Se hasta o sábado os/as socialistas da provincia de Ourense estabamos contentos por ter unha ministra no gabinete de Zapatero, agora a nosa ledicia é dobre. Elena xa non só é ministra, é superministra. Neste novo gabinete que se tendeu a desgaxar algúns ministerios e no que hai máis carteiras das que había, Elena Espinosa é unha das persoas que máis reforzada sae o ter que afrontar un enorme reto: xestionar o seu antigo ministerio e máis o que levaba Cristina Narbona.
Eu sei que tras o primeiro impacto que produce sorpresa e algo de vértigo, Elena dará afrontado este reto xa que é unha gran xestora e unha persoa cunha gran capacidade de liderazgo e de traballo.
Moito ánimo e a seguir traballando por Ourense, pero agora o dobre...
Por certo, a fotografía é en plena campaña electoral, no castelo de Castro Caldelas logo de dar un mitin e ter unha reunión con gandeiros da comarca



