Mostrando entradas con la etiqueta Obama. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obama. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2008

Esperanza

Hai xestos que inspiran esperanza. Onte Barack Obama, presidente electo dos EE.UU. presentou o seu equipo en materia de seguridade e política exterior, que estará capitaneado por Hillary Clinto (creo que foi unha moi sabia elección) e nese acto pronunciou unha frase que dicía "Necesitamos un futuro con máis socios e menos inimigos". 

Creo que algo está a cambiar na política exterior dos EE.UU. Ogallá que está esperanza se torne en realidade. Creo que será unha boa nova para todo o Mundo.


jueves, 20 de noviembre de 2008

Buscando ó Obama vasco



Teño que confesalo, este post é un plagio puro é duro do blog de Maripuchi y su Mundo (o cal vos recomendo que visitedes), pero é que me fixo tanta gracia que volo tiña que ensinar...aínda me estou rindo agora (espero que ninguén se tome esto a mal).

O efecto Obama chega ata Euskadi. Ó estar ás portas dunhas novas eleccións fai que os partidos políticos busquen un candidato con moito tirón como Barack Obama.

Espero que vos riades tanto coma min ;)

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Obama danos as grazas a todos/as os/as que axudamos na campaña

Hai un ratiño acabo de recibir unha mensaxe en nome de Barack Obama. Esto débese a que dende hai un tempo participo como activista da súa candidatura na rede social Facebook.

É unha mensaxe de agradecemento por todo o traballo que levamos facendo miles de ciberactivistas en prol do cambio en EE.UU., e en consecuencia no Mundo enteiro.

Aquí vos deixo unha traducción do mesmo:

"Ahora mismo estoy a punto de entrar a Grant Park para hablar con todos los allí reunidos, pero quería dirigirme a ti en primer lugar. 

Acabamos  de hacer historia. 

Y yo no quiero que se olvide cómo lo hicimos. 

Tú has hecho historia todos los días durante esta campaña - todos los días que petasteis en las puertas, hicisteis una donación, o hablasteis con la familia, amigos y vecinos acerca de por qué crees que es el momento para el cambio. 

Quiero dar las gracias a todos vosotros que disteis vuestro tiempo, talento y pasión por esta campaña. Tenemos mucho trabajo por hacer para nuestro país de nuevo, y voy a estar en contacto con vosotros pronto y en lo sucesivo. 

Pero quiero ser muy claro acerca de una cosa ... 

Todo esto sucedió gracias a ti. 

Gracias, 

Barack"


Estas verbas de Barack Obama tamén van adicadas a todos/as os/as que sin estar implicados na campaña cremos que outro Mundo, distinto ó que vivimos con Bush e Aznar é posible.

martes, 7 de octubre de 2008

Momentos clave


Na Historia hai momentos clave, que dependendo do que aconteza nun pequeno marxe de tempo pode condicionar o futuro de millóns de persoas ó longo de moitos anos.
Hoxe as tres da madrugada (pola nosa hora) vaise producir un deses momentos clave: o derradeiro debate preelectoral entre McCain e Obama.
Polo noso ben, polo ben de millóns de persoas e polo ben do noso Planeta espero que Obama siga na súa liña e non cometa ningún erro que lle poda restar puntos a esa distancia que as enquisas lle dan respecto do seu rival, o republicano McCain.
Para saber máis quedanos ou trasnoitar ou esperar a mañá.

lunes, 6 de octubre de 2008

Que se prepare Obama


Que se prepare Obama. Primeiro foi o gran defensor do Islam fronte os valores cristiáns. Logo foi cocainómano, despois comunista, máis tarde homosexual... E agora Sarah Palin, a gobernadora de Alaska e número dous dos republicanos, acúsao de manter contactos con terroristas.
Esto é o que ten a política nos EE.UU. Alí, case todo vale para desacreditar o teu rival, incluso pequenos problemas persoais, domésticos, etc...
E esto dispárase de maneira parexa a cando se disparan as enquisas o teu favor. E este é o caso. A día de hoxe, e segundo Gallup, Obama lévalle a McCain sete puntos de ventaxa (case todas as enquisas apuntan igual). Pero en EE.UU. dase unha peculiaridade, e é que en cuestión de dous días unha tendencia pode dar a volta, por motivos tan sinxelos como que alguén dí que eres amigo dos terroristas, ou porque o teu fillo lle tirou un xoguete ó do veciño, ou porque podaches o seto da túa casa demasiado alto, ou cousas así...
Creo que estas cousas en Europa nunca as entenderemos. Pero nun País onde tradicionalmente vota menos do 50%, e cun presidente que vai marcar (en gran medida) os acontecementos mundiais dos vindeiros catro anos, un chismorreo deste tipo pode causar que nos teñemos que tragar (todos os habitantes do Mundo) outro presidente tipo Bush.
Se queredes máis información sobre a campaña, un bó sitio para informarse é o de Univision. (en castelán)