jueves, 24 de septiembre de 2009

Outono: viño, castañas, setas e fotos


Chegou o outono. Para moitos unha época de depresións pola volta ó traballo, pola falta de luz e pola caída da folla. Para min comeza, posiblemente, a éopca máis bonita do ano.


Moitos/as de vós non sei se conoceredes unha das miñas facetasmáis "artísticas". Son dende hai moitos anos un gran amante e entusiasta da fotografía.


Para min co outono non só comeza a época dos figos, as uvas, o magosto e os chouparros. Para min tamén comeza unha época moi interesante para capturar imaxes.


As fotos que aquí vos presento son todas da miña autoría e pertencen todas ó outono. Esta serie está toda realizada en Castro Caldelas ou nos seus arredores.


Se vos interesa o tema e vos gustan as miñas fotografías podedes pasar pola páxina onde colgo as miñas colección e botarlle unha ollada a ver que vos parecen.

Unha aperta.


lunes, 21 de septiembre de 2009

Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra


Esta fin de semana un grupiño de caldelaos achegámonos hasta Allariz, para desfrutar do Festival Reperkusion. Este ano había dous cabezas de cartel de primeira división: Emir Kusturica coa The No Smoking Orchestra o venres e a Fanfare Ciocarlia o sábado. Aínda que os dous grupos son dignos de ver e escoitar nos decidimos asistir ó primeiro dos concertos.

Os bálcanicos estiveron acompañados por Bodega Bodega e Festicultores Troup, dous coñecidos do Festival Ponte Louco.

Algunha vez xa vos tiña falado de Emir Kusturica e do seu cine. Son seguidos de todas as súas películas dende hai moito tempo, pero nunca vos falara da súa faceta musical. O primeiro disco que escoitei de Kusturica e The No Smoking Orchestra caiu nas miñas mans alá polo ano 99 e deixaronme engaiolado con eses ritmos trepidantes con moito sabor balcánico (bubarama), punk, funk, ritmos xitanos, jazz, rock e sazonado con todo aquelo que vos poidades imaxinar.



Aquí vos deixo unha mostra para que poidades disfrutar tanto como eu o fixen. Foi unha pena que non poidese asistir o concerto da Fanfare Ciocarlia, pero todo se andará. Aquí vos deixo un vídeo para que vexades que tipo de música fan.



É imposible non moverse ó escoitalos ;)

As fotos do concerto podédelas ver aquí 1 2 3.

Que par de dous...


De todos/as é sabido que José Luis Baltar (presidente do PP e da Deputación de Ourense) e Rogelio Martínez (ex-vicepresidente da Deputación e Delegado da Xunta de Galicia en Ourense) son "enemigos íntimos" dentro do Partido Popular. Non é extraño que cando un di branco, o outro di negro. É moi raro que coincidan en ver algo igual, non sei se por ter ópticas distintas ou por levarse a contraria.

Pero desta vez non, desta vez os dous coinciden en decir unha sarta de tonterias cun só día de diferencia nos medios de comunicación.

As entrevistas podédelas ver aquí a de Rogelio Martínez e aquí a de Jose Luis Baltar.

O primeiro deles ven a decirnos que a Xunta de Galicia non vai a investir practicamente nada na provincia nestes dous vindeiros anos porque non ten cartos, a cambio suspende proxectos do anterior goberno e vai a levar a cabo proxectos como o da ZEPA da Limia contra o que cargaron vilmente na anterior lexislatura. E o máis bonito é que di todo esto cunha naturalidade impresionante, como se non pasase nada: "ourensanos, estes dous anos a pan e auga". Fai falta ter valor.

O Presidente do PP e da Deputación de Ourense tampouco se queda atrás. asegura que este ano vai a reducir os orzamentos do ente provincial porque como Zapatero causou unha crise a nivel mundial non lle vai a mandar cartos dabondo para que siga enchufando ós seus acólitos e para dar subvencións a todos/as aqueles/as que traballan para o PP nas campañas electorais. Ademais, sen cortarse un pelo, di que non ten marxe de maniobra porque a Deputación está endebedada no tope máximo (preto do 105%, é dicir case 90 millóns de euros). Seguro que esto tamén é culpa de Zapatero.

Vaia par de dous...


viernes, 4 de septiembre de 2009

Outra vez por aquí...


Pois si, aquí estou de novo. Xa levo dez días traballando pero decidira non actualizar o blog de momento mentres ordenaba unhas cantas cousas que tiña por ahí pendientes.

Aínda me quedan uns días de descanso aproveitando as festas de Castro Caldelas, pero xa non é o mesmo, xa estou incorporado á dinámica do traballo case por completo.

Onte estiven por Santiago de Compostela na presentación da nova Escola de Formación do PSdeG-PSOE Francisco Fernández. O nome nun principio non dí moito, pero con este nome preténdese honrar a todas e todos os concelleiros socialistas anónimos que co seu traballo e esforzo levaron ó PSdeG-PSOE ós Concellos.

Francisco Fernández foi o primeiro concelleiro socialistas de Galicia, na cidade de Ferrol. De ahí esta homenaxe.

A presentación da Escola correu a cargo de Chuspe Barreiro (director da Escola), Miguel Fidalgo (Secretario de Formación do PSdeG-PSOE), Pachi Vázquez (Secretario Xeral do PSdeG-PSOE) e Jesús Caldera (Presidente da Fundación Ideas e ex-ministro de Traballo).

A verdade é que empezamos fortes o curso político os/as socialistas galegos/as xa que o local onde se realizou o acto quedouse moi pequeno e houbo máis do doble de persoas previstas.

Agora estes días temos Comité Nacional (Día 5) para fixar as normas dos Congresos Provinciais, e o día 12 en Vilagarcía de Arousa a Festa dos Socialistas de Galicia.


Eu durante uns días vou a corre o Irrio Peliqueiro a Castro Caldelas e logo á volta seguímonos "vendo". Quedades convidadas/os a vir O Castro do 6 ó 10 de setembro.