lunes, 29 de octubre de 2007

Menudo día



Onte volveu a haber eleccións municipais na Arnoia. Volvéronse repetirdebido a un fraude producido ó día da súa convocatoria oficial. Naquela data a presidenta da mesa, por orde do alcalde do Concello introduciu na urna un feixe de votos que non eran válidos, coa nosa postura en contra. Esto costoulle a Rogelio Martínez non poder ser elexido alcalde ata o de agora. Pero o que máis lle doe é que non puido ser elexido deputado provincial e polo tanto vicepresidente da Deputación.
O día foi moi longo e a tensión moita. Digamos que estabamos en territorio "hostil". Repetíronse as eleccións e repetíronse os resultados: 7 concelleiros para o PP, 1 para o PSOE e 1 para o BNG. Aínda que nós quedamos a 2 votos do segundo concelleiro.
A verdade é que un quédase estupefacto o poder observar de preto a maquinaria electoral que Rogelio Martínez ten montada tanto na Arnoia como no exterior.
Na urna chegaron a entrar tantos votos de emigrantes como de residentes e mentres que os votos dos residentes eran case parexos para o PP e a suma do PSOE e BNG, os da emigración foron 186 para o PP, 23 para o PSOE, 7 para o BNG e 1 branco.
Para o PP entraron na urna 186 votos da emigración e só 179 de residentes. Está claro que Rogelio ten montado en Uruguay e Argentina un "tinglado" que o día que alguén llo dea desmontado este señor deixa de ser alcalde dun dos concellos máis bonitos de Galicia

25 anos despois

Onte fixéronse 25 anos do triunfo do PSOE e Felipe González nas Eleccións Xerais de 1982.
Estas foron un punto e aparte na historia da democracia española. Por primeira vez dende o nacemento da democracia vencía o Partido Socialista.
Os resultados catapultaron a Felipe á presidencia do goberno co respaldo máis grande acadado nunca por un líder político nunhas eleccións a Cortes.
202 deputados do PSOE, 107 de AP-PDP, 12 de CiU, 11 de UCD, 8 de PNV, 4 do PCE, 2 do CDS, " de HB, 1 de ERCe 1 de EE. Estas eleccións supuxeron o descalabro de Adolfo Suárez e da UCD, que perdeu 157 deputados, o PSOE gañou 81 e AP-PDP 97. O PCE tamén foi un dos grandes derrotados ó retroceder 19 deputados.
Este día foi un gran paso adiante na historia da democracia española.
Pódedes profundizar máis no tema lendo este artigo de Joaquín Estefanía no diario El País, ou ver este especial do diario El Mundo.