Eu xa non sei se cando saen á rúa é para protestar por que ven amenazados os seus dogmas ou si é para seguir desgastando ó goberno do Partido Socialista, por que onde estaban os bispos cando baixo o goberno do PP se practicaron en España 500.000 abortos. Fai falta ter estómago para utilizar deste xeito á sociedade.
Onde estaba a Igrexa cando a sociedade saía ás rúas a defender o Non á Guerra, cando a xente saía a defender a vida e a defender que non se matara a ninguén. Estaban nas súas madrigueras acumulando rencor para soltalo logo todo xunto. Síntome avergonzado de que xente así do poder clerical siga enganándo a miles de persoas que obran de boa fe.
E eu sigo a preguntarme, se a Igrexa defende o dereito á vida, se está en contra de calquera suposto no referente ó aborto.
Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) logo a favor de que unha persoa que foi violada ou unha persoa que sabe que o seu fillo vai a traer consigo unha grave enfermidade sexa obrigada a parir esa criatura?
Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se empregue o condón e que cada ano miles e miles de persoas (sobre todo en África) se vexan infectadas polo SIDA e teñan que morrer?
Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se poda investigar con células nai e que deste xeito non se podan producir avances como o do neno que naceu en España o outro día e que lle fixo unha doazón de médula o seu irao para poderlle salvar a vida?
Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se poda investigar con células nai e que deste xeito non se poda producir sangue sintético co que salvar miles de vidas cando se produce un sinistro?
Eu xa non pertenzo a esta Igrexa, pero arrepíntome de ter aguantado tanto tempo baixo o seu seo.