domingo, 26 de agosto de 2007

Pechado por vacacións




Dentro dunha semana volvo a estar con todos/as vós. Ata entón toca descansar. Deixovos esta imaxe para facervos a boca auga, do sitio por onde vou a estar. A volta xa vós contarei algo máis. Ata pronto

viernes, 24 de agosto de 2007

As amistades peligrosas de Alcaraz



Invítovos a que leades esta nova que me publicaron no Menéame sobre as amistades peligrosas de Alcaraz, o presidente da Asociación de Víctimas do Terrorismo, basada en información do diario El Plural. Este señor, íntimo amigo da plana maior do PP, partido no cal milita a súa esposa mantén unha extraña relación con Ynestrillas, líder da ultradereita española.
Ricardo Sáenz de Ynestrillas estivo acusado de asasinar ó dirixente de HB Josu Muguruza e foi absolto pola Xustiza.
Alcaraz que di defender ás víctimas do terrorismo (aínda que só defende a algunhas) resulta que é colega dun terrorista. Vaia, vaia...
Podedes atopar toda a información neste enlace.

Un día triste para todos os/as demócratas.



Hoxe debería ser un día triste para todas e todos os demócratas. ETA fixo estalar unha bomba en Durango, con máis de 80 quilos de material explosivo. Houbo dous feridos e poidose producir unha masacre. Pero mentres todos deberiamos de estar pechando as cancelas contra os terroristas, algo distinto está a acontecer. Algo ó que xa case estamos acostumados dende que Rajoy comanda o Partido Popular: “No podemos seguir dejándonos engañar por el PSOE", advierte María San Gil, líder dos populares bascos. O PP insiste en "pedir cuentas" ó Goberno tralo atentado de ETA. Tendes máis información e moi interesante neste enlace de El Plural.

viernes, 17 de agosto de 2007

O domingo 19 de agosto cadea humana en favor do Corredor 3 da A-76



O vindeiro domingo 19 a Plataforma pro-autovía A-76 corredor 3 convoca a todos e todas aquelas que crean que é de xustiza que dita autovía pase por Caldelas e Trives a que participen na cadea humana que unirá Trives con Larouco. Así poderemos demostrar que todos/as os/as caldelaos e triveses, así como o resto de ourensáns, estamos a favor de que a autovía pase por estas terras e non nos volva a deixar, unha vez máis, mal comuniacdos co resto do País. Dende aquí todo o meu apoio para a Plataforma. Se queredes máis información está dispoñible na súa web.

domingo, 12 de agosto de 2007

Detectadas graves irregularidades polo Consello de Contas nos Concellos de Montederramo e Manzaneda



O Consello de Contas de Galicia é un ente imparcial e fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Cada ano realiza, entre outros, uns informes dalgúns concellos galegos.

Hai uns días saíron á luz pública os informes de dous Concellos da miña comarca, Manzaneda e de Montederramo, entre outros, referidos ó exercicio 2003-2004. Houbo varios medios de comunicación que se fixeron eco destas auditorías: La Voz de Galicia sobre Manzaneda e Montederramo, e Ourensedixital sobre Manzaneda e Montederramo.


De todos os xeitos se queredes ver os informes completos en formato pdf a través do Consello de Contas, podédelos ver dende aquí: Montederramo e Manzaneda.

Por facervos un resumen das tropelías que se detectaron, comentarvos que en Montederramo acusan ó alcalde e a varios concelleiros de cobrar dietas irregulares, e de contratar "a dedo" a catro traballadores. Todos os soldos do alcalde foron cobrados sen acordo plenario e Antonio Rodríguez recibiu máis de 7000 € en concepto de locomoción e manitención habendo só mandamento de pago pola metade. O informe tamén salpica, por cobros irregulares, o tenente-alcalde e a unha concelleira. Podedes ler o informe completo, porque o único calificativo que merece é o de ESCÁNDALOSO. Lembrarvos que o alcalde tivo que deixar o cargo antes das eleccións porque estba inhabilitado pola Xustiza, aínda así volveu a ganar nestas eleccións, nas que xa se podía volver a presentar, por menos dunha ducia de votos.

En Manzaneda non lle andiveron moi lonxe. Inflaron o superávit do Concello e o remanente de tesourería. Detectáronse demoras nos prazos de presentación e falta de expedientes en modificacións de crédito. Así mesmo o Concello non dispón de libro de resolucións da alcaldía e o libro de actas do Concello está sen actualizar dende 2001.O secretario estivo de baixa varios meses e seguiu cobrando complementos de productividade, o igual que unha funcionaria de xeito non xustificado. O alcalde cobrou dietas e non están documentadas. Esto é só parte das tropelías, lede o informe porque o desaguisado é dun calado enorme. Este alcalde, nas pasadas eleccións, pasou á oposición e hoxe goberna o BNG co apoio do PSdeG-PSOE.

sábado, 11 de agosto de 2007

Os despropósitos do PP. Cómo ter un castelo por menos de 3 € ó día


A nova corporación municipal de Maceda (Ourense) BNG + PSOE acaba de iniciar ó proceso para rescindir ouguer do castelo municipal. O anterior alcalde do PP fixo que se lle comprara a un particular o castelo do pobo, a Xunta de Galicia invirtiu na súa recuperación 8 millóns de euros, convertírono en restaurante e casa de turismo rural, cunha zona amplia habilitada para residir os seus novos donos, y logo o concello alugóullo a un alto cargo dol PP por 1000 euros ó ano, é dicir por 456 pesetas diarias. Agora a nova corporación quere rescindir o contrato. O certo é que á poxa non acudiu ningunha empresa máis (segundo parece), pero eso non é motivo como para "regalar" un ben tan preciado para os macedáns. Tamén compre dicir que a xestión do castelo sempre foi nefasta e dende o concello nunca se fixo nada ata o de agora. Se queredes máis información entrade neste enlace do Menéame.
Nestes días ded vacacións prométovos contar moitas máis cousiñas que sei sobre escándalos do PP na nosa comarca

jueves, 2 de agosto de 2007

Que patético

Vídeo da campaña das municipais de Esperanza Oña, candidata do PP por Fuengirola. Vídeo patético que non merece máis comentarios

miércoles, 1 de agosto de 2007

¿Esta é a democracia do PP?



Nas pasadas eleccións municipais o PP, o igual que outros moitos partidos (PSE-PSOE, PNV, EA, EB-IU, etc.) tiveron problemas para confeccionar as súas candidaturas a algúns concellos de Euskadi por mor das amenazas do entorno de ETA.
Ante estes feitos, é unha práctica moi extendida confeccionar as candidaturas con xente de fóra do Concello, e incluso de fóra de Euskadi.
O PP fai desta causa, case unha cruzada e son centos os simpatizantes que se brindan para participar como membros das candidaturas nos comicios municipais.
Desta vez o PP de Galicia marcouse como obxectivo que participasen 400 galegos nas súas listas, cen por provincia. Creo que é moi loable que unha persoa, sexa da opción política que sexa, se brinde para que calquera cidadán da aldeaq máis recóndita de Euskadi poda votar á formación política que desexe.
Pero hai uns días descubríuse que na provincia de Pontevedra e en concreto na zona do Grove e Vilagarcía de Arousa foron varias as persoas que se enteraron que concurriran ás eleccións vascas formando parte de candidaturas do PP, e todo elo sen o seu consentimento falsificando a súa sinatura e aportando unha fotocopia do DNI que, presuntamente, alguén lle fixo sen o seu consentimento.
Máis dunha ducia de galegos presentaron denuncia ante este atropelo tan grave e a fiscalía xa tomou cartas no asunto. Non é o primeiro escándalo que xurde no PP de Pontevedra, que preside Rafael Louzán. Algúns deles podédelos ver aquí.
Así é como quere o PP facer de Euskadi un territorio máis democrático?