viernes, 2 de octubre de 2009

A boca de Baltar



José Luis Baltar, presidente do PP e da Deputación de Ourense é famoso por moitas cousas, entre elas por padecer incontinencia verborreica e dicir pola boca o primeiro que se lle pasa pola cabeza.


Na pasada campaña electoral chamoulle "maricón, sinvergüenza e miserable" a Pachi Vázquez, anterior secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense. E non contento coa súa locuacidade para o insulto acabou, pouco menos, que acusando a Quintana, ex-vicepresidente da Xunta, de malos tratos.


Baltar onte tivo que pasar polos xulgados a prestar declaración polo caso de Quintana. Aquí vos deixo a crónica do Faro de Vigo.


A broma pode costarlle a Baltar entre 15 e 24 meses de prisión si é condeado por calumnias en campaña electoral, o que implicaría a perda do cargo durante o mesmo tempo ó conlevar suspensión do dereito de sufraxio, activo e pasivo.


O político do Partido Popular ratificouse nas súas afirmacións, que atribuiu ó "debate político" na campaña electoral.


Espero e desexo que actos coma estes sexan erradicados da axenda política, e para elo creo que Baltar se merece unha condea exemplar para que todo o mundo saiba que en política non todo vale, como pasou na última campaña na provincia de Ourense.


Tamén teño que dicir, que aínda que desexo que sexa condeado, non confío moito en que esto se leve a cabo, pero voume gardar para min a miña opinión de porque penso esto.