Viñeta de Pinto e Chinto para La Voz de Galicia
jueves, 25 de febrero de 2010
lunes, 15 de febrero de 2010
Cando os escándalos se converten en algo cotiá
Foto de Nacho Gómez para o xornal El País
O PSdeG na provincia de Ourense ven denunciando as políticas caciquís que o PP emprega na Deputación Provincial dende hai vinte anos, é dicir, dende que José Luis Baltar é presidente da Deputación.
Cando os socialistas e os nacionalistas poñiamos o grito no ceo porque na institución provincial só entraban a traballar cargos, familiares e axentes electorais do Partido Popular, moita xente miraba cara outro lado.
É sabido por todas e todos que dende que se fusionou Centristas de Galicia (os da boina) e Alianza Popular (os do birrete) en Ourense sempre existiron dous Partidos Populares, pero uns tapábanlle os escándalos ós outros, porque así a todos lles ía ben. Pero non só os do birrete amparaban as prácticas caciquís de Baltar e os seus acólitos. Tamén algúns medios de comunicación lle poñían sordina a todas estas denuncias.
Entre uns e outros foron permitindo que pouco a pouco a provincia de Ourense lonxe de converxer co resto de España fora afondando máis nesa fenda que existe entre a nosa provincia e o resto do Estado.
Non foron poucas as veces nas que nos sentiamos impotentes porque a nosa mensaxe de que outro modelo de provincia era posible, non chegaba á cidadanía. Había moita xente interesada en que só se escoitase esa frase tan manida de que “todos son iguais”, e como “todos son iguais” para que imos cambiar... que sigan os mesmos.
Pero agora de súpeto hai unha parte do Partido Popular e algúns medios de comunicación dos que antes estaban calados que lle poñen altofalantes as nosas denuncias e aveces incluso nos acusan de que facemos pouca oposición. É certo ese dito de que... as voltas que dá a vida.
Pois o certo é que o PSdeG de Ourense ven denunciando ano tras ano que unha Deputación que ten unha débeda que alcanza o 110% do seu orzamento, é dicir máis de 90 millóns de euros non é sostible. Tamén denuncia que unha Deputación na que a inmensa maioría (e debería dicir inmensísima) dos seus traballadores leva na carteira o carné do PP non é un reflexo na sociedade ourensán. Así mesmo non é normal que nunha Deputación como a de Ourense se realicen 1600 contratos temporais en catro anos, nin tampouco é normal que a veces o número de traballadores ande ó redor dos 1100 (por certo, sempre en período pre-electoral).
Pero o máis curioso de todos estes casos é que mentres esto acontecía na Deputación de Ourense había un vicepresidente (dos do birrete) que era o que presidía toda sas mesas de contratación e que é agora un dos que denuncia todas estas cousas “raras”.
Pero é que no PP de Ourense acontecen moitas cousas “raras” como que acudan de compromisarios o seu congreso candidatos do BNG na últimas eleccións municipais no Concello de A Bola. Pero tamén é moi “raro” que vaian como compromisarios catro concelleiros (o alcalde de A Pobra de Trives e o ex-alcalde e tres concelleiros de Calvos de Randín) que segundo os comunicados oficias do PP estaban expulsados do partido por ser declarados tránsfugas pola Comisión de Seguimento do Pacto Antitrasfuguismo. Pero o que aínda é máis “raro” é que tanto Rajoy como Feijóo que enviaron observadores ó congreso ourensán permitiran que estas persoas votasen no proceso de elección do Presidente do PP de Ourense.
Nós seguiremos denunciando aínda que a algúns lles interese poñer a veces sordina e outras veces altofalante as nosas denuncias.
Pero hai unha cousa que está clara, hai outra forma de facer política, e nós apostamos por ela. Unha política na que todo o mundo teña as mesmas oportunidades, e nas que as mozas e os mozos non teñan que buscar traballo fora da nosa provincia porque non teñen no peto o carné do Partido Popular. Só falta que a sociedade aposte por este cambio e todas estas prácticas caciquís pasarán a formar parte da historia. Unha historia rancia que todos queremos esquecer.
martes, 9 de febrero de 2010
Encontro Méndez Ferrín-José Luis Baltar, outra labazada na cara a Feijóo
Onte produciuse o encontro de Méndez Ferrín, afamado escritor galego e novo presidente da Real Academia Galega con José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e capitán xeral do exército da insurxencia galeguista do PP.
Baltar, que un dos mellores calificativos que o definen é o de ser "listo como un allo", aínda non deixou entrar a Ferrín pola porta, e sabendo das penurias económicas que padece a RAG e da nula axuda que recibe da Xunta, ofreceulle axulio a través da Deputación de Ourense.
Este feito podería parecer unha nimiedade ós ollos de moitos, pero é un golpe máis na liña de flotación do PP galego. É sabido de todos/as que as arcas da Deputación están case baleiras, e para poder ofrecer esta axuda, Baltar vai ter que quitar desas subvencións a dedo que lles da ós seus afíns e que tanto rédito político lles saca. Pero o presidente da Deputación de Ourense fai un "esforzo" con tal de darlle unha labazada máis a Núñez Feijóo e os seus socios "bilingueiros".
Non quitedes os ollos da provincia de Ourense nestes meses, porque cousas como estas van a suceder moitas.
lunes, 1 de febrero de 2010
O misterio das rebarbadoras de Ourense
Hoxe produciuse un misterio inexplicable na provincia de Ourense. As 9 da mañá abriron coma todos os días as ferreterías da provincia, e ó cabo dunha hora esgotáronse todos os modelos de rebarbadoras exitentes. Andan todos os ferreteiros coma tolos buscando novos modelos, pero parece que en canto lle chegan novas existencias ó cabo de media hora esgótanse de novo.
Podería axudar a esclarecer o misterio que hoxe, preto do mediodía, se viron descargar varias furgonetas con caixas de rebarbadoras na sede do PP.
Será esto a explicación ó misterio das rebarbadoras de Ourense?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)