miércoles, 17 de diciembre de 2008

Rosa Díez, a tonta útil do PP

Non é do meu agrado poñerme a despotricar dunha persoa que ata fai ben pouco foi compañeira de Partido, pero o desta señora, aparte de tonta é ser mala persoa.

Cando parecía que o PP se viñera a razón e ía deixar de empregar o terrorismo como arma electoral, a partir de agora xa teñen a súa "tonta útil". Xa non teñen que mancharse eles as mans. O PP apunta e a imitadora de Cher dispara.

O espectáculo que volverona dar onte no Congreso UPyD e PP é lamentable, volven as andadas. Cando ETA estaba máis debilitada ca nunca, estes dous partidos de "centro" (como eles se denominan, ¿onde estará entón a dereita?) adícanse a tirarlle os trastos á cabeza ó goberno.


Voltamos ó século XXI

Despois duns meses no que os avances sociais en materia laboral se viron ameazados en Europa, parece que voltamos ó século XXI.
Por fin a Eurocámara rechaza ampliar a xornada laboral dos/as europeos/as ata as 65 horas semanais

O Parlamento Europeo acaba de bloquear hai uns minutos a norma que permite ampliar a xornada laboral máxima a 65 horas semanais, que foi aprobada polos ministros de Traballo dos 27 o pasado mes de xuño co voto en contra de España. Os eurodiputados aprobaron por maioría absoluta unha serie de enmendas que esixen que nun prazo máximo de 3 anos se supriman todas as excepcións ('opt out') á xornada laboral de 48 horas semanais.

As enmendas fundamentais recibieron un respaldo moi superior á maioría absoluta de 393 votos que era necesarios para que saliran adiante, obtiveron máis de 500 votos. Elo significa que, ademáis de socialistas e grupos de esquerda, foron apoiadas por moitos eurodiputados do Partido Popular Europeo, incluidos os españois.