miércoles, 30 de abril de 2008

Tertulia en Telemiño



Hoxe fun invitado a participar na canle local Telemiño, no programa da Tertulia. Compartín mesa con Eloina Núñez do Partido Popular e Rafael Fernández de Por un Mundo máis Xusto.

Falamos un pouco de todo, pero na maior parte sobre o cambio nas grander infraustructuras que está a desenvolver a provincia dende a chegada do PSdeG-PSOE ó goberno da Xunta de Galicia.

Foi unha experiencia moi grata.

martes, 29 de abril de 2008

Estudio informativo de impacto ambiental da conexión da OU-536 coa N-120

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a asistencia técnica para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental da obra: nova estrada de conexión da comarca de Trives coa estrada N-120 que servirá para conectar as comarcas de Caldelas e Trives coa estrada que transcorre ó carón do Sil e coa futura autovía A-76, vaia por onde vaia.
Esta é unha boa nove que significa a boa vontade da Consellería de Obras Públicas para que os nosos concellos estean ben comunicados.
Posiblemente nos próximos días haberá máis novas boas relacionadas coas estradas de Castro Caldelas, pero xa vos irei comentando todo ó seu tempo.

Obras en Castro Caldelas


Nestes próximos días comezarán as obras de renovación da rede de saneamento de Castro Caldelas. Que todo hai que dicilo, facíalle boa falta. As obras van a ter un custo de 163.000 euros e servirán para evitar as contínuas roturas das actuais tuberías de fibrocemento. Ademais, estas tuberías vellas está demostrado que non é o mellor sistema de conducción de augas para consumo humano.
Estarán as rúas da vila algún tempo levantadas para a mellora da rede, pero que todo sexa polo beneficio das veciñas e veciños de Castro Caldelas.
Esta obra intentouse, dende o Concello, poñela en marcha en varias ocasións co anterior goberno do PP na Xunta de Galicia e foi imposible. Agora, gracias a que o novo Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Pachi Vázquez, ten un especial coidado en poñer en marcha obras verdadeiramente necesarias pódese levar a cabo esta mellora.

Goodbye Edu

Vaise Zaplana. deixa a política para ir a Telefónica Europa.
Como se dí por ahí habitualmente que "Vaia con Deus". Creo que non o habemos extrañar moito. E o día en que se una a el Acebes habemos durmir todas e todos un pouquiño máis tranquilos.
Imos ver se esto serve para que o PP cambie o rumbo e se faga un pouco serio e menos barrulleiro.
A todo esto e por se non vos lembrades, este home pasará á historia da política española por aquela frase de "Estoy en política para forrarme"
¿Que será agora dos locais de Raios UVA que había preto do Congreso dos Deputados?. Esto si que é unha crise do sector ;)

viernes, 25 de abril de 2008

"Mellor ocuparse dos transportes que dos homosexuais"

Non vos espantedes polo titular. Non é unha reflexión miña como podedes imaxinar. É a última lindeza do heroe da dereita española, Silvio Berlusconi.
Cada día supérase máis. Podedes ver a noticia enteira aquí.

jueves, 24 de abril de 2008

Señor cura, señor cura, ¿xa podo morrer?

Hoxe despertei aterrorizado ó poder escoitar na SER que Esperanza Aguirre permite que os curas participen nos comités de cuidados paliativos. Despois falaba deste tema con Juan José Monedero, o noso flamante Delegado de Sanidade en Ourense e él dicíame que no Comité de Ética de Paliativos do Hospital de Ourense houbo un cura, pero non por ser cura, senón por ser un experto en biopética. Non vou eu agora a ser quen de discutir quen é experto neste tema ou non, e se Monedero me dí que este señor sabe moito do tema, "bendito" sexa.
Pero o tema de Aguirre e da sanidade en Madrid ten tela, e máis co que ven de atrás polas supostas sedacións en Leganés.
O Conselleiro de Sanidade madrileño xustifícase dicindo que os curas non poden intervir nas decisións clínicas sobre dar ou non sedación terminal a un enfermo, practicar un aborto a unha muller denunciada que non denunciou ou decidir se se reanima ou non a un bebé con malformacións na unidade de neonatoloxía. Pero, é que faltaría máis. Só faltaría que poidera decidir un cura por un médico.
O desta señora, a "lideresa", como lle gusta que lle chamen, é algo inaudito, algo esperpéntico e algo que ataca á moral de todas e todos (non só dos ateos).

miércoles, 23 de abril de 2008

¿Liberais, Conservadores, Socialdemócratas? Non, en Beade o PP é Franquista


VERGOÑA, VERGOÑA, VERGOÑA E MÁIS VERGOÑA. VERGOÑA ALLEA.

Esto foi o que sentín onte á mañá logo de asistir á celebración dun pleno no Concello de Beade. Os nosos concelleiros do PSOE neste municipio do Ribeiro levan meses e meses pedindo ante todas as instancias que obriguen ó alcalde a cumprir a Lei e a convocar as sesións plenarias. Como este se nega solicitaron un pleno extraordinario para debatir a retirada da simboloxía franquiesta das rúas de Beade e que se cumpra a Lei na convocatoria dos plenos.

Xa conseguiron algo, que é que convocara un pleno extraordinario. Nunca convocara ningún dende que accedeu á alcaldía nos anos 70.

Pero o máis patético do pleno é que Senén Pousa non se atreveu a debatir, só nun par de ocasións insultou ós concelleiros socialistas.

No pleno ocorreu algo inaudito. O secretario facía de alcalde, porque segundo dixo tiña unha delegación deste.

No tocante ás convocatorias dos plenos non lle deu a palabra á oposición porque xustificou que non había lugar e respecto o cumprimento da Lei da Memoria Histórica baseouse nun artigo dun xornal que dicía que a Lei só a tiña que cumprir o Estado, e que as demais administracións só se lle recomendaba.

Algo inaudito e esperpéntico. Pero o pior de todo foi ver a un secretario en actitude chulesca e desafiante facendo de alcalde.

Ante este feito e visto que o PP anda a escoller os compromisarios para o seu próximo congreso, os de Beade ¿serán do bando liberal, socialdemócrata ou conservador?

A resposta está clara: Son do bando Franquista. Pero non só eles senón tamén os seus dirixentes que os amparan e defenden en vez de chamalos ó orde.

De verdade, esto é de vergoña.

Acto de promesa dos cargos do Goberno. Unha decepción

Xa me ten pasado varias veces que charlando con algunha xente que lee o meu blog me tacha de ser moi condescendente co goberno do PSOE e ser moi pouco crítico. A verdade e que se non fago máis crítica e que non vexo moito que criticar. Estou moi orgulloso do meu partido e das personas que dentro del me representan e nos gobernan.
Pero desta vez vou romper a tónica reinante no meu blog. O outro día ó ver o acto de promesa de Zapatero e do grupo de ministras e ministros que nomeou leveime unha enorme decepción.
A Constitución Española di no seu artigo 16.3 que ningunha confesión terá carácter estatal, se ben é certo que tamén di que os poderes públicos tenrán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consieguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demáis confesións.
Entón tomando este artigo como base, ¿que pinta un crucifixo enriba da mesa e ó carón da Constitución para a promesa dos cargos no Goberno. Se o noso Estado é aconfesional, non ten por que estar no acto solenme unha insigna de ningunha relixión. Sei que haberá quen diga que ó mellor é que o Presidente e os/as seus ministros/as son todos católicos (que pode ser aínda que non o crea), pero é que nin así, porque este non é un acto persoal, é un acto no que están representando a un Estado, a un Estado aconfesional.
Eu son ateo e republicano, pero respecto e acto a Constitución Española que di que este é un Estado no que o Xefe de Estado é un Rei. Nunca se me ocorrería prometer pola República, nin coa bandeira tricolor, nin co hinmo de Riego, porque estou ante un acto no que se esixe respectar uns valores colectivos. Pois logo, eu esixo que se este é un Estado aconfesional no que non prima unha relixión sobre outra, ou sobre ningunha, ninguén ten por que facer alarde de sinmboloxía cristiá nun acto colectivo que nos representa a todos/as.
Onte estiven no despacho dun alcalde, que tras del colgaba un crucifixo. Díxenlle non entender que facía alí tal elemento e a resposta del foi que a xente maior lle gustaba. Creo que se poden ter argumentos de máis peso para defender unha determinación, pero dende logo ese argumento non tiña peso ningún.
Se este é un Estado aconfesional, esixo que cumpramos a Constitución ó igual que a teño que cumprir eu por ser un firme defensor dun estado republicano e ter que vivir e defender a un Rei que me é imposto pola mesma constitución.


domingo, 20 de abril de 2008

Mira ben onde pos o X

Cando vaias a facer a túa declaración da renda, mira ben onde pos o X.
Podes contribuír ós fins sociais de moitas asociacións sen ánimo de lucro

Cea Socialista con Elena e Emilio


Onte por fin foi o día. As socialistas e os socialistas da provincia de Ourense reunímonos para celebrar os asombrosos resultados que acadou o PSdeG-PSOE na nosa provincia. O ágape estivo predidido polo noso Secretario Provincial, Pachi, o noso Secretario Xeral, Emilio e pola nosa Deputada e Superministra Elena.

Antes de cear pronunciaron os tres unhas palabras de agradecemento á militancia, ós/ás simpatizantes, e sobre todo a todas aquelas persoas que sen ter nada que ver co noso partido nos deron o seu apoio nos pasados comicios.

Foi un chamamento á unidade e o traballo e un recoñecemento a todas e cada unha das agrupacións locais polo meritorio traballo levado a cabo.

Na cea non faltou, practicamente ninguén: concelleiros, alcaldes, diputados, senador, delegados, e sobre todo militantes. Eramos máis de cincocentos.

Dende Santiago tamén se achegaron Blas, Eva e Víctor para axudar na organización do evento.



Na primeira foto estamos a xente que traballamos na campaña (faltan algúns) con Elena. De esquerda a dereita: Bea, Pili, Conchi, Antía, eu (Eladio), Nel, Elena, Iria, Lalo, Isabel e Susana.

Na segunda foto estamos de charla Elena e máis eu controlados por Tito (seu irmán), Conchi e Isabel.
Por certo, no intre da foto, aínda que o poda parecer, elena non me está ofrecendo ningunha Dirección Xeral, ;).
Bueno, bromas aparte, este foi un acto de unión entres todas e todos os socialistas e un gran recoñecemento ó esforzo de toda a xente que botou unha man na campaña electoral. Agora, e aínda que pareza que non, xa estamos inmersos noutro proxecto, as eleccións autonómicas de 2009, que están ahí á volta da esquina.


viernes, 18 de abril de 2008

Unha tarde marabillosa

Hoxe non vos vou a falar de política. Vouvos a falar dunha tarde marabillosa.
Cando facía a miña vida en Castro Caldelas soía saír bastante coa bicicleta de montaña polo monte, pero dende que me trasladei a Ourense deixei a bici esquecida. Non hai moito comecei a darlle uns pequenos arranxos e estes días estiven empezando a probala de novo, saíndo sobre todo cara a zoa de Pereiro de Aguiar. Onte facía unha "mala tarde", unha desas tarde con algo de frío, bastante vento e choiva de seguido. Pero a min encántame que chova, e onte xuntei a bici coa chuvia e estiven facendo unha ruta de quince quilómetros ó carón do río Miño.
O paseo que hai ó lado do ríoé todo un luxo que xa lle gustaría a moitas cidades telo, pero soe estar ateigado de xente. Pero onte non, onte era todo para min. En toda a tarde non me crucei con máis de seis ou sete valentes. Este roteiro pasa ó carón de varias fontes e piscinas de augas minero-medicinais termais, algunhas brotan a case 70ºC. É unha pasada poder estarse bañando en auga quente mentres che chove encima, podedes apreciar nunha das fotos como hai xente metida na auga. Na outra foto vedes o río Miño moi crecido, debido as chuvias destes días. Nesta zoa, a pasarela de Outariz, o río soe ter 50 m. de ancho, pero onte tiña máis de 80m.

Se nos sodes de Ourense, recoméndovos que un día vos deades unha voltiña por esta zoa e que traiades o bañador para metervos nas pozas de Outariz, no Muiño, no Tinteiro, en Reza ou na Chavasqueira.

miércoles, 16 de abril de 2008

¡¡Viva a República!!

Memorable documental de ficción (ucronía histórica) sobre que houbese pasado en España se na Guerra Civil houbese gañado o bando republicano.
Ten momentos memorables.
Se o queredes ver completo buscade polo Youtube

Comida medioambiental


Hoxe imos celebrar unha comida en Valilongo (A Teixeira) co Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, e o seu equipo. Imos asistir os secretarios comarcais de Valdeorras e Trives Caldelas, Alfredo García e eu, e ademais os alcaldes e portavoces socialistas das comarcas de Valdeorras, O Bolo, Trives e Caldelas. Imos intercambiar opinións sobre varios proxectos para a comarca e como non, tamén imos cotillear sobre que hai de certo deso de que se queren levar a Pachio para Madrid de Secretario de Estado de Medio Ambiente.

martes, 15 de abril de 2008

"Capitán, mande firmes"

"Capitán, mande firmes". Esta frase de Carme Chacón supón outro paso máis na igualdade en España entre homes e mulleres. E unha vez máis, foi Zapatero o promotor do nomeamento dunha muller á fronte do Ministerio de Defensa.
Non é moi común en Europa que unha muller estea á fronte deste ministerio, só ocorre en tres países. Pero nalgúns lugares de América e Asia esto sucede dende hai xa moitos anos.
Cando Chacón, ó carón de Alonso, pasaba revista ás tropas o facherío deste país bramaba. Que sexa muller dame iguaql, o que pasa é que.... Esta é a frase máis recurrida dos machistas recalcitrantes.
Son os mesmos que criticaban o nomeamento de Soraya Sáenz como portavoz parlamentaria do PP, os mesmos que critican a Bibiana Aído por ser nomeada Ministra de Igualdade, os mesmos que para criticar a unha muller política se fixan máis no seu pouco estilo para combinar as prendas coas que viste que a súa xestión á fronte do traballo encomendado.
O facherío está revolto, esta asustado, a onde imos a parar...
Pero o que se leva a palma é o malnacido de Jiménez Losantos. Sí, sí, malnacido. Eu non acostumo a empregar o insulto, pero hoxe estou cheo de aturar esa incontinencia verborreica que áe pola súa boca e só serve para sementar cizaña. Onte o altofalante dos bispos despachouse a gusto con Bibiana Aído chamandolle flamenquita entre outras cousas. Esta muller estivo levando con gran acerto a Axencia de Flamenco, e o sen vergonza de Losantos atízalle coa palabriña de flamenquita... Hai que ver, e aínda hai xente que segue a este paridor radiofónico de exabruptos.
Por certo, aquí vos deixo algunhas das lindezas verquidas onte polos columnistas ou periodistas dos medios de comunicación da dereita rancia española:
"¿Les parece poco que una flamenquita llegue a ministra del Batallón de Modistillas de ZP?" Antonio Burgos, columnista de ABC
"Para abastecer su gabinete de tías, Zapatero ha buscado debajo de las piedras"
Juan Manuel de Prada, columnista de ABC
"No sé qué habrá hecho Bibiana. Como no haya ganado algún torneo de peteneras"
Federico Jiménez Losantos, COPE
Nombrar a Aído parece "del Gran Hermano, no sé bien si orwelliano o televisivo"
Iñaki Ezkerra, columnista de La Razón

lunes, 14 de abril de 2008

Orgulloso de ser socialista

Hoxe vendo a foto de Zapatero con todas as Ministras do Executivo estaba reflexionando sobre o valioso que é para unha sociedade que cada vez estea máis preto a igualdade entre mulleres e homes. E hoxe despois de escoitar a Bibiana Aído, a nova Ministra de Igualdade (que aínda por riba é a máis nova na Historia de España) que dicía que "cada vez que unha muller avanza, todas as mulleres avanzan" , eu pensaba que aínda lle engadiría máis á frase: Todos os homes avanzamos, toda a sociedade avanza, e esta tende á normalización.
Son un firme crente e defensor da importancia de facer políticas discriminatorias cara á muller, para potenciar que estas cheguen a ter as mismas cotas que acadamos nós. E creo firmemente que unha sociedade está máis completa cando as mulleres acada alo menos a metade das responsabilidades.
Por elo hoxe estou orgulloso. Orgullosos non, estoi máis orgulloso que de costume por ter un secretario xeral no meu partido e un Presidente do Goberno en España que loita por reducir as diferenzas entre homes e mulleres.

Moitas gracias Jesús

Seguramente fuches chamado para ser máis útil no teu novo destino: crear ideas que guíen o PSOE, pero habémoste de extrañar moito.
Moitas gracias ministro por deixar o pavillón tan alto e poñer a España diante do resto de países en cuestións de benestar e avances sociais. Serás recordado polo teu paso no Ministerio como o ministro capaz de poñer en marcha a Lei da Dependencia, unha das máis importantes neste anos de Democracia.
Tiven a honra de te coñecer hai un ano e medio e nas máis de tres horas que tivemos oportunidade de conversar dinme conta que estabas chamado a ser unha dar persoas que nos aportasen máis creatividade e que desenvolvesen o pensamento do novo socialismo, e ahí estás.
Noraboa pola importante labor que escomenzas e unha aperta.

Superministra

Se hasta o sábado os/as socialistas da provincia de Ourense estabamos contentos por ter unha ministra no gabinete de Zapatero, agora a nosa ledicia é dobre. Elena xa non só é ministra, é superministra.
Neste novo gabinete que se tendeu a desgaxar algúns ministerios e no que hai máis carteiras das que había, Elena Espinosa é unha das persoas que máis reforzada sae o ter que afrontar un enorme reto: xestionar o seu antigo ministerio e máis o que levaba Cristina Narbona.
Eu sei que tras o primeiro impacto que produce sorpresa e algo de vértigo, Elena dará afrontado este reto xa que é unha gran xestora e unha persoa cunha gran capacidade de liderazgo e de traballo.
Moito ánimo e a seguir traballando por Ourense, pero agora o dobre...
Por certo, a fotografía é en plena campaña electoral, no castelo de Castro Caldelas logo de dar un mitin e ter unha reunión con gandeiros da comarca

viernes, 11 de abril de 2008

O facho olímpico

Instantánea do paso do facho olímpico o seu paso por Madrid realizada por un fotoxornalista.
Estes días tamén se teñen visto varios fachos olímpicos polas inmediacións da cidade de Ourense, dentro de poucos días entrarán na cidade para que Baltar sexa o portador do distintivo olímpico. Pero distintas fontes teñen confirmado que o boss provincial do PP dorme cun extintor (por si acaso). O seu fillo seica ten aparcado un camión de bombeiros dende hai días enfronte da súa casa.
Viñeta de Ricardo no diario El Mundo

jueves, 10 de abril de 2008

Noraboa a Abel Losada


Onte a tarde coñecín a nova de que Abel Losada deixaba a súa labor no Parlamento de Galicia como deputado do PSdeG-PSOE por Pontevedra. Hoxe fanse eco todos os medios deste tema. Abel era ata o de agora op portavoz socialista de infraestructuras e un dos políticos máis brillantes dentro do hemiciclo galego.
Abel está chamado a lidiar noutro fronte. A partir de hoxe será o Director Xeral do Gabinete do Presidente da Xunta.
Onte mesmo tiven oportunidade de falar con el por teléfono e de felicitalo nesta nova andaina. Asegúrovos que o vai a facer moi ben. Losada é un dos nosos mellores valores no socialismo galego, e sobre todo unha peroa moi entrañable e querida. Ademais é caldelao de adopción, xa que dende fai anos posúe unha casa en Castrelo de San Xoán de Río, e de cando en vez ven a compartir o café ou o polbo a Castro Caldelas.
En Presidencia atoparase con outra caldelá, esta de nacemento, con Fabiola Sotelo.
Unha aperta e noraboa

miércoles, 9 de abril de 2008

Feira do viño en Castro Caldelas


Un grupo de adeguerios da provincia de Ourense que fan os seus caldos baixo o amparo da D.O. Ribeira Sacra están a promover unha feira do viño en Castro Caldelas.
A Ribeira Sacra conta con catro feiras do viño, pero todas elas na provincia de Lugo. Ésta é a primeira iniciativa que xurde para facer o propio na provincia de Ourense. O fronte da iniciativa está Jorge Feijóo da Adega Vella.
Dende aquí todos os meus parabéns e o meu apoio para a xente que se preocupa de facer cousas por esta terra.
Podedes ampliar a información neste artigo do xornal La Voz de Galicia.
Fotografía de JRCasan

Fagan xogo...


Fagan xogo, donas e cabaleiros...Xa se admiten apostas... ¿Espe, Mariano ou Gallardón?. ¿Quen sairá como lider ou lideresa do PP?
Mentras Mariano está todo atareado no debate de investidura de Zapatero, os seus colegas de partido están apurando todos os contactos para ir o máis fortes posibles o próximo congreso do PP que se velebrará en Valencia.
Os seus colegas xa están traballando por detrás, como intentando demostrar as súas forzas. Sirva como exemplo as páxinas web que acaban de montar Esperanza2012, Gallardón2012, e tamén intentaron facer un Rajoy2012 pero as poucas horas desapareceu da rede. ¿Quere dicir esto que nin os seus propios apoios o ven xa como candidato ás próximas eleccións?
A verdade é que hoxe en día o PP non está a pasar polos seus mellores momentos. As termitas tratán de roerlle a silla a Rajoy, e el coma sempre non é capaz de dar un golpe de efecto. Non se enfronta ós problemas.
O que máis me está a sorprender de todo este proceso é que Espe deixoume totalmente descolocvado o outo día co seu discurso no Foro ABC onde se nos presentou como a adalid do centrismo e do liberalismo, e cun discurso que estaba nas antípodas do conservadurismo. Si Espe supón o centro na política de España, ¿como serán os que están á dereita?
Este tema seguirá dando moito que falar estes días, xa que o proceso cainita de sucesión que se está a levar no PP vai levantar moitas ampollas e abrir moitos regueiros de sangue. Mantereivos informados.
Por certo, en Ourense tamén lle intentan mover a silla o boss Baltar. Posiblemente mañá vos falarei sobre este tema.

viernes, 4 de abril de 2008

Non me puiden reprimir

Hoxe non me puiden reprimir. Sei que estas declaracións son moi vellas e que o vídeo hai tempo que circula pola rede, pero é que este Pérez Varela é todo un personaxe.

O da COPE non ten límites


O da cadena de radio COPE e os seus dirixentes é un dos episodios máis esperpénticos que se viven hoxe en España. Agora acaban de sumar un caso máis o seu xa amplio abano de despropósitos.

Nestes días veñen de denunciar á xuíza Ana López-Suevos de Santiago de Compostela por empregar o galego para redactar unha sentencia.

Os avogados da cadena episcopal acusan a dita xuíza de sectarismo e partidismo... ver para crer.

Pero o máis bonito do caso é que a denuncia chega despois de perder un caso polo despido dunha traballadora que denunciara que a emisora a despedira por militar no BNG e terse casado con outra muller.

Agora xa só nos queda esperar a escoitar as lindenzas que soltará pola boca Jiménes Losantos para atacar a esta muller.

miércoles, 2 de abril de 2008

Refraneiro popular: Só nos acordamos de Santa Rita cando chove

Creo que o primeiro que faredes moitos/as é preguntarvos a que ven este título dun ateo e apóstata confeso coma min. A resposta é que non atopaba unha expresión máis axeitada entre o refraneiro popular para iniciar a reflexión que vos quero facer.

Seguro que así, a primeira vista tampouco atopades ningunha relación entre Gaspar Llamazares e a nena Mari Luz (supostamente asasinada e boom mediático nestes días polos programas da televisión).

Imos comezar dun en un para logo unir os dous temas.

En España temos unha Lei Electoral que rexe todos aqueles comicios que celebramos. Esta Lei foi o froito do esforzo e do consenso de varias formacións políticas que souberon ceder en moitas cousas para chegar a un punto de unión e sacar adiante esta Lei tan importante.

¿A Lei é boa?. ¿A Lei é xusta?. A Lei apostou porque a circunscripción electoral fose a provincia e segundo está beneficia ás provincias máis pequenas. A Lei fai unha discriminación positiva cara os territorios menos poboados e acaba favorecendo (debido a como foi evolucionando o escenario político) os partidos minoritarios ou medios de territorios onde concorren máis de dúas formacións políticas en boas condicións e por outra banda acaba castigando os partidos políticos de índole nacional que nos sexan os grandes partidos.

É dicir con esta Lei saen perxudicados psrtidos como UPyD e IU e saen beneficiados partidos como o BNG, NaBai, CC, etc...

Pero a Lei é así e non vale protestar logo dunhas eleccións porque non nos gutan os resultados.

A Lei xa era así antes do 9-M e case ninguén dicía nada. Por certo, na deputación de Córdoba o PP ten seis deputados e 123.000 votos e IU ten sete deputados e 106.000 votos. ¿E logo esto non é tamén unha inxustiza visto como eles plantexan as cousas?. ¿E como é que aquí non protestan?

Eu estou dacordo con que a Lei non é xusta dende o punto de vista proporcional. Pero se non estamos dacordo con ela, abramos un debate agora para reformala no futuro, e non botemos as mans a cabeza logo duns comicios ou non intentemos xustificar unha debacle electoral como a de IU por culpa da Lei Electoral. (outro día falareivos dunha proposta de reforma que fan dende a Universidade de Granada que, cando menos, é interesante).

E agora vou pasar o tema do suposto asasinato desta cativa que se chama Mari Luz. Este terrible feito aconteceu hai uns días e parece que está destinado a ser o fito mediático destes días.

Está claro que ó respecto deste caso, e falando do suposto asasino aconteceron unha serie de despropósitos e desaguisados xudiciais e policiais propios dunha película. Pero o que é moi perigoso e que haxa xente que a raíz deste caso, no que se producen erros non o xulgar o suposto asasino senón respecto a súa detención e encadeamento, que pida que se cambie a lei respecto os delitos dos pederastas e que se poña en marcha a cadea perpétua.

Non se pode reaccionar á brava logo dun feito no que o que fallou non foi a pena imposta, senón o non habela cumprido. E non é de recibo que agora haxa un partido político oportunista, o PP, que pretenda abrir un debate no que reclame a cadea perpétua para os pederastas. Porque entón por que non a reclama para os asasinos das súas parellas, ou para os terroristas que poñen unha bomba e matan a 200 personas. Esto é hipocresía e oportunismo, e como dicía antes e enlazando co tema de IU e Llamazares non se pode pedir que se cambien as regras do xogo por oportunismo. Sexamos serios, fagamos reflexións e debates coa cabeza fría e nunca como reacción logo de que aconteza un tema concreto.

Prometo escribir máis a miúdo estes días.