miércoles, 19 de diciembre de 2007

O titiriteiro



Escoitade o noso titiriteiro particular. José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e do Partido Popular na provincia. Con el, podemos escoitar a toda a súa troupe: Valladares, Baltar Jr. "El Nene" e Amparito. Un agasallo recopilatorio dos seus mellores momentos na Cadena Ser. Dende logo é patético.


Dous xeitos distintos de entender a política



Onte clausurábanse en Ourense unhas xornadas sobre "O futuro das Deputacións". Estaban invitados ó acto os catro presidentes das Deputacións ( Xosé Ramón Gómez Besteiro Presidente da Deputación de Lugo non asistiu por estar convaleciente) e poidemos escoitar os de Ourense e Pontevedra, Baltar e Louzán do PP, e o da Coruña Salvador Fernández Moreda do PSOE.
Logo eu e máis uns deputados provinciais tivemos o pracer de compartir mantel con Moreda e debater longo e tendido sobre cal ten que ser o futuro das Deputacións no século XXI. Foi unha mágoa que non poidera estar Xosé Ramón, co que hai unhas semanas compartimos un debate similar Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense) e máis eu en Lugo.
Houbo unha frase de Moreda que foi lapidaria sobre as Deputacións e o "san benito" que se lles colga sempre de que son uns entes caciquís. Moreda, sentado ó carón de Baltar, afirmou que as Deputacións non son caciquís, que caciquís poden ser as persoas que as gobernan, e nese intre xirouse e mirou para Baltar. Este acto seguido púxose colorado coma un tomate, xa que que nunha comparecencia ante os medios dous días antes acababa de recoñecer o que todos sabemos, que el sí que é un cacique.
Logo nunha intervención dunha persoa do público (unha empregada da Deputación) está dirixiuse a Moreda confundindo a institución da Deputación co partido no que militan ela e máis Baltar, o PP, e o presidente raudo e veloz espetoulle á rapaza algo así como "filliña, non me extraña que vos chamen caciques cando confundides o voso partido coa Deputación". Baltar xa non sabía onde meterse, e tanto é así que ó rematar as xornadas (que eran na súa "casa") desapareceu.
Nesta semana que ven, a ver se teño tempo, e pasa o pleno do debate dos orzamentos (que nos trae un pouco tolos estes días) e as asambleas do PSdeG para propoñer candidatos ó Senado e o Congreso e vós vou a facer unha comparativa daxestión das catro deputacións para que vexades que o que pasa nesta provincia é de órdago.