miércoles, 12 de diciembre de 2007

Aínda que pareza incrible, esto é verdade



Estes días ven de dimitir como deputado provincial polo PP en Ourense Senén Pousa, alcalde de Beade. O motivo da súa dimisión é deixarlle paso na institución provincial a Rogelio Martínez, alcalde de Arnoia. Este último presionou a presidenta dunha mesa (por certo muller dun concelleiro do PP e empregada na Deputación de Ourense) para que cometera irregularidadesnas nas eleccións municipais do seu concello. Como consecuencia a Xunta Electoral Central ordenou repetir as eleccións e polo tanto a Martínez non o deixaron optar a formar parte da Deputación.
Pero, ó que ía. Senén Pousa é moi coñecido por ser franquista e añorar o réxime totalitario de Franco. Non o esconde, senón todo o contrario, alardea delo. Ata hai ben pouco tiña unha misa polo dictador todos os anos en Beade (ata que se enemistou co cura). Pois o último venres de setembro tivemos na Deputación un Pleno no que el presentaba a dimisión. No apartado de rogos e preguntas o compañeiro Nacho de Ribadavia pregoulle o Presidente da Deputación que fixera o necesario para que Senén Pousa acatase a Lei de Memoria Histórica e lle cambiase o nome á rúa principal de Bede que se chama "Calle del Generalísimo". A primeira reacción de Senén Pousa foi levantarse do seu escano e espetarlle ó compañeiro do PSOE: "Paiaso, eres un paiaso". Logo cos ánimos máis calmados o Presidente da Deputación e PResidente do PP en Ourense, José Luis Baltar dixo que el non o ía instar a nada xa que a Lei aínda non entrara en vigor e que había algúns do BNG que non colocaba as bandeiras de España nos seus concellos.
Pois nada amigos, aí tedes na foto a Senén Pousa, en segunda fila á dereita, un home de centro e conciliador onde os haxa, detrás doutros dous homes de centro Alberto Núñez (presidente do PP en Galicia) e Mariano Rajoy (presidente do PP en España) que non teñen o valor suficiente xa non para instalo a que cumpra a Lei de Memoria Histórica, senón para esixirllo. Como un partido como o PP, que moitas veces se define como moderado e de centro pode consentir que nas súas filas haxa elementos coma este que se enorgullecen dos anos máis tristes e máis escuros da Historia de España.