jueves, 30 de julio de 2009

Todos/as coa Guardia Civil

Fotografía do xornal EL PAIS

Un día máis os asasinos volveron a actuar, pero a diferencia de onte, hoxe conseguiron levarse dúas vidas por diante. Dous mozos de 27 e 28 anos, Carlos Sáenz de Tejada e Diego Salva tiveron que pagar coas súas vidas o antollo delirante desta banda de criminais. O delicto que cometeran estes gardas civís fora o de velar pola nosa seguridade e protexernos. Pero, así é ETA, xa todos/as a coñecemos.

Pero hoxe o que máis rabia me produce, non é saber que estes canallas seguen na súa teima, porque todos sabemos que ata que non estean todos na cadea han seguir facendo das súas. Ó que me produce unha profunda dor é pensar, que nos tempos que corren, aínda hai xente en Euskadi e tamén no resto de España que xustifica as accións destes moustruos. Unha proba podédela ter nun asiduo comentarista deste blog, que aínda deixou a súa pegada na entrada anterior. Faise chamar rePreSsOrEs (xogando coas letras e afirmando que o represor é o PSOE) e segue ca teima de que ETA e as Hermanitas dos Anciáns Desamparados son a mesma cousa e que todos/as os/as demócratas de España somos os verdadeiros represores.

O fin de ETA chegará cando esta xente sexa capaz de ver que o seu prisma óptico destorsiona totalmente a realidade. Ahí chegará o fin da banda terrorista, cando xa ninguén lle ría os seus asasinatos nin a súa represión.