domingo, 30 de diciembre de 2007

Uns días de descanso



Ídesme a permitir que me tome uns días de descanso. A verdade é que lles tiña moitas ganas. Nestes últimos días no Grupo Provincial Socialista da Deputación tivemos bastante traballo preparando o debates dos Orzamentos do 2008, e logo no Partido andivemos a preparar as candidaturas ó Congreso e o Senado para as vinceiras eleccións do 2008. Tanto nunha como na outra van ir como reservas dous caldelaos. Na da cámara alta irá Paco Magide (alcalde de Parada do Sil) e na da cámara baixa irá Eva Méndez (coñecida como a Eva de Correos). A composición das listas será a seguinte. Congreso: Elena Espinosa (Ministra), Alberto Fidalgo (actual deputado), Antía García (de Xuventudes Socialistas) e Juan Carlos Francisco (portavoz municipal en Verín. Senado: Miguel Fidalgo (Secretario Provincial de Organización e Asesor do Conselleiro de Medio Ambiente), Elvira Lama (Concelleira en Xinzo de Limia) e Alfredo Vázquez (portavos municipal en Celanova). O venres aprobamos as candidaturas por aclamación (había moito tempo que esto non sucedía) no Comité Nacional do PSdeG-PSOE do que formo parte. Pois nada, agora espanor un montón de traballo para preparar a recta final da vindeira campaña así que toca un descansiño coa miña parella polo sur. Estaremos por Córdoba, Granada, Sevilla e Málaga. Vémonos á volta, e feliz aninovo para todas e todos.

viernes, 28 de diciembre de 2007

Esto non é unha inocentada, aínda que poda parecelo


Onte quedeime atónito e estupefacto ó ler a entrevista que unha periodista do xornal La Opinión de Tenerife lle fixo ó bispo de dita illa. Entre outras lindezas obsequiounos con algunhas como que a homosexualidade perxudica ás persoas e a sociedade ou veu a xustificar a pederastia porque hai cativos que provocan.
“Se te descuidas, provócante”. Así falaba dos cativos de 13 anos (¿cantos terán pasado polas súas mans?). O bispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, xustifica deste xeito a orixe dundelicto, os abusos sexuais a menores. Considera a pederastia unha derivada da homosexualidade. “Non hai que confundir a homosexualidade como necesidade existencial coa que é practicada como vicio. A persoa [a] practica como pode practicar o abuso de menores”, sinala. O seu xuizo, este delicto nace da busca da “novidade” e convírtese así “nunha forma de sexualidade distinta”.
Mentres tanto o Vaticano exercendo a política do avestruz, escondendo a cabeza e non dicindo nada ó respecto. O que cala otorga.
Espero que o Defensor do Menor e a Fiscalía Xeral do Estado actúen de inmediato (non sei como aínda non o fixeron) ante este atentado contra os dereitos dos menores e os dereitos dos homosexuais.
Cada día que pasa síntome máis orgullosos de ter iniciado o camiño da apostasía (aínda que teño as miñas guerras coa Igrexa, que non me quere recoñecer tal dereito) e non ser partícipe en absoluto de todo este colectivo que o único que fixo ó longo da Historia foi enganar e manipular á Humanidade para poder manterse e perpetuarse no poder.
Seguro que os do PP faran unhas declaracións na prensa estes días ó respecto, e como puiden ler nun comentario anónimo en internet: "¿A culpa? Pois da masonería, do ateísmo, do laicismo, dos roxos, dos comunistas, dos republicanos, dos socialistas, da SER, do País, do Público, dos moros, dos xudíos, dos pagáns, do secularismo, dos nacionalistas, da pérfida Albión, da Modernidade, da Ilustración, de Marx, de Nietszche, de Kant, dos homosexuais, dos ecoloxistas e sobre todo, máis que de nadie, de Zapatero".
Mentras tanto os bispos gardan silencio e van a volver a convocar unha manifestación con Rouco Varela á cabeza, e da man do PP, para facerlle a campaña á dereita baixo a tapadeira de "Concentración a favor da familia cristiana"
Menuda familia.

sábado, 22 de diciembre de 2007

O PP e a súa música


Non fai falta dicir nada máis.
Viñeta de Manel Fontdevila publicada no xornal Público.

jueves, 20 de diciembre de 2007

Cambio de chaquetas no PP lucense



Estes días víñase rumoreando nos mintideiros que Paco Cacharro Gosende, fillo de Cacharro (ex-presidente da Deputación de Lugo) acababa de fichar polo UPyD, ese novo partido que acaba de crear Rosa Díez que seica nin é de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin nacionalista, nin anti-nacionalista.... a verdade que non se sabe o que é.

Pero agora o que sí se sabe e que Cacharro Gosende acaba de romper o seu carné do PP e facer o da UPyD. A lectura que conleva esto é que Cacharro pai está detrás de todo este tinglado. É de todos sabido que o ex-caudillo do PP lucense está doido con todo o que teña que ver co seu partido, e está a facer todo o dano posible. Cacharro Gosende posiblemente sexa o cabeza de cartel do partido que non é nin de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro, nin de nada...Ahí porase en movimento a poucaq maquinaria que lles quedas "os Cacharro" en Lugo, pero que o que é certo é que será para facerlle todo o dano posible a Barreiro (no seu día man dereita de Cacharro, e agora o seu pior inimigo).

De todos os xeitos eu dende aquí deséxolle o mellor a Caharro Gosende na súa andaina política (sempre e cando non lle faga moito dano ó PSdeG lucense, ;-) ) porque no político non sei, pero podo afirmar que no profesional e no intelectual é un bó activo.

O tempo dirá...

(Por certo a foto é do acto fundacional do UPyD en Lugo, sacada do blog de Vaqueiro, xornalista do diario El Progreso)

miércoles, 19 de diciembre de 2007

O titiriteiro



Escoitade o noso titiriteiro particular. José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do Partido Popular na provincia. Con el, podemos escoitar a toda a súa troupe: Valladares, Baltar Jr. "El Nene" e Amparito. Un agasallo recopilatorio dos seus mellores momentos na Cadena Ser. Dende logo é patético.


Dous xeitos distintos de entender a política



Onte clausurábanse en Ourense unhas xornadas sobre "O futuro das Deputacións". Estaban invitados ó acto os catro presidentes das Deputacións ( Xosé Ramón Gómez Besteiro Presidente da Deputación de Lugo non asistiu por estar convaleciente) e poidemos escoitar os de Ourense e Pontevedra, Baltar e Louzán do PP, e o da Coruña Salvador Fernández Moreda do PSOE.
Logo eu e máis uns deputados provinciais tivemos o pracer de compartir mantel con Moreda e debater longo e tendido sobre cal ten que ser o futuro das Deputacións no século XXI. Foi unha mágoa que non poidera estar Xosé Ramón, co que hai unhas semanas compartimos un debate similar Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense) e máis eu en Lugo.
Houbo unha frase de Moreda que foi lapidaria sobre as Deputacións e o "san benito" que se lles colga sempre de que son uns entes caciquís. Moreda, sentado ó carón de Baltar, afirmou que as Deputacións non son caciquís, que caciquís poden ser as persoas que as gobernan, e nese intre xirouse e mirou para Baltar. Este acto seguido púxose colorado coma un tomate, xa que que nunha comparecencia ante os medios dous días antes acababa de recoñecer o que todos sabemos, que el sí que é un cacique.
Logo nunha intervención dunha persoa do público (unha empregada da Deputación) está dirixiuse a Moreda confundindo a institución da Deputación co partido no que militan ela e máis Baltar, o PP, e o presidente raudo e veloz espetoulle á rapaza algo así como "filliña, non me extraña que vos chamen caciques cando confundides o voso partido coa Deputación". Baltar xa non sabía onde meterse, e tanto é así que ó rematar as xornadas (que eran na súa "casa") desapareceu.
Nesta semana que ven, a ver se teño tempo, e pasa o pleno do debate dos orzamentos (que nos trae un pouco tolos estes días) e as asambleas do PSdeG para propoñer candidatos ó Senado e o Congreso e vós vou a facer unha comparativa daxestión das catro deputacións para que vexades que o que pasa nesta provincia é de órdago.

domingo, 16 de diciembre de 2007

Caciquismo igual a Baltarismo


Hai moitos anos que os socialistas da provincia de Ourense levamos denunciando as cacicadas que Baltar (presidende do PP provincial e da Deputación) comete todos os días. Levamos repetindo ata a saciedade que Baltar utiliza a Deputación no seu propio beneficio. Ten o triste récord de ter a Deputación máis endebedada de Galicia (ten máis débeda que orzamento, cerca de 80 millóns de euros). ten o triste récord de ter a Deputación que máis invirte en persoal (preto de mil persoas, case todos cargos do PP ou familiares). Ten o triste récord de ser presidente da Deputación que menos investimentos fai na provincia (menos do 10 % do orzamento e a metade do que gasta en persoal). Ten o triste récord de ser o presidente do PP máis sectarista que existe (todo aquel que non é da súa corda desaparece da política no PP ourensano).
Pois con todo este currículum e todas as tropelías que comete a diario, o PSdeG-PSOE de Ourense denunciamos día sí e día tamén quen é este personaxe. Pero Baltar sempre negaba que él era un cacique. Só o seu fillo (Xosé Manuel Baltar), que é deputado do PP no Parlamento Autonómico o recoñecía en público e dicía que o caciquismo era bo para a provincia de Ournse.
Nesta semana Baltar trocou o discurso e por fin recoñeceu o que todos sabiamos. Recoñeceu que el era un cacique ó estilo deo século XVIII (eso sí acto seguido apostillou que o BNG e PSOE máis). Como pasa co psicólogo, xa avanzamos algo, posto que o primeiro paso é recoñecer o problema. Baltar xa non nega que é un cacique. Agora xa só lle queda pedir perdón a todos os ourensanos e ourensanas e irse para a casa, porque a nosa provincia non merece que nos estea gobernando un cacique. Xa non vale a xustificación que sempre dá de que a xente o vota. En democracia non todo vale e non se pode permitir que a provincia de Ourense, unha das máis atrasadas de España estea gobernada por un especimen desta calaña.
O día seguinte ó número dous do PP galego, o Sr. Rueda saíu na defensa de Baltar, ante a chuvia de críticas que lle estaban a cair por parte do PSdeG, e xustificouno como que "A Baltar hai que entendelo". Semella o caso de cando un rapaz che sae torto e o pai dí "Claro, pobriño, hai que entendelo".
Estamos fartos de estar gobernados polo último cacique de España, por este que entre os seus alcaldes ten a franquistas, señores do PP, polo ben do seu partido, da democracia e da nosa provincia fagan que o último CACIQUE se vaia para a casa.

jueves, 13 de diciembre de 2007

Manda "güevos"


Pois sí, manda "güevos" como diría Trillo. Onte soubemos da nova de que nesta próxima campaña electoral haberá dous debates (a falta dun) entre Zapatero e Rajoy.
Paréceme moi boa idea que os dous líderes das principais forzas políticas de España aceptasen debatir entre eles.
Pero hai algo desta nova que me deixou perplexo e anonadado. Agora resulta que Rajoy non quere debatir en TVE. Polo que el di non é terreno neutral. Non recordo en toda a democracia unha televisión pública máis neutral. Non o foi así nin con Felipe nin con Aznar. Ó mellor Rajoy ten como modelo de televisión pública plural e independente á Telemadrid de Espe.
Manda "güevos" con Rajoy, el que se valeu de U.R.D.A.C.I. para intentar manipularnos a todos nas vésperas das últimas Eleccións Xerais ven a gora dicindo que el non debate na televisión pública española.
Creo que o Mundo se volveu do revés.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Aínda que pareza incrible, esto é verdade



Estes días ven de dimitir como deputado provincial polo PP en Ourense Senén Pousa, alcalde de Beade. O motivo da súa dimisión é deixarlle paso na institución provincial a Rogelio Martínez, alcalde de Arnoia. Este último presionou a presidenta dunha mesa (por certo muller dun concelleiro do PP e empregada na Deputación de Ourense) para que cometera irregularidadesnas nas eleccións municipais do seu concello. Como consecuencia a Xunta Electoral Central ordenou repetir as eleccións e polo tanto a Martínez non o deixaron optar a formar parte da Deputación.
Pero, ó que ía. Senén Pousa é moi coñecido por ser franquista e añorar o réxime totalitario de Franco. Non o esconde, senón todo o contrario, alardea delo. Ata hai ben pouco tiña unha misa polo dictador todos os anos en Beade (ata que se enemistou co cura). Pois o último venres de setembro tivemos na Deputación un Pleno no que el presentaba a dimisión. No apartado de rogos e preguntas o compañeiro Nacho de Ribadavia pregoulle o Presidente da Deputación que fixera o necesario para que Senén Pousa acatase a Lei de Memoria Histórica e lle cambiase o nome á rúa principal de Bede que se chama "Calle del Generalísimo". A primeira reacción de Senén Pousa foi levantarse do seu escano e espetarlle ó compañeiro do PSOE: "Paiaso, eres un paiaso". Logo cos ánimos máis calmados o Presidente da Deputación e PResidente do PP en Ourense, José Luis Baltar dixo que el non o ía instar a nada xa que a Lei aínda non entrara en vigor e que había algúns do BNG que non colocaba as bandeiras de España nos seus concellos.
Pois nada amigos, aí tedes na foto a Senén Pousa, en segunda fila á dereita, un home de centro e conciliador onde os haxa, detrás doutros dous homes de centro Alberto Núñez (presidente do PP en Galicia) e Mariano Rajoy (presidente do PP en España) que non teñen o valor suficiente xa non para instalo a que cumpra a Lei de Memoria Histórica, senón para esixirllo. Como un partido como o PP, que moitas veces se define como moderado e de centro pode consentir que nas súas filas haxa elementos coma este que se enorgullecen dos anos máis tristes e máis escuros da Historia de España.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Varios días de inactividade (ou vagancia)



Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.

E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.

Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.

Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.

Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.

Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.

Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.

Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.

Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Día Mundial da loita contra o SIDA

Hoxe é o día mundial da loita contra o SIDA. Unha das enfermidades que máis vida se leva ano tras ano no Mundo, sobre todo nos países africanos e do leste de Asia.
O SIDA é a gran descoñecida entre as enfermidades do noso século. Gran descoñecida porque parece que a xente temos reparo a saber máis dela. Aínda somos moitos e moitas os que escapamos ou evitamos a alguén o saber que é posuidor dos anticorpos do SIDA. Moitos non sabemos nin tan sequera como se trasmite, e mentres tanto pensamos que por contactar cunha persoa posuidora desta enfermidade xa nos imos a contaxiar.
Eu cada vez que falo deste tema, férveme o sangue ó ver que a Igrexa Católica lonxe de axudar a que esta enfermidade non se propaguen como unha praga nos países menos desenvolvidos economicamente, parece que pon unha venda nos ollos e que deixa que día tras día morran centos de persoas. Parece mentira que a Igrexa siga xustificando que non se pode usar o preservativo mentres familias enteiras morren mentres se transmiten esta enfermidade. Menudos salvadores de almas...
A todo esto teño que dicir tamén, xa que ven ó caso, que hai uns meses en Ourense, cidade na que resido, houbo unha gran polémica polo cambio de ubicación da casa do Comité Anti-Sida. Esta é unha ONG que está a facer unha gran labor de concienciación e axuda tanto á sociedade en xeral como aquelas persoas que teñen o SIDA. A vella ubicación do Comité estaba na zona vella, nos viños, e cambiou para a Rúa Cabeza de Manzaneda (uns 200 m. máis arriba pero xa fóra do casco vello) e os veciños botáronse todos á rúa en contra da ONG porque como eles dicían íanlle encher o barrio de maricóns, putas e drogadictos.
Mentres hai xente que desinteresadamente se deixa o seu tempo, os seus cartos e a súa vida en axudar desinteresadamente ós demais, outros somos incapaces de que o SIDA non é unha enfermidade dos outros, é unha enfermidade que nos pode tocar a calquera. Sí, sí, a calquera...

martes, 27 de noviembre de 2007

Outro logro do conservadurismo paranoide made in USA

EEUU califica os primeiros capítulos de Barrio Sésamo como "para adultos".
A calificación en Estados Unidos das primeiras tempadas de Barrio Sésamo como “para adultos” provocou estupor entre os que nada dañino atopan nos capítulos dun programa que nos entretivo e educou a tod@s de cativos. Este feito reflicte o estado de paranoia colectiva no que se atopa EE.UU. dende fai uns anos. En España, alguns fixéronse eco desta triste nova parodiando vídeos deste vello programa, como se pode ver na web Dosmanzanas.
Se queredes ampliar a nova entrade aquí:
http://www2.elplural.com/politica/detail.php?id=15791

Comparar é bo.

¿Non cres que comparar é bo?
Cando falan as cifras pouco máis hai que dicir. Bota unha ollada ó balance do último goberno de Aznar e comparao co goberno de Zapatero. Creo que pouco máis hai que dicir.

jueves, 22 de noviembre de 2007

A opinión de Iñaki Gabilondo. Noticias 4, 21:00h Martes 20

A opinión de Iñaki Gabilondo sobre as manifestacións do 20-N.

Morreu o xenio



Morreu un dos máis grandes personaxes que ten dado a nosa cultura nos últimos anos, Fernando Fernán Gómez. Non pode mos dicir que este home era actor, nin director, nin escritor, nin... porque Fernando Fernán Gómez erao todo na cultura española.
Só por dar un breve repaso comentar que fora membro da Real Academia Española da Lingua, escribiu 11 novelas, 9 obras de teatro, 4 memorias, 2 libros de poesía, 9 ensaios, 2 libros infantís, 4 guións e 1 libro de relatos. Ademais dirixiu 27 películas e 4 series de televisión e participou como actor en 21 series e en 185 películas. Case nada, había anos que rodaba ata sete películas e aínda tiña tempo de dirixir outras e de escribir.
Pero aparte da cantidade, este xenio sempre será recordado por dúas cousas, polas súas interpretacións maxistrais e tamén polo seu "pronto". Foron sonadas algunhas reaccións de mala hostia que tiña.
Sempre será recordado por xeracións e xeracións de lectores, televidentes, cinéfilos e demais persoas.
Adeus xenio.
Nota: Caricatura de Vizcarra

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Con Z de Zapatero

SeguridaZ, CompetitividaZ, ProsperidaZ, ResposabilidaZ, EstabilidaZ, SolidaridaZ, CalidaZ, SensibilidaZ, IgualdaZ, DignidaZ, VelocidaZ, EquidaZ, AccesibilidaZ, CalidaZ, ...

martes, 20 de noviembre de 2007

Cristina López Schlichting adica unha sección na COPE a como curar a homosexualidade



A locutora da COPE, Cristina López Schlichting adicou a última sección de Amor e Sexualidade do programa "La tarde con Cristina" a falar da homosexualidade e como persoas que se declaraban gais e lesbianas conseguiran "sair" dela superando os seus problemas para experimentar a heterosexualidade.
Entre outras moitas cousas, no programa falaron de que algunhas das causas para ser lesbiana eran a obesidade, haber tido unha nai moi guapa, etc.
A explicación poético-psicolóxica das sexólogas alude en todo momento, para apoiar os casos que presentan a "factores alterados" dirante a pubertade, "anomalías no desenvolvemento" e "feridas afectivas", chegando a asegurar que descubrirse como homosexual xera sofremento. Ademais asegúrase que as persoas de "tendencia homosexual" teñen problemas para "aceptar a diferencia", e que outros poden pensar de maneira diferente ou ser doutro partido político.
Bueno un cúmulo de lindezas feitas por un grupo de persoas que son incapaces de comprender que non todos somos iguais e que hai moitas personas que na súa sexualidade optan por camiños distintos ós que elas escolleron. Unhas irrespetuosas e unas irresponsables que pensan que o ter unha alcachofa diante poder asegurar o que queiran ( ou o que lles digasn os bispos) sen temor a ser discutidas.
Se queredes escoitar o audio completo non tedes máis que pinchar neste enlace, non ten desperdicio.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Ogallá saias desta, amigo


Hoxe atragantouseme o almorzo. Ó pouco de chegar ó traballo deronme por teléfono unha terrible nova: Toño, o novo alcalde de Manzaneda, sofrera un derramo cerebral.

José Antonio Núñez Domínguez concorreu a estas eleccións como cabeza de lista do BNG e saiu elexido alcalde cos tres votos nacionalistas e os dous dos socialistas, con Herminio Cereijo á cabeza.

Onte, logo de vir dun incendio, atopouse mal (pensaron que era unha conxestión), pero ingresáronno no Hospital de Valdeorras, e logotrasladárono ó Complexo Hospitalario de Ourense.

Tiven a oportunidade de coñecer a José Antonio nestas eleccións e falamos varias ocasións despois da toma de posesión.

Teño que dicir que é unha persona con moitas ganas de traballar polo seu concello e con gans de mudar o tipo de política que viña facendo por Manzaneda. Tamén teño que dicir que foi o alcalde nacionalista que máis me gustou polo seu trato humano e amable.

José Antio, ogallá te recuperes, porque Manzaneda precisa de xente coma ti. Unha forte aperta.

A pregunta do millón



Por que en España está perseguido e penalizado, e nos escandalizamos cando alguén publica na portada dunha revista satírica unha viñeta sobre os Príncipes, e sen embargo non perseguimos, nin penalizamos nin tan sequera nos escandalizamos cando os ultras, os fascistas, os golpistas e toda esa clase de xente celebra que España houbese estado baixo o réxime dun golpista de ultradereita?
Esa é a pregunta do millón.
Espero que a partir de agora sexa moito máis difícil poder ver concentrada a esta xente sen que a Xustiza actúe.
Porque imaxino que según algúns partidos políticos están sempre prestos, raudos e veloces a escandalizarse polas concentracións que realizan os afíns ós terroristas bascos, tamén estarán prestos, raudos e veloces a escandalizarse e denunciarán as concenmtracións de estes nostálxicos das piores épocas na nosa historia.

domingo, 18 de noviembre de 2007

Por fin o fin...



Hoxe pode que por fin sexa o fin...
O fin?, preguntarédevos, o fin de que?
Pois o fin dunha infamia que se ven producindo ano tras ano por estas datas.
Os nostálxicos do réxime franquista veñen conmemorando todos os anos o pasamento do seu heroe particular, o golpista Francisco Franco.
Hai uns días acaba de aprobar o Congreso a Lei da Memoria Histórica, esa lei que non lle gusta nada á dereita española porque di que é unha lei que só vale para abrir unha fenda no noso País. Esta lei vai a servir para moitas cousas, e unha delas é para que no futuro nunca máis se poda conmemorar no Val dos Caídos o pasamento do dictador Franco.
A Lei da Memoria Histórica impide que o Val dos Caídos, ese gran soño que tivo Franco en vida, sirva para as celebracións do puñado de fascistas que queda en España. A partir de agora o monumento levantado con suor e sangue polo bando vencido na Guerra Civil servirá para honrar a todas as víctimas do franquismo e non para loar e alabar a un golpista xenocida que aínda hai algúns que añoran.
Cada día estou máis convencido da necesidade da posta en marcha da Lei da Memoria Histórica, aínda que só valia para esto, para poñer fin ás celebracións dos fascistas dun réxime que asasinou a moitos españois e que serviu para alonxarnos durante corenta anos dos avance do Mundo.
Como podemos ver na viñeta publicada por Manel no xornal Público, comézanlle a cair as plumas á galiña, ogallá pronto non quede ninguén que sinta nostálxia dunha época tan oscura do noso pasado

viernes, 16 de noviembre de 2007

SOS galego

Onte caiu nas miñas mans un artigo de Luís Ventoso publicado no xornal La Voz de Galicia titulado SOS galego. Por falta de tempo tiven que leelo a presa e correndo. Pero hoxe volvín a retomalo e leelo con calma, xa que o día anterior quedara un pouco preocupado polo que alí dicía.

Vouno a reproducir integramente e logo volto a facer uns comentarios.

Na casa do 80% da xente que agora ten 40 anos falábase sempre en galego cando eles eran nenos. Pero a presión abafante da ditadura provocaba que nas cidades os pais empregasen a lingua do país e os fillos respondesen en castelán. Era o resultado da idea, gravada a lume polo réxime, de que en galego non había futuro: era -¡que erro!- o idioma dos pailáns.
¿Resultado daquela terrible imposición? A maioría dos fillos de galegofalantes sen unha ideoloxía forte e que viven en cidades acabaron convertendo o castelán na súa lingua real: aquela que empregan case todo o día, aquela na que fan o amor e as risas.
A presión foi tal que hoxe o galego, que é o maior patrimonio cultural de Galicia, vai camiño de converterse en 30 anos nunha lingua litúrxica. ¿Exemplos collidos da vida real? Aí van algúns:
-En moitas comidas de traballo con xente próxima á Administración o xantar comeza en galego, pero en canto corren dúas copas de viño, toda a mesa acaba falando en castelán. Uso litúrxico do galego.
-No medio rural, a reserva do noso tesouro, o proceso de castrapación está chegando ao nunca visto: a xente di «o meu hermano», «a miña mano», «fun pola noche». O galego convértese así nun spanglish deturpado.
-Nas cidades, que é onde se vai marcar o futuro do país, os rapaces escolarizados ao 50% en galego no recreo falan todos... en castelán.
-A lingua literaria dos escritores non conecta coa realidade lingüística do país, onde ninguén di «grazas», nin «plantexamento». E cando a maioría dos mariñeiros galegos pronuncian «polbo» non se refiren precisamente ao pulpo .
-Dous dos tres líderes políticos de Galicia falan moitísimo mellor o castelán que o galego, onde teñen problemas.
Resumindo: o corte dos 40 anos de Franco deixou ao galego tremendo. A lingua quedou parada nun universo rural e resucitou nun futuro que é ciencia ficción comparado co mundo da corte e o sacho. Urxe un plan (amigable e despolitizado) para darlle folgos ao idioma. ¿Quen o ten? Non se albisca e, ademais, por desgraza, é case imposible torcerlle a man á realidade da rúa.

Eu vai para tres anos que por motivos que non veñen ó caso trasladei a miña residencia de Castro Caldelas para Ourense. Aínda que con anterioridade tiña moita relación coa capital da provincia e era raro a semana que non estaba catro ou cinco días nela, nunca me parara a reflexionar nun fenómeno que se dá na cidade.

Considero que en Castro Caldelas, o igual que no rural ourensán ó redor dun 95% da poboación entende o galego, e ó redor dun 75 ou 85% empregano no día a día. Na cidade pódese observar que o galego é máis empregado nos barrios periféricos que no centro ou nas novas urbanizacións, e tamén se pode observar que practicamente ningún menor de 18 anos emprega o galego como lingua de relación coas demais persoas. E digo practicamente ninguén, porque na cidade cóntanse os casos de cativos que podemos atopar falando en lingua galega cos seus iguais.

Ten razón Luís Ventoso de que commpre un plan amigable e despolitizado para darlle folgos ó idioma. Hoxe estanse a impartir o 50% das clases na lingua do país, os nenos entenden, leen e son capaces de falar en galego (de lata) correctamente, pero logo non o fan.

Hai pais que botaban e botan as mans á cabeza cando se lles di que hai que empregar o galego na escola. Eles respostan... hai que estudar máis inglés e menos galego.

Pero señores, sexamos serios... que unha cousa non quita a outra. Na Suiza teñen tres idiomas e estúdanse outros tres e non pasa nada. Os cativos saben falalos todos. Non teñamos medo ó que non se lle debe ter, e ademais temos o grande privilaxio de ter un patrimonio cultural que outros territorios non teñen, axudemos a conservalo e a difundilo, que elo faranos máis ricos culturalmente, intelectualmente, etc...

Non somos máis que ninguén, pero a nosa lingua fainos diferentes e máis ricos.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Isabel San Sebastián me pone...


Como se soe dicir habitualmente, a min é que Isabel San Sebastián me pone...
Me pone..., pero me pone de mala hostia. Non sei se a soedes escoitar a cotío ou a ledes cando escribe no xornal "El Mundo".
Esta muller leva anos e anos insultándonos a todos os socialistas dicindo que alimentamos e amparamos á banda terrorista ETA (fai falta valor), e agora síntese agraviada por que José Luis Prieto no seu blog lle chama fascista.
Teño que recoñecer que a min non me gusta moito empregar este termo á lixeira, pero hoxe acudín o diccionario da "Real Academia de la Lengua Española" e na súa terceira acepción dí que é fascista aquela persoa que sexa excesivamente autoritaria.
Pois ben, eu dende aquí teño que dicir que Isabel San Sebastián non está moi lonxe de cumprir tal definición, polo tanto non debería de espantarse porque lle chamen así.
Sei que esto haberá a xente que non lle agrade pero a min paréceme que non está tan lonxe da realidade...

miércoles, 14 de noviembre de 2007

A min non me fallou...

Dende logo, a min non me fallou. Eso sí, queda moito por facer

martes, 13 de noviembre de 2007

Rescatar a memoria, honrar ás víctimas

Non acostumo a facer o que de seguido vou facer, pero sempre é bo ter algunha excepción. Hoxe quería falar da Lei de Memória Histórica, a raiz dunha crítica (moi constructiva, por certo) que Josef K. fai nunha entrada do venres 9 de novembro titulada "O 11-M e as verbas de Aznar seguen coleando", e non atopei mellor maneira de falar do tema que reproducindo integramente un artigo de Gaspar Llamazares Trigo, Presidente portavoz do Grupo de IU-ICV no Congreso.
Nel tamén verte unha serie de críticas sobre o PSOE, as cales non comparto, pero deixovolo aquí porque me parece dun gran interés.
Francisco Franco, caudillo de España, debe de estar revolviéndose en su tumba”. Con esta frase comenzaba The Economist un artículo sobre la ley de Memoria Histórica. El Congreso, por fin, la aprobó con el apoyo de una amplia mayoría. Sólo el PP y ERC se han quedado fuera del acuerdo, por distintos motivos. Pero el camino hasta llegar aquí no ha sido de rosas.
En el debate de investidura de 2004 obtuvimos del presidente del Gobierno el compromiso de aprobar una ley de Memoria en la presente legislatura. Para respaldar nuestra propuesta, el Grupo Parlamentario de IU-ICV presentó ya aquel año su proposición de ley. Pasó el tiempo y hasta julio de 2006, cuando ya no tenía más remedio, el Gobierno no presentó su propuesta, tardía, descafeinada e injusta con las víctimas.
El Ejecutivo socialista partía de un planteamiento histórico erróneo, de una falsa equidistancia entre las “dos Españas”, al definir a la República legítima como un “bando” similar al de los golpistas que se sublevaron contra ella. El texto se limitaba a defender un concepto reducido a la memoria personal y familiar de cada individuo, exonerando al Estado de su responsabilidad de impulsar políticas públicas para la recuperación de la memoria democrática. Aquel proyecto inicial reconocía la supuesta legalidad de los tribunales represivos. Además, a las víctimas y a sus familiares que reclaman justicia y reparación les invertía la carga de la prueba y les forzaba a comparecer ante un Comité de Notables para demostrar que las ejecuciones, condenas y sanciones fueron injustas.
Sordo a las protestas y descontento de las víctimas, el PSOE dilató su tramitación por meros cálculos electorales y de oportunidad política. Existía un riesgo evidente de un nuevo cierre en falso, como ocurrió en la transición. Entonces se consideró que era demasiado pronto. Ahora, que demasiado tarde. En palabras de José Antonio Martín Pallín: “Más que una ley parecía un conjunto de paliativos, seguramente bienintencionados, pero desoladoramente ajenos a cualquiera de los valores que son el nervio de nuestra Constitución”.
A nosotros nos hubiese resultado más fácil encastillarnos en nuestra propuesta y acabar la legislatura sin aprobar la ley, arrojando sobre el PSOE la responsabilidad del fracaso. Pero al oportunismo electoral de algunos le pusimos el contrapunto de la responsabilidad histórica. Era ahora o nunca, pero no a cualquier precio.
Tras varios meses de incertidumbre, el acuerdo básico del pasado abril entre IU-ICV y el PSOE desbloqueó una ley que muchos ya daban por enterrada. Se le dio un vuelco total y el resultado está a la vista. Tal y como han reconocido observadores imparciales y analistas políticos, nunca un grupo tan pequeño ha influido tanto, arropado en el peso de nuestra rica memoria antifranquista y el de las organizaciones de la Memoria.
Estamos ante una ley histórica, la primera que condena tajantemente la última dictadura y anula las bases jurídicas de la represión. Destaca la derogación expresa de los bandos de guerra y de las normas dictadas bajo la dictadura desde julio de 1936 hasta 1975, manifiestamente represoras y contrarias a los derechos fundamentales. Su objetivo es doble: proclamar su formal expulsión del ordenamiento jurídico e impedir su invocación por cualquier autoridad administrativa y judicial. La ley declara la ilegitimidad de los tribunales franquistas y sus sentencias, es decir, su nulidad de hecho. Ello servirá como instrumento jurídico para quienes quieran utilizarla ante los tribunales en las reclamaciones de anulación de sentencias, sin que los jueces puedan invocar normas de la dictadura para rechazarlas. Por nuestra parte, además, pediremos al fiscal general del Estado que inicie de oficio los recursos de revisión de sentencias.
Del proyecto inicial del Gobierno hicimos desaparecer las referencias a los dos bandos y el Comité de Notables, y facilitar el acceso a la documentación de los archivos. Por primera vez en democracia se honra a colectivos de luchadores por la libertad que nunca habían sido reconocidos: los guerrilleros, el Cuerpo de Carabineros o los militares de la clandestina UMD, excluida de la Ley de Amnistía por temor al “ruido de sables”. También se proclama la injusticia que supuso el exilio y se reconoce el derecho de los exiliados y de sus descendientes directos a recuperar la nacionalidad española.
El Estado está obligado a garantizar que las víctimas sepultadas en cunetas y fosas comunes donde yacen en el anonimato sean identificadas y enterradas en los cementerios. La norma establece la responsabilidad de las instituciones sobre las exhumaciones, símbolos y archivos. Con la ley en la mano, los alcaldes podrán retirar los símbolos de la sublevación militar y la dictadura. El Valle de los Caídos ya no podrá ser escenario de actos de exaltación, aunque el PSOE –mediante un pacto con CiU y el apoyo del PP– descartó transformarlo en un espacio de explicación de la represión franquista.
Sin duda estamos ante una ley de reconocimiento, no de venganza. Los partidarios del silencio y el olvido también lo son de la impunidad. Se entiende que quienes, como Mayor Oreja, vivieron el franquismo con naturalidad y placidez no quieran remover el pasado. A la derecha no le interesa contar la historia como fue. Mientras el franquismo ensalzó y sacralizó a las víctimas de su propio bando, excluyó a los demócratas de la memoria pública de los españoles.
Asumir la herencia del pasado no es fácil, pero esta ley debe servir para promover la confianza, con la voluntad de reforzar la democracia asumiendo los errores y los horrores del pasado. Rescatar la memoria de aquellos lamentables episodios y honrar como se debe a las víctimas olvidadas ha de servir de lección para el presente y para el futuro de la democracia española.

Cinco anos despois do afundimento do Prestige

As veces Aznar, ten razón, pero só as veces..... (Viñeta de Manel Fontdevila publicada en Público o domingo 11 de novembro de 2007, quinto aniversario do afundimento do Prestige fronte ás costas galegas)

O cambio climático, Al Gore e a miña amiga Susana

A verdade é que tardei varios días en falarvos sobre este tema, pero ahí vai. Esta rapaza da foto é Susana Bayo Besteiro, unha boa amiga miña, natural de Guitiriz pero ourensana de adopción (creo que a esta adopción contribuiu moito Lalo G. Rosales). Vouvos contar parte da súa historia, que por certo sae publicada na edición de Ourense do xornal La Voz de Galicia do 11 de novembro. Susana é Física especializada en Atmósfera e Medio Ambiente, aínda que exerce como profesora de autoescola. Nestes días tivo a enorme honra de ser unha das 200 líderes invitadas por Al Gore para converterse en "Apóstolos" contra o cambio climático.
Xa que se converteu en Apóstolo, esta fin de semana estivo coa súa parella, Lalo, no Vaticano rogando porque non se produzca dito cambio climático.
Agora en serio, todos os meus parabéns por terte convertido nunha das 200 persionas elexidas para que nos concienciedes ó resto da poboación sobre todo o dano que estamos contribuindo a facer os humáns ó lugar onde vivimos, e xa che farei un seguimento pormenorizado de todas e cada unha das conferencias que a partir de agora comeces a dar para concienciarnos.
Un bico e ánimo para seguir con esta labor tan importante.

Parabéns por un gran aniversario


Nesta fin de semana de San Martiño e magosto, un dos nosos máis ilustres veciños de Ourense cumpría 25 anos (aínda que pareza que ten algún máis). O Carrabouxo, ese entrañable e avispado personaxe que cada día nos alegra as mañás dende o xornal La Región cumpre un cuarto de século.
Corría un 10 de novembro de 1982, aquel ano do "Naranjito" e dos mundiais de fútbol en España cando Xosé Lois González comezaba a andaina en "La Región" co Carrabouxo.
Dende este portal quero mostrarlle o meu máis cariñoso afecto por ternos feito rir e reflexionar tantas veces coas ácedas críticas que fai sobre o día a día.
Unha aperta para Xosé Lois e outra para o Carrabouxo.

viernes, 9 de noviembre de 2007

O 11-M e as verbas de Aznar seguen coleando

Gallego & Rey no xornal "El Mundo" de hoxe ensinannos cal é o número primo do presidente doPartido Popular, Mariano Rajoy.


Pinto & Chinto no xornal "La Voz de Galicia" amosanos como a teoría da conspiración, que estaba morta e enterrada, parece que revive da man de Jose María Aznar.


Pois nada, que o PP parece que segue erre que erre e dalle que dalle co seu raca raca. Está visto que esto é o único que saben facer. Levantar pantasmas e meterlle o medo no corpo á xente. Como é que non está a facer propostas de goberno nas vésperas das eleccións xerais?

Que pouco sentidiño, Rajoy segue á sombra de Aznar e coa alma vendida a Zaplana e Acebes.




martes, 6 de noviembre de 2007

O patriotismo de Rajoy



Disculpade porque hoxe abuse do humos gráfico de Rubio Cartoons, pero é que descubrir o seu blog hai pouco e pareceume que esta viñeta era digna de publicala no Caldelaodecaldelas.
O tema xa está un pouco pasado, pero a montaxe non ten desperdicio.
Visitade o blog de Rubio Cartoons e disfrutade de máis humor gráfico. A risa é moi boa.

Unha visión distinta da campaña con Z de Zapatero


A viñeta é propiedade de Rubio Cartoons e podédela atopar no seu blog.
A verdade é que en canto a vin non puiden resistirme á tentación de publicala no meu blog.
Encántame a visión que fai da campaña do PSOE con Z de Zapatero, pero o que máis me gusta e a cara de Rajoy, parece que acaba de recibir os resultados das últimas eleccións xerais.

Campaña de Amnistía Internacional ¿Sabes a que se xoga na China?



Amnistía Internacional acaba de poñer en marcha a campaña ¿Sabes a que se xoga na China? sobre a violación dos dereitos humanos neste país asiático. Se queres colaborar non tes máis que entrar neste enlace e asinar: Campaña Amnistía Internacional.
Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 son un escaparate a través do cal a China quere ensinarse ó Mundo. Pero, ¿que é o que quere ensinar exactamente?.

En Amnistía Internacional están seguros de que o goberno chinés non desaproveitará a ocasión para exhibir a puxanza económica do seu país, o seu desenvolvemento tecnolóxico, a súa gran capacidade organizativa… e tampouco cabe ningunha dúbida duda de que fará todo o posible para ocultar a outra realidade da China.

Alí prodúcense máis execucións que en ningún outro lugar do mundo, e a pena de morte aplícase sobre 68 delictos con prácticas tan escalofriantes como a extracción inmediata dos órganos dos executados.

Tamén se reprime ós xornalistas, censúrase Internet (entre outros, e aínda que non pareza verdade, o meu blog), encadéase e tortúrase por delictos de conciencia... As propias autoridades chinesas prometeron melloras nos dereitos humanos se a súa candidatura olímpica era elexida: agora deben ensinarlle ó mundo que cumplen esa promesa.

Moit xente, dentro e fora da China, espera que os Xogos Olímpicos impulsen unha era de cambios no xigante asiático, pero necesítase moito máis para mover a ese xigante. Por eso bota unha man e únete á campaña.

lunes, 5 de noviembre de 2007

O PP de Castro Caldelas vota en contra do arranxo das estradas á Teixeira e a Chandrexa de Queixa

Que vergoña.
Eso foi o que sentín hoxe no Pleno extraordinario que celebramos no Concello de Castro Caldelas. Vergoña allea.
O Grupo Municipal Socialista presentamos unha moción para esixirlle á Deputación de Ourense que deixe de discriminar ó noso Concello e que arranxe as estradas provinciais de Castro Caldelas a Celeiros e a do Ivedo á Teixeira, e en particular as pontes do Ivedo e de San Martiño.
Bueno, pois os do PP, nin curtos nin perezosos, votaron a moción en contra. Pero é máis, non quixeron dar ningún tipo de explicación e eludiron o debate.
Podemos ver claramente que o portavoz do PP e os seus concelleiros antepoñen a súa sumisión o "Padre Protector" do PP, José Luis Baltar ante os intereses de todas e todos os caldelaos.
Logo así lles vai nas eleccións, pero eles din que cada vez a cousa vai mellor para o Partido Popular en Castro Caldelas.

viernes, 2 de noviembre de 2007

Todas e cada unha das mentiras do PP sobre o 11-M

Tiña pensado non escribir nada máis sobre o tema do 11-M xa que me parece cansino. Baixo o meu punto de vista non hai nada máis que falar nin nada máis que discutir. Eu creo que todo o mundo no PP sabe quen cometeu os atentados, aínda que sigan tendo que sementar a dúbida xa que senón caeríase polo chan todo aquelo no que basearon a súa política durante estes últimos tres anos e medio, pero bueno imos aportar un interesante documento.
Hoxe recibín un correo electrónico de Xosé Lois Carrión, o republicanos máis grande de Ourense (digo polo seu convencemento e tamén pola súa talla, ;-) ) no que facilitaba un documento que está colgado na web de los genoveses. Para quen non conozca a páxina en cuestión non lla recomendo se algunha vez na súa vida se lle ocorreu votar á dereita.
Para ver o documento en cuestión, que é un compendio das frases con que os dirixentes do PP nos foron obsequiando durante todo este tempo referentes ós atentados do 11-M. Non teñen desperdicio.
Para elo entrade na web de Los Genoveses, logo ide ó apartado 11-M: Frases genovesas de usar e retener, e para rematar baixadevos ó arquivo en formato Pdf.
Ver para crer.

jueves, 1 de noviembre de 2007

Forges díceo todo

Co permiso do grandísimo Forges reproduzo a viñeta que hoxe publica co diario El País e que creo que resume á perfección o que foi a infamia sostida polo PP respecto dos atentados do 11-M.

miércoles, 31 de octubre de 2007

Hoxe remata a gran falacia do Partido Popular

Hoxe por fin rematou a gran mentira do PP, esa que nos intentaron facer crer dende o 11-M ata o día das eleccións do 14 de marzo de 2004, esa mesma que día a día se encargou Pedro J. Ramírez e Jímenez Losantos (altavoz dos bispos), esa mesma que alimentaba Aznar, Acebes, Zaplana, Martínez Pujalte e Esperanza Aguirre, esa mesma ante a que Rajoy uns días se mostraba ambigüo e outros días axudaba a que medrase.
HOXE REMATA A GRAN MENTIRA DO PP DE QUE ETA TIVO ALGO QUE VER NOS ATENTADOS DO 11-M DE MADRID.
Hoxe remata a fabulación, a cospiración a mentira e a falacia do PP da COPE e do diario El Mundo.
Todos os líderes políticos de distinto signo se mostran satisfeitos porque por fin o xuiz diga alto e claro o que xa todos sabiamos, pero segue a haber un partido que aínda sementa a dúbida. Rajoy aínda pide que se siga investigando.

Se teñen algo de vergoña, estes señores deberían recoller os bártulos e irse para a casa. E os bispos se tiveran o máis mínimo decoro hoxe mesmo deberían retirar dos micrófonos da COPE a Jiménez Losantos.

Aquí vos deixo unhas cousiñas relacionadas con este tema por se vos interesan.

Comunicación do Presidente do Goberno sobre a sentencia do 11-M.

Declaración do Presidente do PP sobre a sentencia do 11-M.


martes, 30 de octubre de 2007

Acto de inauguración do Curso Galicia vista polo Dereito


Fotografía do acto inaugural do Curso Galicia vista polo Dereito adicado a Manuel Casado Nieto, Claudio Movilla e Orencio Pérez, tres xuristas caldelaos que foron uns grandes promotores da lingua galega no mundo xudicial.

Na mesa están de esquerda a dereita Xosé González Martínez, secretario da Asociación de Funcionarios; Carlos Varela, Fiscal Xefe de Galica; Eladio Osorio Castro, Alcalde de Castro Caldelas; Begoña Santos Fernández, Directora Xeral de Xustiza; Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación da Universidade de Vigo e Inés Celia Iglesias Canle, decana da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo.

Entre os asistentes estiveron moitos familiares dos homenaxeados, xuíces, fiscais, avogados, estudantes e outras persoas.

Asistiron tamén ó curso Olegario Sotelo Blanco, Pefecto Andrés Ibañez, Xosé Manoel Salgado, Xosé Xoan Barreiro, Ramón Villares, Marisol López Martínez, Elisa Polanco, Jesús de Juana, Luís García Mañá...

Logo procedeuse a descubrir un monolito na parte de abaixo do parque da igrexa en homenaxe ós tres xuristas.

lunes, 29 de octubre de 2007

Menudo día



Onte volveu a haber eleccións municipais na Arnoia. Volvéronse repetirdebido a un fraude producido ó día da súa convocatoria oficial. Naquela data a presidenta da mesa, por orde do alcalde do Concello introduciu na urna un feixe de votos que non eran válidos, coa nosa postura en contra. Esto costoulle a Rogelio Martínez non poder ser elexido alcalde ata o de agora. Pero o que máis lle doe é que non puido ser elexido deputado provincial e polo tanto vicepresidente da Deputación.
O día foi moi longo e a tensión moita. Digamos que estabamos en territorio "hostil". Repetíronse as eleccións e repetíronse os resultados: 7 concelleiros para o PP, 1 para o PSOE e 1 para o BNG. Aínda que nós quedamos a 2 votos do segundo concelleiro.
A verdade é que un quédase estupefacto o poder observar de preto a maquinaria electoral que Rogelio Martínez ten montada tanto na Arnoia como no exterior.
Na urna chegaron a entrar tantos votos de emigrantes como de residentes e mentres que os votos dos residentes eran case parexos para o PP e a suma do PSOE e BNG, os da emigración foron 186 para o PP, 23 para o PSOE, 7 para o BNG e 1 branco.
Para o PP entraron na urna 186 votos da emigración e só 179 de residentes. Está claro que Rogelio ten montado en Uruguay e Argentina un "tinglado" que o día que alguén llo dea desmontado este señor deixa de ser alcalde dun dos concellos máis bonitos de Galicia

25 anos despois

Onte fixéronse 25 anos do triunfo do PSOE e Felipe González nas Eleccións Xerais de 1982.
Estas foron un punto e aparte na historia da democracia española. Por primeira vez dende o nacemento da democracia vencía o Partido Socialista.
Os resultados catapultaron a Felipe á presidencia do goberno co respaldo máis grande acadado nunca por un líder político nunhas eleccións a Cortes.
202 deputados do PSOE, 107 de AP-PDP, 12 de CiU, 11 de UCD, 8 de PNV, 4 do PCE, 2 do CDS, " de HB, 1 de ERCe 1 de EE. Estas eleccións supuxeron o descalabro de Adolfo Suárez e da UCD, que perdeu 157 deputados, o PSOE gañou 81 e AP-PDP 97. O PCE tamén foi un dos grandes derrotados ó retroceder 19 deputados.
Este día foi un gran paso adiante na historia da democracia española.
Pódedes profundizar máis no tema lendo este artigo de Joaquín Estefanía no diario El País, ou ver este especial do diario El Mundo.

sábado, 27 de octubre de 2007

A sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven para Ourense

Hoxe os/as socialistas da provincia de Ourense celebramos unha convención de cargos públicos socialistas como vimos facendo todos os anos. Unha vez máis o acto celebrouse no Auditorio de Ourense.

Lembro que a última vez que fixemos un acto nesta mesma sala, o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño anunciou a gratuidade da autoestrada AG-53 Ourense-Lalín. Un avance importantísimo no reequilibrio territorial de Galicia. Teño que dicir que o goberno do Partido Popular contemplaba esta vía de comunicación con peaxe como xa fixera co treito de Lalín a Santiago de Compostela.

Pois hoxe Touriño deunos unha nova que esperabamos con gran ansiedade na sociedade ourensana: A sede da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que se vai a crear nuns meses vai a vir para Ourense.

Lugo, A Coruña e incluso outras cidades e vilas pugnaban por levar a sede para o seu territorio, pero ó final co traballo de xente como Pachi Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente a Confederación vaise ubicar na cidade da Burgas.

A parte do feito testimonial de que estea nesta cidade, hai unha vertente económica, que é que na Confederación van traballar ó redor de 150 personas, e polo tanto esto vai influír positivamente na economía da provincia.

No acto podemos ver na foto que estiveron Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSOE na Deputación), José Benito Reza (Director Xeral de Conservación da Natureza), Miguel Fidaldo (Secretario de Organización do PSdeG-PSOE en Ourense), Laura Seara (Deputada Autonómica), Paco Rodríguez (Alcalde de Ourense), Emilio P. Touriño (Presidente da Xunta e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE), Ricardo Varela (Conselleiro de Trballo e Secretario de Organización do PSdeG-PSOE), Pablo López (Deputado Autonómico),Conchita Camiña (Delegada de Presidencia), Paco Fumega (Delegado de Medio Ambiente), Luis Milia (Alcalde de Carballeda de Avia), Eladio Osorio Castro (Alcalde de Castro Caldelas), Carlos Montes (Alcalde de Carballiño), Ana Garrido (Concelleira de Ourense), Marga Martín (idem), Aurea Soto (idem), María Devesa (idem),Agustín Fernández (idem), Eladio Fernández (deputado provincial e concelleiro en San Cibrao das Viñas), Celso Fernández (Alcalde de Maside), Carmen R. Dacosta (Delegada de Traballo), etc.
Mentras tanto falaba Manuel "Pachi" Vázquez Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense e Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O vídeo orixinal das declaracións de Rajoy

Mira e xulga. A ver que che parece.

viernes, 26 de octubre de 2007

Primo non hai máis que un

Primo non hai máis que un

Díxome o meu primo


Esto é o que me dixo o meu primo.

Galicia vista polo dereito, en Castro Caldelas



Na próxima semana, do luns 29 ó mércores 31 celebraránse en Castro Caldelas as xornadas Galicia Vista polo Dereito.

Posiblemente as mellores xornadas celebradas nunca en Castro Caldelas.

Entre outros ven Conde-Pumpido.

Aquí vos deixou o programa

jueves, 25 de octubre de 2007

Sarko chámalle tonto a Rajoy



Sarkozy, o presidente de Francia, chamoulle hoxe tonto a Rajoy por obviar os danos que producimos os humáns no planeta.

En tono xocoso dixo que sin citar nomes e sin referirse a ninguén en concreto só lle merecía o calificativo de tonto aquel que non fose capaz de ver que hai unha serie de datos reais que avalan as teses de Al Gore.

Rajoy e o seu primo, non son só o centro das risotadas de España, senón que se rin delesen todo o Mundo.

Este é o líder cósmico da dereita española. Como diría Sarkozy "C'est la vie"

miércoles, 24 de octubre de 2007

"A esquerda ó longo da historia ten demasiadas cousas das que avergoñarse" José Mari dixit


José Mari I "de las Españas" volvenos a sorprender a todos/as. Acaba de publicar un novo libro que se titula "Cartas a un joven español". Que rancio sona, non?
No libro simula contestar unhas cartas que lle escribe Santiago, o mozo español. A min esto levame a lembrar os libros que empregaban de texto que empregaban os nosos pais e nais nas escolas baixo o réxime de Franco.
Sabedes que é moi raro que escriba neste blog en castelán, pero hoxe vouvos a transcribir literalmente, na lingua de Cervantes, algunhas pasaxes do libro de Jose Mari I "de las Españas".
Xulgado vós mesmos/as:

Sobre la "izquierda real": "El comportamiento de la izquierda a lo largo de la historia tiene demasiadas cosas de las que avergonzarse".
Sobre ser "facha": "Me dices que califican tu postura de 'facha'. Pero tú tranquilo. No sé qué haría cierta izquierda si no tuviese a mano la palabra 'facha' para utilizarla cada vez que no sabe muy bien qué decir".

Sobre su llegada al Gobierno: "La tasa de paro era del 24%. Entre los jóvenes, esa misma tasa de paro llegaba nada menos que el 50%. La de las mujeres era del 35%. Todo muy 'social'. Más bien, muy socialista".

Sobre el nacionalismo: "El nacionalismo simplifica y reduce la acción a una dimensión única, la defensa de la nación (...) El nacionalismo ha sido uno de los peores enemigos del pluralismo (...) es alérgico, cuando no contrario, al pluralismo (...) una trampa en la que no hay que caer".

Sobre la negociación: "Hay que ser optimistas, como lo fuimos en 1996 con el terrorismo de la banda ETA. Nadie pensaba entonces que fuera posible romper el espinazo de la banda mafiosa y terrorista y, en 2004, estaba ya prácticamente muerta (...) Por suerte, hasta 2004 las cosas se hicieron bien y espero que el apaciguamiento no nos haya hecho retroceder demasiado".

Sobre la educación: "Lo que se ha puesto en marcha es algo que no tiene nada que ver con la transmisión del saber, y sí con una voluntad (...) de adoctrinamiento nueva en los países democráticos (...) La escuela tiene que infundir en los alumnos el respeto a los valores cívicos (...) pero eso no quiere decir inculcarles una ideología".

Sobre la familia: "No me parece correcto que se le dé el carácter de matrimonio a una unión que no sea entre un hombre y una mujer. Es algo respetable, pero no forma un matrimonio. Ni equivalente, ni alternativo (..) No sé, y creo que nadie lo sabe, qué pasará cuando un niño o una niña no puedan llamar padre ni madre a quienes se dicen sus progenitores pero que en muchos casos no lo van a ser. No sé si se están anteponiendo los sueños de los adultos a los derechos, esta vez muy reales, de los niños".
Por certo, esto non é unha coña, aínda que volo poda parecer. É real, ó igual que as tonterías de Rajoy sobre o cambio climático.
Que xentiña...

Segue a xira


A nosa particular xira segue sen parar por todas as comarcas de Ourense. Hoxe tocounos O Ribeiro. Fixemos un acto de partido para analizar a situación comarcal e as vindeiras eleccións xerais entre outras moitas cousas.
A actividade desenvolveuse no Pazo Abadía Caldaria de Arnoia. Como recibimento o alcalde encheu o camiño dende o pobo ata a abadía de carteis en contra do parque ambiental. Rogelio Martínez tennos acostumados a este tipo de manifestacións moi propias do sur de Italia. É o Martínez "El facha" particular desta provincia.
Por certo, o domingo vólvense a celebrar eleccións municipais na Arnoia logo de que a Xustiza o ordenase debido as irregularidades levadas a cabo por este elemento do PP sobre o voto emigrante.
Sabemos que está moi difícil mellorar os resultados, pero eu aposto a que aínda gañamos un concelleiro máis. O domingo saberémolo. Ánimo Jorge.