martes, 3 de julio de 2007

Exercicio de habilidade: Acerte antes de 30 segundos cal destas dúas fotos pertence a unha das múltiples manifestacións do Partido Popular.

Fotografía 1
Fotografía 2

Nenos iraquís xogan a executar a outro

Fotografía de Associated Press tomada estes días en Iraq. Creo que non compre ningún cometario sobre ela. A dureza e a crudeza da imaxe díceo todo.
Pero como pode haber señores que durman tranquilos, logo de ser eles o detonante de toda esta historia que semella máis unha película de terror que a realidade do século XXI.
Está clara a importancia da fotografía, fai revolver as conciencias dunha maneira que a un só lle quedan ganas de intentar ver a Bush, Blair e Aznar, plantarse diante deles e dicirlles ben alto: ASASINOS. Pero creo que a estas alturas xa llo terán dito moitas veces e a eles seguro que lles dá o mesmo.