contido e impresión. É unha desas obras para contemplar e gardar. Unha verdadeira xoia.

A partir de agora vaise poñer en marcha unha exposición coas fotografías. Comezará polo Cetro Cultural da Deputación de Ourense, e creo que vai seguir por varias vilas da provincia. Espero que tamén visite Castro Caldelas.

Fin de semana electoral en Europa

Esta fin de semana celebráronse dous comicios moi importantes e interesantes en Europa. Uns de índole estatal, e outros de carácter rexional (por chamarlle dalgunha maneira, ó que eles lle chaman Land). Estou a falar de Austria e de Baviera (Alemania).
Vou comezar por estes últimos. Os resultados foron CSU/CDU (socialcristianos) 88, SPD (sodialdemócratas) 38, Verdes 18, FDP (liberais) 15, FW (dereita) 21 e La Izquierda (socialistas/comunistas) 0.
A simple vista obsérvase unha victoria aplastante dos socios de Angela Merkel, pero as veces as cousas enganan. Estes son os peores resultados da dereita moderada neste gran Estado. Había 50 anos que en Munich gobernaba a CSU con maioría absoluta.
Este gran Estado, un dos máis ricos de Europa, sempre foi un símbolo para a dereita a nivel mundial. Daba igual quen gobernara Alemania, cales foran as tendencias en Europa e en todo Mundo. Baviera, sempre era leal á CSU dándolle unha vez si, e outra tamén maiorías absolutas.
Analizando os resultados, séguese a ver que a dereita é hexemónica, porque ademais os Liberais e os Conservadores obtiveron 15 e 21 escanos, respectivamente. Pero algo está a cambiar en Alemania.
O CSU terá que pactar con alguén. Agora está por ver se será cos socialdemócrtas (SPD) socios do goberno da Nación, ou se o faran con conservadores ou liberais. Por certo este partido conservador ten uns tintes moi ecoloxistas, algo inédito na política do noso País.
A cousa en Austria foi ben distinta, e moi preocupante. Ata agora á fronte do goberno había unha gran coalición de socialdemócratas e populares comandados pola SPO (centro-esquerda). Estes dous partidos levaron un gran batacazo perdendo a SPÖ 10 escanos e a ÖVP 16. Os Veredes cairon 2 e os independentes outros 2. Os grandes beneficiados foron os dous partidos de ultradereita, a BZÖ e a FPÖ que gañaron 14 e 16 escanos, respectivamente.
Se estas dúas últimas forzas (que se levan a matar) foran coaligadas quedarían en primeiro lugar empatadas con socialdemócratas. Se Hayder remexeu as conciencias de Europa hai uns anos, estes datos son para preocuparse moito máis.
E sobre todo se se analiza de onde veñen moitos dos votos da extrema-dereita. Estes proceden, nunha gran parte, de barrios de clase obreira, tradicionalmente votantes de esquerda e que estaban descontentos coa gran coalición de esquerda e dereita ( que por certo, posiblemente de reedite).
Uns datos moi preocupantes , aínda que serían máis se a dereita acaba pactando coa ultra-dereita como xa tiñan feito hai anos nalgún Land (rexión).

lunes, 29 de septiembre de 2008

Domingo "Maratoniano"

Este foi un domingo "maratoniano", non porque tivera que traballar moito, senón porque participei na II Maratón do Miño en Ourense.

Aquí nos vedes coa camiseta oficial do Ponte Louco a Natalia, Juan Luis e eu. Tamén nos acompañaron Loli e Blas (dous caldelaos de adopción). Nós participamos na modalidade de andaina e retirámonos os 18 km como tiñamos previsto ( o mellor o ano que ven facémola toda, ou por relevos).

Atopámonos a máis xente de Castro Caldelas como Xocas e José Carlos, de Montederramo a Jorge Cacharrón e moitos/as amigos/as de Ourense.

Belén non nos poido acompañar porque estivo na organización, matándose a traballar como toda a xente da CEO. Moitas gracias para ela e os/as seus compañeiros, xa que se non fóra por eles/as non poderiamos desfrutar dun domingo tan entretido.


Por certo, nesta foto vese claramente que entro dúas décimas de segundo por diante de Natalia e Juan Luis ;)

sábado, 27 de septiembre de 2008

O Caldelao de Caldelas no Galicia Confidencial

Hoxe os/as amigos/as do Galicia Confidencial fanse eco na súa web da existencia deste blog que eu administro.
Moitas gracias pola nova e ánimo para seguir adiante co, posiblemente, mellor confidencial sobre Galicia que existe na rede.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Para os/as que non vístedes o último CQC

Que o metan na cadea... ou no psiquiátrico

Imaxe extraída do blog de Jordi Marti Font, Predre la paraula
Sabedes estes libros que se estilan agora moito de frases célebres de cativos, ou os de alumnos nas escolas, ou pacientes na consulta do médico. Pois ben, alguén debería recoller as frases que saen pola boca do locutor da COPE, a cadea dos bispos, Federico Jiménez Losantos. Seguro que quen o faga vaise facer de ouro, porque sería un éxito de vendas. Non creo que haxa persoa en toda a península ibérica que sexa capaz de dicir máis barrabasadas por minuto.

Xulgade por vós mesmos/as:

Losantos responsabiliza a Zapatero de los crímenes de ETA: “Si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”


El locutor de la cadena de los obispos Federico Jiménez Losantos criticó al Gobierno a raíz del funeral por el brigada asesinado por ETA, y tras reprochar al presidente que mandara “besos” a la viuda, aseguró que “si no hubieras negociado, a lo mejor no habría viudas”. Losantos consideró ya insoportable “ver a una ministra de Defensa llorando” cuando con su cara “tiene que inducir un sano pavor”.

Después de dar paso a varios oyentes que atacaban la actitud del Gobierno durante el funeral ayer del brigada asesinado por ETA, Losantos arremetió contra el Ejecutivo, especialmente contra la ministra de Defensa: “Aparte de lo de los besos que me parece repugnante, una tomadora de pelo de unos tíos que han estado negociando con la ETA, defendiendo la negociación con la ETA e insultando, atacando y persiguiendo a la víctimas del terrorismo y a los pocos medios que las hemos defendido… hace falta tener la cara de hormigón... ¡Pero es que ya ver a una ministra de Defensa llorando!”.

“Cómo va de mamaíta, de bebé…”

Losantos insistió en sus descalificaciones a Chacón: “cómo va de mamá, de mamaíta, de bebé… ¡No! Eres ministra de Defensa, en teoría coordinas los Ejércitos de España, de Tierra, Mar y Aire ¡No puedes llorar! Tú tienes que estar con una cara que denote determinación implacable para acabar con los asesinos, si estás lloriqueando, dicen fíjate cuando matemos a siete, ésta se va (…) Tiene que inducir un sano pavor… Pues no, ayer se echó a llorar”.

“¿Quién suelta a De Juana?”

El locutor de la cadena de los obispos incluso responsabilizó al presidente del Gobierno de los crímenes de ETA: “Y Zapatero mandándole besitos a la viuda… Si no hubieras negociado a lo mejor no habría viudas… ¿Pero quién suelta a De Juana antes de tiempo? Zapatero. ¿Pero quién dice que Otegi es un hombre de paz? Zapatero. ¿Pero quién ataca a la AVT? Zapatero…”

Y también el 11-M

En su exaltación, volvió una vez más a su intento de relacionar al Gobierno socialista y a Gallardón con el 11-M: “¿Pero quién se niega a investigar la mayor masacre terrorista de toda la historia de Europa, el 11-M? Zapatero. Eso sí con el respaldo de los jueces y del camarada Gallardón patriarca y faraón de Ambiciones, porque ha habido una parte de la derecha que ahora ya es mayoritaria dispuesta a olvidar las cosas desagradables”.

Extraído do xornal dixital El Plural

Decepción

Fun o outro día ó cine, cheo de ilusión por ver a última película de Cuerda (do cal son devoto), con moi boas recomendacións por parte de xente que xa vira Los girasoles ciegos e..... puf.... leveime un chasco impresionante.
Esto sóeme pasar, ás veces, cando vou moi predisposto a que algo me vai a gustar moito.
Eu, que son o fan número un de películas como Amanece que no es poco, El bosque animado... leveime unha gran decepción co último film do manchego.
Do pouco que me gustou foi ver unhas localizacións que conozco ó dedillo, como San Clodio de Leiro, Montederramo ou as rúas de Ourense polas que me movo día a día.
Do demais prefiro que xulguedes por vós mesmos/as indo o cine. Está visto que os gustos son moi particulares e mentres hai xente que saiu entusiasmada, eu saín cun profundo vacío. A película non me dixo nada.
De todos os xeitos, esta é a miña particular visión, espero que vexades Los girasoles ciegos e que me deades a vosa opinión.
E dende aquí animar a Cuerda a que siga facendo peliculóns como os que enchen a súa carreira cinematográfica.

jueves, 18 de septiembre de 2008

De novo pola tertulia de Telemiño

Hoxe asistín, de novo, a outra Tertulia da canle Telemiño. Durante todo o verán non fóra a ningunha por estar sempre que me invitaban fora de Ourense.

Estivemos convidados Camilo Vázquez, cabeza de lista por Ourense do Centro Democrático Liberal nas pasadas autonómicas, Xosé Manuel Fírvida, portavoz do BNG na Deputación de Ourense e no Concello de Barbadás, e máis eu.

Estivemos a falar das áreas metropolitadas, das mancomunidades de servizos e sobre todo da grave crise económica mundial. Imaxino que a tertulia comezará a emitirse a partir de mañá, así que se vos interesa o tema, mellor sintonizade Telemiño e vedes o programa (é unha mágoa que só se vexa en Ourense e nos alrededores).

A veces cando debates con outras persoas que pensan distinto ca un, pesa máis o ton e as formas que se empreguen, que as discrepancias. E a verdade é que con Camilo e Fírvida é todo un pracer conversar polo seu ton dialogante.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Danos colaterais do furacán "Ike"

Reproduzo artigo de Antonio Avendaño e fotografía de Eric Gay publicados no xornal Público (17-09-08)

Instintivamente, un cre sentir que lle falta o aire cando contempla a sobrecolledora imaxe dos peixes coa boca desmesuradamente aberta e atrapados nun valado metálico, que foi invadido polas augas do furacán Ike o seu paso por West Orange, en Texas. A banalidade do ditopopular "Pola boca morre o peixe" adopta á vista da imaxe un perfil inesperado, un xiro doloroso, torturado e sombrío.

¿Esto é unha festa?

Fotografía de AFP publicada no xornal El País (17-09-08)

Non dou atopado nin unha soa razón para considerar como unha Festa este evento que se realiza en Tordesillas e que se chama "El Toro de la Vega".

Ó animal, acosado por lanceiros a cabalo, dáselle morte no campo logo dunha persecución polo alrededor de Tordesillas.

Ó mellor son eu que son incapaz de entender onde está a gracia neste tipo de eventos, creo que necesitaría que alguén mo explicase.

martes, 16 de septiembre de 2008

¿Será verdade?. Para partirse coa risa

O PP pretende usar ó BNG

Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica, a páxina enteira, un artigo referente a un informe interno do PP de Galicia no que se aposta por utilizar ó BNG para facer fronte ó ascenso do PSdeG.
O informe non ten desperdicio e fala de "ideoloxizar", de facer unha "palanca electoral", de "afastar ó PSdeG do centro político", e de "vender o producto".
Aquí vos deixo catro enlaces referentes a esta nova: 1, 2, 3, 4.

Saramago, benvido á blogosfera

Dende estes días hai unha nova bitácora na blogosfera. O gran José Saramago abre unha fiestra na que nos fala del, da súa obra, dos dereitos humanos, do medio amn¡biente... En fin, un novo espazo para explorar.

lunes, 15 de septiembre de 2008

O Caldelao de Caldelas no Ourense Dixital

Hoxe levei unha grata sorpresa. Cando estaba a ler o Ourensedixital (un dos mellores medios para enterarnos de que acontece na nosa provincia), vin que na nova sección de Confidenciais, Oído al parche, falaba do novo vídeo blog de Anxo Quintana. Pero a miña sorpresa foi maiúscula cando comparaba este co de José Manuel Baltar, deputado do PP por Ourense, e co meu, o Caldelao de Caldelas.

Non quixera parecer (como se fai moitas veces) un falso modesto, pero sinceramente creo que o meu blog está a anos luz destes dous. De todos xeitos teño que dicir que me fixo bastante ilusión. 

José Manuel Baltar foi un dos pioneiros nesto da ciberpolítica e agora Anxo Quintana únese cunha páxina cun excelente deseño e contido. Os meus parabéns para eles dous (e para outros/as moitos) por ser valentes e aproveitar as oportunidades que nos brinda a Rede para poder expresarnos e debater cos demais.

Dende aquí quixera seguir animando a todos/as aqueles que teñan inquedanzas (non só políticas) a que participen, creando o seu propio blog ou web, no desenvolvemento de internet.

viernes, 12 de septiembre de 2008

Parabéns para os que fan cousas.

Fotografía de Castro Caldelas en 1890? sacada da web da Asociación de Xubilados de Castro Caldelas
Vista a polémica xurdida estes días por un artigo publicado na revista das Festas de Castro Caldelas quero decir ó seguinte:
Dende aquí quero darlle a miña máis sincera noraboa a todos e todas aquelas que fan cousas por Castro Caldelas e pola súa comarca. Pero non só ós/ás que fan as cousas ben, senón a todos e todas as que o intentan. É dicir, sempre que se organiza algo nos gusta que salia o mellor posible, pero ás veces non se consegue.
Só cometen erros e lle saen as cousas regular a aquelas e aqueles que se arriscan a organizar actividades.
Dende aquí quero darlle todos os meus parabéns a este grupo de rapaces que organizaron as festas: Olegario, Manuel, Alberto, Roberto, Rubén... porque se deixaron a pel para que foran as mellores festas posibles.
Pero tamén lle quero dar os meus parabéns os da Asociación O Irrio por organizar o Ponte Louco, a Asociación de Xubilados por facer cousas polo pobo, á Asociación de Mulleres Rurais, á de Amas de Casa, ó Coro Lembranza, á Asociación Cocas e Danzantes de Santa Tegra, á Asociación Amigos de Caldelas, ó Clube de Fútbol do pobo, á Federación de Empresarios, a Fundación Terra de Caldelas, á Asociación de Agricultores da Carosa, a todos/as os/as concelleiros/as de Castro Caldelas (do goberno e da oposición, ós voluntariosos para colaborar en todo (seguro que se me olvida moita máis xente), e a todas e todos aqueles que movéndose fan cousas para que Castro Caldelas sexa máis coñecida e para que os veciños e veciñas teñan unha maior calidade de vida.
Pero dito esto, tamén quero mostrara todo o meu desprezo para todas e todos aqueles que sen mover un só dedo, sen facer nunca nada por Castro Caldelas só se adicar a criticar e a poñer a calado ós que fan cousas. Para elas e eles todo o meu máis sincero desprezo, porque creo que non merecen outra cousa.
E agora gustaríame moito que opinarades todas e todos.

sábado, 6 de septiembre de 2008

Comezan as festas. Unhas festas especiais.

Hoxe as doce da noite darán comezo, un ano máis, as Festas de Castro Caldelas. Outra vez a colocación das bandeiras, o Irrio Peliqueiro e os cabezudos, as copas pola noite, as orquestas, as atraccións...
Pero esta vez, logo de moitos anos, as festas son distintas. Había moito tempo que as festas as organizaba o Concello porque ninguén na vila se animaba a poñerse á fronte da comisión. Pero este ano un grupo de rapaces botoulle valor e ahí están, as festas organizadas por eles a punto de comezar.

Eu, que me tocou varios anos poñerme á fronte da organización, quero desexarlles ó mellor. Pero tamén quero apuntar unha cousa: é moi fácil dende a barra dun bar criticar a quen fai as festas. Que se esto saiu mal, que se o de alá se podía facer doutro xeito, etc... Creo que neles pesou que as festas do ano pasado non pasarán á historia por ser as mellores festas do Castro. Pero en vez de criticar e criticar, ahí están organizando as que eles consideran unhas mellores festas.
Dende aquí quero animárvos a todos os da organización e darvos os meus parabéns. O fácil houbera sido que as festas as organizaran outros e todo o mundo a seguir criticando. Pero vós atrevéstesvos a intentalo. Sería moi fácil non roubarlle tempo ó traballo, á parella, á familia, ás afeccións de cada quen..., pero vós decidistedes dar un paso á fronte.
Noraboa, e xa veredes como merece a pena.

viernes, 5 de septiembre de 2008

E esto será o que nos espere a partir de agora

Manel Fontdevila para o xornal Público 05/09/08

Por fin... cara a unha lei de prazos


Por fin este goberno vai afrontar con valentía a reforma da Lei do Aborto.

En toda Europa só en Andorra está prohibido abortar e en Irlanda só se permite se corre risco a vida da nai.

A partir de ahí, os países máis retrógrados, no referente ós dereitos das mulleres a decidir se queren abortar, son Polonia, Finlandia Reino Unido e España.

Os demais países europeos contemplan unha lei de prazos que vai dende as dez semanas de Turquía, Portugal ou Eslovenia ata as vintecatro de Holanda.

Pronto no noso país as mulleres poderán decidir se queren traer un fillo/a ó Mundo ou non. En fin, un novo avance en dereitos sociais.

Mortos de primeira e de segunda

Imaxino que estaredes ó tanto da polémica xurdidada estes días por mor da investigación que o xuíz Baltasar Garzón abriu sobre os mortos da Guerra Civil que aínda están en fosas comúns.

Non quero abrir aquí un debate sobre se o xuíz ten competencias ou non neste asunto. Tampouco quero falar de se Garzón ten cousas máis "importantes" (como dixeron algúns) a que adicarse. Non me interesa en absoluto que bando foi máis cruel na Guerra ou de quen foi a culpa de que esta empezase. Só quero lanzar unha pregunta ó aire para que opinedes todos/as aqueles que vós apeteza.

Logo de setenta anos de rematada esta guerra fraticida e de ver como os restos dos gañadores están localizados (algúns xacen no mauseleo dos Caídos costruído á forza polos perdedores) e ver como moitas familias non saben se os seus achegados morreron tal ou cal día, se morreron en tal ou cal aldea e se xacen nunha ou noutra cuneta, logo de ver todo esto, non vos parece de xustiza que se abran as fosas e que se inicie unha investigación para ver onde están os restos de cada quen?

Soamente eso, sen buscar culpables, sen botar ver quen foi o pior, sen resentimentos. Só darlle ás familias os corpos dos seus achegados e que descansen como os demais.

jueves, 4 de septiembre de 2008

Os/as republicanos/as tamén "follan"


Estes días quedei abraiado cun descobremento. Resulta que os membros do Partido Republicano dos EE.UU. "follan" coma todos/as nós. E incluso ó fan sen estar casados (pola Igrexa por suposto).

Estas mesmas persoas que defenden a ultranza a moralidade católica, estes que defenden a teoría creacionista e que están en contra da teoría evolutiva de Darwin, estes mesmos que están a favor da pena de morte (en contra do que di a Biblia), estes que defenden a supremacías dos católicos fronte ós islamistas, estes que están en contra do divorcio, o aborto, a investigación con células nai, a eutanasia... Estes mesmos que din que hai que estar casados pola Igrexa para poder manter relacións sexuais, e claro está, estas só deber servir para procrear e nunca para o placer; estes tamén "follan" e fóra do matrimonio.

Todos/as estes que nos intoxican con tanta moralina católica resulta que son coma nós. E senón que llo pregunten a Gobernadora de Alaska recén escollida nº 2 do Partido Republicano nos EE.UU, porque a súa filla de 17 anos (que non está casada) resulta que quedou preñada.

Pero Deus é bó cos Republicanos e seguro, seguro, seguro que a vai perdoar.

Prégovos a todas e todos que esta noite recedes unha oración pola filla de Sarah Palin que "folla" coma nós e quebranta o sexto mandamento

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Baltar, o gran derrochador da administración municipal

Estes días estase a falar moito sobre se os Concellos van a pasar algo máis de dificultades económicas por mor da rebaixa das achegas do Estado.
Aquí tamén terán que conter o gasto as Deputacións, xa que son o Concello dos Concellos.
Pero na provincia de Ourense temos unha Deputación presidida por un afamado persoaxe que se adica a repartir cheques de 3000 euros entre as asociación afíns ó PP.
Na Deputación Provincial de Ourense dun total de 77,5 millóns de euros gástase en persoal 27 millóns (35%) sendo a Deputación galega que máis persoal ten. Gástase en bens correntes 26 millóns de euros (33%). Pero só se gasta en investimento real 6 millóns de euros (menos do 8%).
Baltar é o principal patrocinador de charangas, asociacións, parroquias, monxas, asilos e colectivos de calquera índole que lle podan facer campaña nas eleccións de turno.
Espero que a contención de gasto debido á crise tamén chegue a él e a "súa" Deputación.

Alcalde de Ourense só hai un

Alcalde de Ourense só hai un.

Esta afirmación que pode parecer unha obviedade tivo quer poñela estes días de manifesto Paco Rodríguez, alcalde de Ourense ante unha pregunta formulada polos representantes do PP co Concello da capital provincial.

Para os/as que non coñezades a realidade da política municipal de Ourense teño que contarvos que o tenente de alcalde, Alex Sánchez, non só exerce o seu cargo, é dicir, representar ó Concello cando non está o primeiro rexedor. Sánchez Vidal representa ó Concello en todos aqueles actos que teñen que ver coas concellerias que xestiona o BNG.

O alcalde e o secretario, cun informe, veñen a dicir ó que todos sabemos en política municipal: alcalde só hai un; o tenente-alcalde sustitúe ó alcalde cando este non estea e delegue nel; cada concelleiro/a é o delegado/a na súa área mediante un decreto da alcaldía; por riba dos/as concelleiros/as só está o alcalde.

E esto é así aquí e en Pontevedra, onde a alcaldía é do BNG e a tencia de alcaldía do PSOE.

Non existe a figura do bialcalde e alcalde só hai un


martes, 2 de septiembre de 2008

Os Concellos non poden pagar os pratos rotos

Estamos a sofrer unha crise, desaceleración, retroceso, dificultade, apreto, conxelación,... ou como se lle queira chamar. Esto é unha certeza e ahí están os datos e as estatísticas para refrendalo.
Quen a día de hoxe non sexa consciente desta situación é que non está moi ó día da situación económica.
Froito destes problemas económicos, todas e todos debemos pensar que en maior ou menor medida nos vai tocar apertar a correo.
Aqueles e aquelas que temos algunha responsabilidade de goberno nalgunha institución debemos ser conscientes que debemos contibuír, na medida do posible, a que este proceso de desaceleración económica sexa o máis suave posible.
Como concelleiro dun Concello pequeno entendo que chega o momento de facer unha contención do gasto público, pero é que a situación financieira das Entidades Locais é insostible.
Cada vez son máis os servizos que os Concellos lle prestan a cidadanía, por esta esta a administración máis cercana ós/ás aministrados/as, pero os cartos que recibe do Estado non medran en consonancia ós servizos prestados.
Agora mesmo está aberto o espiñoso debate sobre a financiación das autonomías. Uns piden que pese máis a poboación, outros a dispersión, algúns o envellecemento... pero e os concellos que?
Teñen que pagar os pratos rotos da crise económica os Concellos?
Ourense ten 92 entidade smunicipais e só 9 superan os 5.000 habitantes. A dispersión da poboación unido ó envellecemento, á emigración e ó abandono das terras fan que sexa insostible para as arcas municipais o seguir prestando uns servizos de calidade.
Podería entender que se tratara unha reforma valente da fusión dos Concellos para abaratar custos (aínda que este tema en Galicia é moi espiñoso debido ó arraigado sentido de pertenza á terra), pero creo que non é de recibo unha conxelación ou retroceso da aportación económica do Estado ós municipios.
Espero que entre todos os partidos políticos se estude este tema coa seriedade que merece e que os Concellos non sexan os que paguen os pratos rotos.

lunes, 1 de septiembre de 2008

Especial na Voz de Galicia sobre o casco vello de Castro Caldelas

Onte o xornal La Voz de Galicia publicou no seu especial dominical unha ampla reportaxe de tres páxinas sobre o casco vello de Castro Caldelas. É dicir o que as caldelás e os caldelaos coñecemos como o Cima da Vila.
A reportaxe é moi completa e está moi ben. De seguido quédanvos os enlaces a todos os artigos:

A Cubela resístese a resucitar


Onte publicaba o xornal La Voz de Galicia un especial no seu suplemento dos domingos sobre "A memoria en ruinas" que fala das ducias de aldeas galegas que están a quedar abandoadas.
No artigo adicáballe unha páxina a aldea da Cubela (Ribas de Sil).
Quero aquí facerme eco por varias cuestións:
-Porque é unha das aldeas máis máxicas que coñezo.
-Porque está a tan só vinte minutos en conche dende Castro Caldelas.
-Porque pertence á parroquia de Torbeo, a que dende hai uns anos é a miña "terceira casa".
Aquí vos deixo os enlaces da nova:

Pablo Devigo non para de gañar premios

Pablo Devigo e a súa gaita non paran de gañar premios. Esta fin de semana un novo premio en Ferrol, o igual que hai uns días.
O gaiteiro caldelao máis internacional de todos os tempos non para de ocupar páxinas nos periódicos e non deixa de recibir recoñecementos alá por onde vai.
Xa parece o Michael Phelps da gaita.
Parabéns para este gran artista que se está a consagrar como un dos mellores talentos do instrumento tradicional galego.
Se queredes ampliar a información podedes facelo nestes catro enlaces: 1, 2, 3 e 4.