viernes, 16 de mayo de 2008

Un paréntese

Un pequeno paréntese no meu blog. Este tema non ten nada que ver cos que trato por norma xeral. Pero quería falar desto. Teño algunhas afeccións, pero hai dúas polas sinto devoción, o cine e a fotografía (gustariame pode explotalas máis, peroo tempo é o que é).
Atopei hoxe esta imaxe (publicada no xornal El País) na que saen ducias de cámaras (que para min son un arma coa poder expresarse e facer arte) e un dos máis grandes do cine (o séptimo arte, outra paixón): Dustin Hoffman.
Sobre Hoffman dicir que son moitas as súas boas películas, outras máis regulares. Pero voume permitir facer unha recomendación, para quen non coñecedes toda a súa obra: El Graduado (1967). Para min unha das grandes óbras do séptimo arte. Merece a pena vela só por poder desfrutar da banda sonora.

Outra cacicada de Baltar a unir o seu longo expediente

Hoxe compareceron en rolda de prensa Alfredo García e Eladio Fernández, deputados provinciais, para denunciar unha vez máis as cacicadas de Baltar ó fronte da Deputación de Ourense.
Nestes últimos días Carlos Montes, alcalde de O Carballiño e tamén deputado provincial sacaba á luz os centos de contratacións a dedo que se fan na Deputación, así como puxo ó descuberto como fan que pareza legal cando lle dan unha praza fixa a familiares de cargos do PP, utilizando para elo a "cobaias" traballadores da Deputación próximos ó PP.
Hoxe Alfredo e Eladio fixeron público como Baltar se salta a lexislación vixente de contratación pública e concede o seu libre albedríocontratos de subministros millonarios cos seus amigos, curiosamente case sempre cargos ou familiares de cargos do PP.
Así aparecen facturas de máis de 400.000 € de gasoil nunha estación de servizo dun concelleiro do PP, facturas de mais de 140.000 € de bancos e refuxios disfrazados en 71 facturas diferentes, concesións a empresas propiedade de familiares de quen contrata os servizos, e un longo etcétera.
Creo que a Fiscalía debería de empezar a tomar cartas no asunto.

O PSOE de Trives, Caldelas e Valdeorras intercambia opinións

Onte celebramos unha xuntanza no Pazo do Castro do Barco de Valdeorras os deputados provinciais, delegados, alcaldes, portavoces e secretarios comarcais, e unha posterior rolda de prensa.
Na foto superior estamos, de esqueda á dereita:
Víctor González, deputado provincial e tenente de alcalde de Cortegada; José Luis "Chelis" Pérez, deputado provincial e alcalde de Vilardevós; Miguel Fidalgo, senador e secretario provincial de organización; Alfredo García, deputado-portavoz provincial, alcalde do Barco de Valdeorras e secretario comarcal de Valdeorras;eu, Eladio Osorio Montenegro, secretario comarcal de Trives-Caldelas e asesor do grupo provincial socialista na Deputación de Ourense; Carlos Montes, deputado provincial e alcalde do Carballiño.
A reunión reviu para intercmbiar pareceres e fixar unha estratexia tanto nas comarcas como na Deputación de cara ós vindeiros anos. Hoxe podedes ver o tema recollido nalgúns medios de comunicación como La Región ou La Voz de Galicia.
Na segunda fotografía podedes ver a fachada provincial do Pazo do Castro, onde mantivemos a reunión, un lugar moi recomendable para pasar uns días se tedes pensado visitar as terras de Valdeorras.