
Cando en España parecía que si un partido político non xiraba cara o centro estaba perdido, cando tanto o PP coma o PSOE pelexaban por acaparar este espazo porque si nos facía así parecía que nunca se gañarían unhas eleccións, o PSOE xira con paso firme cara a esquerda.
Pero xira a esquera non como imposición dun sector do Partido. Xira a esquerda porque todos e todas as militantes cremos que así debe ser.
Vaise producir un avance importantísimo no carto suposto do aborto, no tocante á eutanasia e no referente á laicidade do Estado.
Eu estou pletórico e feliz, porque creo firmemente nestes tres avances cara a un Estado máis sensible con tres grandes problemas que a sociedade reclama que se arranxen.
Noutra orde de cousas, onte escoitando a todos e todas as cabezas de delegación rexionais púxoseme a pel de pita escoitando a Patxi López. Unha persoa que, estou convencido, será o próximo lehendakari vasco.
O ruxe ruxe segue nos pasillos e nas comisións sobre como vai a quedar a executiva. Todo apunta a que Pepe Blanco deixará Organización para escalar cara a unha nova Vicesecretaría do PSOE e o seu posto será ocupado por Leire Pajín.
Entre a delegación galega non está de todo claro quenes estarán na Executiva. Está claro que estará Pepe Blanco e Carmela Silva. Pero o máis seguro e que haxa un terceiro nome, unha muller...
A ver como quedan as cousas, porque entre a delegación galega hai un certo desasosiego...para que contar máis.
Do resto, aquí aprendendo moito, e desfrutando dalgo que me gusta moito: a Política. Poder defender avances que logo recollerá o meu partido e que se porán en marcha (espero) en España.