domingo, 16 de diciembre de 2007

Caciquismo igual a Baltarismo


Hai moitos anos que os socialistas da provincia de Ourense levamos denunciando as cacicadas que Baltar (presidende do PP provincial e da Deputación) comete todos os días. Levamos repetindo ata a saciedade que Baltar utiliza a Deputación no seu propio beneficio. Ten o triste récord de ter a Deputación máis endebedada de Galicia (ten máis débeda que orzamento, cerca de 80 millóns de euros). ten o triste récord de ter a Deputación que máis invirte en persoal (preto de mil persoas, case todos cargos do PP ou familiares). Ten o triste récord de ser presidente da Deputación que menos investimentos fai na provincia (menos do 10 % do orzamento e a metade do que gasta en persoal). Ten o triste récord de ser o presidente do PP máis sectarista que existe (todo aquel que non é da súa corda desaparece da política no PP ourensano).
Pois con todo este currículum e todas as tropelías que comete a diario, o PSdeG-PSOE de Ourense denunciamos día sí e día tamén quen é este personaxe. Pero Baltar sempre negaba que él era un cacique. Só o seu fillo (Xosé Manuel Baltar), que é deputado do PP no Parlamento Autonómico o recoñecía en público e dicía que o caciquismo era bo para a provincia de Ournse.
Nesta semana Baltar trocou o discurso e por fin recoñeceu o que todos sabiamos. Recoñeceu que el era un cacique ó estilo deo século XVIII (eso sí acto seguido apostillou que o BNG e PSOE máis). Como pasa co psicólogo, xa avanzamos algo, posto que o primeiro paso é recoñecer o problema. Baltar xa non nega que é un cacique. Agora xa só lle queda pedir perdón a todos os ourensanos e ourensanas e irse para a casa, porque a nosa provincia non merece que nos estea gobernando un cacique. Xa non vale a xustificación que sempre dá de que a xente o vota. En democracia non todo vale e non se pode permitir que a provincia de Ourense, unha das máis atrasadas de España estea gobernada por un especimen desta calaña.
O día seguinte ó número dous do PP galego, o Sr. Rueda saíu na defensa de Baltar, ante a chuvia de críticas que lle estaban a cair por parte do PSdeG, e xustificouno como que "A Baltar hai que entendelo". Semella o caso de cando un rapaz che sae torto e o pai dí "Claro, pobriño, hai que entendelo".
Estamos fartos de estar gobernados polo último cacique de España, por este que entre os seus alcaldes ten a franquistas, señores do PP, polo ben do seu partido, da democracia e da nosa provincia fagan que o último CACIQUE se vaia para a casa.