martes, 21 de julio de 2009

A maxia existe


Fotografía de Suso Regal para o xornal Faro de Vigo

As Xuventudes Socialistas de Ourense demostraron onte que a maxia existe. Foron quen de adiviñar con quince días de antelación varios dos nomes das persoas que resultarían "agraciadas" cunha praza fixa na Deputación Provincial de Ourense.

Este feito tivo unha enorme repercusión mediática. Tal foi así que se fixeron eco do mesmo varias canles de televisión e todas as radios con cobertura provincial.

Tamén foi moi ampla a cobertura nos medios escritos. Aquí vos deixo uns enlaces coa nova dada polos principais xornais:


E ante o obvio, que é que non fai falta ser mago para adiviñar quen vai aprobar as oposicións na Deputación, Baltar contestalle ás mozas e mozos de XXSS de Ourense que se adiquen a traballar e que non o critiquen. O problema é que para traballar en Ourense é moitísimo máis doado se tes o carné do PP.

O presidente da Deputación de Ourense que sempre obviou tomas as recomendacións que se lle fan dende o PSdeG-PSOE en prol da limpeza nos procesos de selección de persoal, non se amilana e ven de convocar estes días once prazas máis para traballar no seu particular "cortixo" onde xa son máis de 1000 as persoas que acolle.

Entre os aprobados nestes días e que teñen unha estreita relación so Partido Popular atópanse o fillo do portavoz provincial do PP e alcalde de Muiños, unha concelleira do PP en Xinzo de Limia e parella do fillo do alcalde, un concelleiro do PP en Sarreaus, a muller do alcalde do PP de A Merca, o xenro do alcalde do PP e de Vilamarín e senador, a sobriña do tenente-alcalde do PP de Cartelle, un ex-concelleiro de Nogueira de Ramuín, o irmán da alcaldesa do PP de Vilamartín de Valdeorras, un concelleiro do PP de Punxín, un concelleiro do PP de Larouco, o xefe de prensa do PP nas últimas eleccións, a filla do ex-xefe de prensa da Deputación e Director do Centro Cultural, así como varios fillos de funcionarios afíns ó PP.

Suma e segue. Pero ante todo esto, Núñez Feijóo que hai unhas semanas dixo que ía acabar co caciquismo, non dice nin mú.

Baltar anda estes días bastante apurado para asegurase apoios entre os alcaldes do Partido Popular da provincia de cara ó vindeiro Congreso Provincial, onde pretende deixar "colocado" ó seu fillo. E como os alcaldes "baltaristas" lle costa tragar o seu fillo, José Luis Baltar Pumar anda a facer encaixe de bolillos.

Agora vou facer eu de pitonisa, e xa veredes como nas vindeiras oposicións entran a traballar, entre outros/as, un fillo do alcalde de O Bolo, un fillo do alcalde de Padrenda e o irmán da nora de Baltar. Esto é así porque o Presidente da Deputación os deixa para outra vez, porque desta era bastante escandaloso que entraran todos coas críticas que lle chovían por parte do PSdeG-PSOE.