Estou preocupado, moi preocupado, tremendamente preocupado. Acabo de ler unhas declaracións de Aznar e resulta que estou totalmente de acordo con el.
Non sei que me pasa, pero creo que esta é unha das únicas veces (senón a única) que podo afirmar que penso igual que o lider do pensamenro neocon español.
Eu que me considero nas antípodas de este home, resulta que hoxe apaludo o que dí.
E que é o que dí Aznar para eu apaludilo?. Pois resulta que afirmou o seguinte:
"Los cargos de responsabilidad deben acreditar algo máis que a súa presunción de inocencia".
Pero eu imaxino que todos e todas coincidiremos en estar de acordo con tal aseveración. Entón por que Aznar fai estas declaracións?. Esto é todo un dardo cheo de veleno contra Rajoy por non ter dado un golpe na mesa con máis forza e moito antes contra Camps, Bárcenas etc... E como sempre un espaldarazo a Aguirre por ter botado das súas filas os dous deputados autonómicos implicados nos casos de corrupción do PP.
1 comentario:
Menos mal, xa me estaba asustando. O que pasa é que entre tanta INCOHERENCIA sempre se escapa, aínda que sexa sen querer unha coherencia aínda que non sexa máis ca un producto da "mala leche" que leva dentro.
Bicos
Publicar un comentario