miércoles, 26 de marzo de 2008

Xa estou aquuiiiii..............




Xa estou aquí de novo. Algúns pensaron que xa abandoara esto do blog, pero non. Non foi así. Tan só me tomei uns días de relax, tranquilidade e de romper un pouco con todo o que viña facendo ata o de agora.


Esta era a miña terceira campaña electoral con responsabilidades a nivel provincial. Pensei que todo ía ser máis doado, pero nada máis lonxe da realidade. Esta foi a campaña que peor levei. Esto de que a veteranía é un grao, non se deu esta vez.


Foron infinidade de quilómetros pola provincia, mitines, actos, visitas, etc... Coma sempre aprendín moito e puiden compartir moitos momentos con persoas moi interesantes. Pasei moitos día con Elena Espinosa, a nosa candidata, e puiden ver de preto o volume de traballo que é capaz de desenvolver unha persoa. Non para de traballar nin un segundo.

Tamén compartín momentos con Cristina Narbona, Diego López Garrido, Mariano Fernández Bermejo, etc... Cuns máis e con outros menos, pero programamos actos con todas e todos os conselleiros socialistas. Pero hai unha persoa coa que tiven oportunidade de estar e que é un vello coñecido e amigo meu (dende cativo), Antolín Sánchez Presendo, unha persoa pola que profeso unha grande admiración e lle teño un gran cariño.

Os resultados foron inmellorables: o PSOE gañou en Castro Caldelas, na comarca gañouse en catro concellos e noutros catro a subida foi espectacular. Na provincia de Ourense deuse un gran volco e acadouse o segundo deputado (foi unha das provincias que Zapatero puxo como exemplo na última executiva). Acadouse o goberno do estado cunha ampla e mellorada maioría.

A verdadee que foi unha gran victoria.

Tamén teño que dicir que estou moi alegre porque un moi bó amigo meu acadou un escano como senador: Miguel Fidalgo Areda, un traballador incansable que seguro que acadará grandes logros para esta provincia.

Pero bueno, estes días ireivos contando máis cousas e ensinado algunhas fotos da campaña.

Dende aquí as gracias para todos e todas as que axudástedes a que España siga gobernada por un presidente socialista.

Noraboa a todos e a todas e unha aperta

domingo, 9 de marzo de 2008

Falta media hora....


Falta media hora para coñecer os resultados destas eleccións xerais e só vós podo dicir unha cousa. Teño unha dúbida sobre os resultados electorais. A cousa só pode sair ben ou moi ben para PSOE.

En Ourense imos a sacra os dous deputados que preveiamos e creo que en España imos a quedar vinte deputados por riba do PP.

Imos estar ó carón da maioría absoluta.

Só quedan uns minutos para dar o resultado final e imos ver se non fallo moito nas miñas previsións...

viernes, 7 de marzo de 2008

O 9-M, Vota



Despois do vil e cruel asasinato de hoxe, agora só nos queda a todas e todos os demócratas responderlle a ETA co noso voto.
Por eso sexan cales sexan as túas inquedanzas políticas, o 9 de marzo respóndelle a ETA indo a votar. Son as únicas armas que todos e todas nós podemos empregar contra os asasinos.
Unha aperta moi grande para aqueles e aquelas que loitan pola democracia e pola liberdade de expresión en calquera país do Mundo, que profesen calquera relixión e que militen en calquera partido político.
As ideas só se defenden cunha arma, coa razón, pero nunca cunha pistola.
Isaías, hoxe todas e todos os socialistas, pero o que é máis importante, todos e todas as demócratas te levamos no noso corazón.