
Nestes próximos días comezarán as obras de renovación da rede de saneamento de Castro Caldelas. Que todo hai que dicilo, facíalle boa falta. As obras van a ter un custo de 163.000 euros e servirán para evitar as contínuas roturas das actuais tuberías de fibrocemento. Ademais, estas tuberías vellas está demostrado que non é o mellor sistema de conducción de augas para consumo humano.
Estarán as rúas da vila algún tempo levantadas para a mellora da rede, pero que todo sexa polo beneficio das veciñas e veciños de Castro Caldelas.
Esta obra intentouse, dende o Concello, poñela en marcha en varias ocasións co anterior goberno do PP na Xunta de Galicia e foi imposible. Agora, gracias a que o novo Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Pachi Vázquez, ten un especial coidado en poñer en marcha obras verdadeiramente necesarias pódese levar a cabo esta mellora.