viernes, 20 de julio de 2007

Acebes cepíllase a Piqué co beneplácito de Rajoy

Agora sí, agora está claro que a volta ó centro do PP xa é imposible. Rajoy rechaza o ofrecemento de Ruiz Gallardón para as vindeiras eleccións, e agora encárgalle o Pit-bull do PP (Ángel Acebes) que se cargue a Piqué, unha das cabezas máis centristas que operaban no Partido Popular.


O partido conservador queda agora en mans de personas como Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre, Martínez Pujalte, unha garantía de partido centrista e centrado. A flor e a nata da dereita máis recalcitrante. Rajoy coma sempre non intervén na operación lávase as mans. Que vaia poñendo as barbas a remollo Gallardón porque dame a mín que lle quedan dous telediarios, e que Espe será a encargada de afeitalo a cuchilla.


Malos tempos para os "descarriados" no PP, ou eres da liña dura ou tes que parecelo, senón esto é o que hai.


Os centristas a casa, que non molesten. Acebes dixit.

O neno predicador

Como a Igrexa utiliza a un cativo para manipular ás masas. Dende logo case me convence, está cheo de argumentos