Teño que recoñecer que levo moitísimo tempo de sequía bloguera, pero esto vai a rematar aquí. Por diversos motivos non estiven escribindo no meu blog de sempre. Andiven bastante liado intentando poñer orden nunha das miñas grandes afeccións. Pero coma sempre é imposible. Eu a orde e a fotografía somos incompatibles, así que seguirei volcado na fotografía desordenada.
Estiven subindo bastantes fotos o meu sitio de Panoramio que vos invito que visitedes.
Pero levaba moito tempo dándolle voltas a unha idea, por que non subir as miñas fotografías a un novo blog, en vez de ter que andar sempre co encorsetado Panoramio?
Pois ahí está, amigos e amigas. Acaba de nacer MIL XEITOS DE OLLAR, o meu novo Fotoblog.
Antes non daba feito co meu blog e agora terei que dedicarme ós dous. Pero vou facer un esforzo.
Só quero convidarvos a que vos dedes unha volta por MIL XEITOS DE OLLAR, un blog no que só se falará de fotografía, e que me dedes as vosas opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario