miércoles, 7 de octubre de 2009

Silleda vs. Benidorm, ou o dobre raseiro do PP



Onte o PP de Silleda, tutelado polo señor Louzán, o señor Feijóo e o señor Rajoy deron luz verde á moción de censura neste Concello pontevedrés. É certo que non colle a ninguén de sorpresa, todos/as sabiamos que se ía a consumar, o que non sabiamos era a data.


Esta moción de censura xa estivo a punto de presentarse hai unhas semanas, pero a Rajoy non lle ía ben, porque estaban a cargar contra o PSOE (xa que os seus ex-edís presentaran unha moción de censura en Benidorm) e porque o Presidente do PP, son Mariano, ía a visitar Silleda nunha xuntanza dos conservadores galegos.


Agora, parece que Rajoy non se asusta, nin Cospedal se escandaliza, nin Soraya Sáenz de bota as mans á cabeza. Agora vese o dobre raseiro que empregan.


Mentres hai uns días fixeron unha cruzada contra o PSOE polo caso de Benidorm, resulta que o PP está a presentar mocións de censura en ducias de Concellos e todas amparadas pola dirección dos populares.


En Galicia xa as consumaron en Santa Comba, Abegondo, A Pobra de Trives, Mos, Gondomar e agora Silleda. Tamén a tiñan presentada en Calvos de Randín, pero esta non foi adiante.


Hoxe só quero solidarizarme cos/as socialistas de Silleda, e sobre todo coa súa alcaldes Paula Fernández. Unha moza que lle deu un aire de frescura a este Concello e que cambiou o modo de facer as cousas, algo que según se ve a algúns víñalle mal.


O máis curioso do caso é que Rafael Louzán, presinde do PP de Pontevedra e instigador das mocións da súa provincia xa dixo que ó mellor volvía a presentar polo PP en Silleda ós autores desta censura. E logo piden que se cumpla o pacto. Así nen pode haber ningún pacto a nivel nacional nin imos rematr con estes actos tan barriobaixeiros da política.


Eu tamén pasei por unha moción de censura, como case todos/as os que non somos do PP en Galicia, xa que o que o Partido Popular en Galicia non é quen de gañar nas urnas o gaña con negociacións sucias botándolle unha man  a quen se presta a corromper o noso sistema democrátivo.


Hoxe, máis que nunca, todos/as con Paula.