lunes, 5 de marzo de 2007

Os axitadores de gaseosa

Todo o mundo sabe que se se axita a botella da gaseosa antes de abrila, ó sacar o tapón bota todo para fora. Estes dous señores, Alcaraz e Jiménez Losantos son, entre outros uns dos que máis lles gusta menear o recipiente. Estamos vivindo uns momentos convulsos en España. Xente como estes dous elementos dedícanse a poñer a palla. Rajoy, Aznar, Acebes, Zaplama e Espe poñen o mechero. Logo por detrás veñen estes grupúsculos de extrema dereita que hoxe habitan dentro do Partido Popular e son os que pegan lume.
O problema de todo esto é que detrás desta radicalización da sociedade están arrastrando a xente sensata e serena que sempre militou no centro dereita. A base de enganos, mentiras e manipulacións están a levar a milleiros de persoas o terreo da radicalización. Non hai máis que ver as bandeiras e as pancartas que portan nas manifestacións. Nesas que vai Rajoy.
Hoxe podía escoitar unhas declaracións de Mariano Rajoy nas que dicía que na próxima concentración que están a preparar non lle importaba en absoluto que apareceran bandeiras preconstitucionais nin que se unisen á mesma xente de extrema dereita. Dicía que el convocaba a manifestación para que se unisen todos os cidadáns que estiveran en contra das decisións do goberno en materia de terrorismo.
Que fráxiles de memoria somos moitos, ou non nos queremos dar conta da realidade, ó esquecer un pasado tan recente no que se produciron 53 excareracións de presos de ETA e que levou a cabo o PP. Como curiosidade compre dicir, por se alguén se esquecera, que algúns dos máis radicais agora no Partido Popular foron os que asinaron tales liberacións: Mariano Rajoy e Ángel Acebes.
Hoxe por curiosidade entrei en tres webs: Falange, Falage-Auténtica y España 2000, tres grupos de extrema dereita, estiven lendo as súas novas e comunicados. E, de verdade, non difiren en absoluto das lindezas que estes días están a pronunciar os políticos do Partido Popular.
Dende logo neste país bótase de menos esa outra dereita que hai por Europa adiante, esa dereita nacida do liberalismo e loitadora en pro das liberdades. Aquí seguemos a ter unha dereita rancia e retrógrada basada nos restos dun réxime totalitario e fascista.