miércoles, 19 de noviembre de 2008

Bono non me "Maravilla"

Estiven pensando, e moito, se escribir ou non este post. Non quería facer un mundo do tema de Bono e a Santa Maravillas.
Imaxino que a estas alturas saberedes que Bono, presidente do Congreso, quere colocar en dito edificio unha placa conmemorativa de dita monxa, hoxe en día só hai dúas: unha para Clara Campoamor polo sufraxio feminino e outra de Juan Carlos I pola reinaguración do edificio.
Pois a Bono non lle chega con facer a proposta, que levantou un salpullido entre gran número de deputados/as e cidadáns, para que onte remate dicindo que "os dos partidos propios son uns fillos de puta".
É certo que hai que tomar as cousas de quen veñen, e Bono a min non é que me quite moito o sono. Pero mentres houbo compañeiros/as do PSOE que dixeron que non lles molestaran as palabras de Bono, eu creo que estou no meu dereito de dicir que me sentín doblemente ofendido: pola intención de colocar a placa e polas súas palabras.
Non quero seguir profundizanto no tema, só dicir que me sentín molesto e que Bono a min non me "maravilla".
Por certo, e non é por ter mala hostia, non se vos parece a monxa a Zaplana?