![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcQ3GY9xOZERC9Dt9ftofgLaTS-tX1ns10OzD8A0yur1Qfn_ml-PuMsZYEjChj1WRDIBvwV1BsnKgy_2Tej5zDj8OCpgzbVWEepPDhAV99-kx2cZa4Ol8_HIi0ZN0TpHaidhIJEkTFx37X/s400/PP+break.jpg)
Escribo cheo de rabia e de impotencia, unha vez máis.
Unha vez máis, e xa van tres nesta lexislatura, o Partido Popular e os seus dirixentes van contra a vontade do pobo e auspician unha moción de censura cun tránsfuga. O que non consiguen nas urnas, consígueno comprando ós chaqueteiros.
Eu que xa pasei por este mal trago (hai agora 11 anos) sei a impotencia e a rabia que teñen ós/ás compañeiros/as de Mos.
Antes o PP xa o fixo en Calvos de Randín e en Trives. Pero case sempre o electorado faille pagar a estes "lambóns da política" a tropelís que cometeron.
Toda a miña solidariedade co PSOE de Mos.
Por certo, ó igual que en Calvos de Randín, empregaron uns matóns a soldo do PP para avasallar ós veciños.
Eu denunciei a tres deles que me agrediron en Calvos de Randín e hoxe, xustamente hoxe, saiu a sentenza. Os tres condeados a dez días de localización permanente e deberán pagarme unha indemnización.
Eu sei que a eles vaille sair barato, Baltar encargarase correr cos gastos, pero eu e os que estivemos en Calvos de Randín habemos comer unhas cigaliñas a conta do Partido Popular.