Suiza é un país que me sorprende. É un país que me sorprende enormemente, para o bó e para o malo. Tiven oportunidade hai un ano de percorrela de cabo a rabo: Locarno, Gotthard, Altdorf, Luzern, Basel, Bern, Geneve, Zurich, Laussane, Schaffhausen, Kreuzlingen, Interlaken, Spiez, Thun, Lauterbrunnen, etc. e a verdade é que viñen maravillado. Tamén me chamou sempre moito a atención da historia, a relixión (luteranismo maioritariamente) e o sistema político helvético. Suiza sempre estivo no centro de todo, sen mollarse, e gracias a este posicionamento (que non comparto en moitísimos casos) souberon aproveitarse e beneficiarse do seu en múltiples cuestións.
Suiza, históricamente, sempre foi un país moi aberto cara os inmigrantes. Cando visitas calquera cidade podes atoparte con xente de todos os recunchos do planeta que foron hasta a Confederación Helvética en busca de traballo. A colonia galega é moi numerosa, e non hai máis que darse unha volta polas principais cidades para ver caixas de aforros galegas, restaurantes galegos, centros galegos, etc.
É un país moi heteroxéneo formado por 23 pleno cantóns e 6 semi-cantóns onde se falan catro linguas diferentes. Culturalmente, xeográficamente e políticamente son moi diferentes uns doutros. Pero sempre souberon atopar ese punto intermedio para chegar a entendementos.
As competencias dos gobernos cantonais son moi amplas. A autonomía cantonal é tan ampla que cada cantón ten a súa propia constitución, dun goberno autónomo, un parlamento e tribunais xudiciais propios.
A autonomía cantonal e os poderes de decisión son moi extensos. Un dos poderes máis importantes é a autonomía fiscal: os cantóns son soberanos en cuestións ficais e, ademáis, posúen a súa propia autoridade policial.
Pero duns anos cara aquí Suiza está a coller un rumbo un pouco errático influído pola forza que cobra o seu partido de ultranacionalista de extrema dereita UDC-SVP.
Neste post que escribín en outubro do 2007 podedes ver cal era a cartelería xenófoba que presentaban nas eleccións confederais. Este partido que ten unha gran presenza nos cantóns de fala alemana é un claro exemplo da política máis conservadora de Europa que rexeita todo aquelo que non sexa familia, patria e tradición (pero entendido á vella usanza).
Os/as suizos recurren en múltiples ocasións a inicitaivas populares e a referéndums, en ocasións sobre temas moi serios e outras sobre custións máis banais.
Nesta última fin de semana celebrouse un sobre si poderían seguir proliferando os minaretes nas mezquitas levantadas en solo helvético (ata agora hai catro) é gañaron por ampla maoiría e contra todo pronóstico os promotores da prohibición.
Parello a este celebrábase outro referéndum sobre si Suiza debería seguir exportando armas de guerra a terceiros países, e os helvéticos deron un claro sí á proliferación e venda armamentística.
Preocupante, moi preocupante a deriva que está a tomar este país. Eu son un firme defensor de que dentro das escolas ou na administración pública non se faga ostentación da simboloxía relixiosa. Pero defendo esa postura, precisamente, porque creo que a relixión e a súa simboloxía debe de ter cabida nos centros relixiosos.
Deberían entón destruirse todos os campanarios que hai en Suiza? Eles respostarán que non porque Suiza é maioritariamente cristiana luterana. Pero, entón debería prohibirse que se erixira unha igrexa con espadana en solo turco ou marroquí? Se esto chegase a ocorrer todos/as os/as occidentais botariamos as mans á cabeza acusando ós/ás musulmáns de radicais e talibáns.
Abramos os ollos, nós estamos a facer o mesmo. E eu creo que os radicalismos só conducen a que os que non pensen coma nós se radicalicen máis. Suiza que sempre foi un país que se xactou por saber negociar e estar no medio de grandes polémicas internacionais agora toma un rumbo moi dubidoso.
Que nos lles extrañe que mañá países como Irán, Mauritania, Indonesia ou Exipto reclamen que a sede do COI, CCI (CNUCED/OMC), CINU, CNUCED, HCR, HCDH, UNRISD, UNITAR, UNIDIR, etc.. porque non consideran a Suiza un país neutral.