miércoles, 25 de junio de 2008

"La Tertulia" de Telemiño

Onte fun invitado o programa "La Tertulia" de Telemiño. Dende hai un tempo téñenme en "plantilla" ;).
Asistimos Rafael Fernández representante en Ourense de Por un Mundo máis Xusto, Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa concelleiro do PP en Ourense e máis eu.
Coma sempre falamos do divino e do humano, pero sobre todo démoslle unha voltiña a nosa particular visión do sistema de representación dos partidos políticos nas institucións, as posibles reformas que se deberían de facer para que algúns partidos non salian tan agraviados dos procesos electorais e cales son os sistemas de representación escollidos por outros países de Europa.
Poderedes ver o programa nos vindeiros días na canle Telemiño.

"Los girasoles ciegos"

A película máis esperada por todas e todos os ourensáns xa ten o tráiler promocional.
O gran José Luis Cuerda rodou case toda esta película en Ourense (eu tiven a oportunidade de seguir o día a día), pero tamén na nosa comarca, e máis concretamente en Montederramo.
Aquí participaron moitos veciños/as e coñecidos/as de Castro Caldelas e do propio Montederramo.
Eu téñolle un cariño especial a Cuerda. Por unha banda por ter desfrutado enormemente coas súas películas: El bosque animado, Amanece que no es poco, A lingua das bolboretas... Por outra banda ( e como xa lle dixen un día) el tivo algo que ver na miña relación de parella, gracias a lingua das bolboretas (pero eso é outra historia, e non vola vou a contar). E para rematar, un día compartindo comida con el e duas persoas máis camiño de Santiago a Ourense foi cando se me comunicou que o PSOE contaba conmigo para as tarefas que estou realizando agora. En fin, unha chea de recordos