viernes, 8 de junio de 2007

Hesamen de jografia hexpañola

Hoxe propóñovos que lle votedes un vistazo a este examen de xeografía española dunha nena de doce anos, ou mellor dito "jografía hexpañola".
Eu non quero entrar no eterno debate se si antes os rapaces e rapazas sabiamos máis que os de agora, ou se os de hoxe en día están máis preparados e máis especializados do que nos estabamos. Só quero que vexades o examen en cuestión e que vós mesmos opinedes sobre o nivelazo desta cativa.
Tiña oído moitas veces sobre as verdadeiras xoias de probas de coñecementos que manexan os profes, sobre todo amiña irmá que é profesora de Lingua e Literatura en Alcántara (Cáceres), pero nunca tivera a ocasión de ver con deteñemento un destes exames.
Creo que alguén tiña que promover un museo para gardar para a posteridade estas obras de arte, xa que creo que é un ben que o noso País non debe perder.
Fóra bromas, non me podo imaxinar a cara do ou da profe á hora de corrixir dita proba.
Se o queres ver con deteñemento pincha no enlace de "Hesamen de jografia hexpañola". Espero que vos divirtades.