miércoles, 23 de enero de 2008

Hoxe á noitiña estivemos por Terras de Valdeorras


Hoxe a noitiña achegámonos á Comarca de Valdeorras para presentar as liñas de traballo desta campaña ante as compañeiras e compañeiros das agrupacións máis orientales da provincia. A reunión tivo lugar na sede que temos na Rúa.
Estivemos acompañados da xente de Rubiá, Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Larouco, O Bolo, A Veiga e Viana do Bolo.
Esta é a comarca máis lonxana repecto da capital provincial e faise un pongo longa a viaxe, sobre todo á volta ás tantas da noite, pero é ir a esta comarca danos moitos folgos.
Valdeorras é a comarca onde mellores resultados acadamos os/as socialitas en case todos os comicios.
Así que comapeñeiras e compañeiros e un luxo poder estar con vós.
Na primeira foto, e de esquera a dereita, podemos ver a Miguel Bautista (Alcalde de Petín e suplente ó Senado), Macu Acuña (Deputada autonómica), Miguel Fidalgo (Candidato ó Senado), Alberto Fidalgo (Deputado no Congreso), Luis F. Gudiña (Portavoz na Rúa) e Alfredo García(Alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz na Deputación de Ourense).
Colguei a segunda foto porque nela Miguel Bautista estalle advertindo a Miguel Fidalgo que se coide de que non lle pase nada estes catro anos porque senón el será senador (era en tono amenazante como decíndolle que ía a por el, pero todo era unha broma). Miguel Fidalgo contounos (tamén en tono xocoso) que xa suscribira un seguro de vida)

O que hai que oir


Angel Acebes dixit: "Zapatero ha quedado invalidado como presidente al mentir a los españoles"
¡Manda carallo co de Ávila! Angel Acebes, o que dicía "todo el que piense que no ha sido ETA es un miserable".
O que hai que oir...