![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiPVFbqgiZlOnreFBZp0LlMn_9NbWsfYK9u1Hy_VIkdAGY6p2nKbBYo_GrtzSLjXnrnJClge2LrivlXFJrj6OBO_u9NwY6c3falWR2O2c0BRXZobRlb080nONp3TPyyKVfvCjBRBLNNRMgJ/s400/Barak+Obama+2.jpg)
Hai xestos que inspiran esperanza. Onte Barack Obama, presidente electo dos EE.UU. presentou o seu equipo en materia de seguridade e política exterior, que estará capitaneado por Hillary Clinto (creo que foi unha moi sabia elección) e nese acto pronunciou unha frase que dicía "Necesitamos un futuro con máis socios e menos inimigos".
Creo que algo está a cambiar na política exterior dos EE.UU. Ogallá que está esperanza se torne en realidade. Creo que será unha boa nova para todo o Mundo.