miércoles, 29 de octubre de 2008

Non se rompeu España, rompeuse o PP (e o que queda)

Lembrades cando Rajoy facía de pitonisa e repetía aquelo de "España se rompe" ata a saciedade. España rompíase por Galica, por Navarra, por Euskadi, por Cataluña... Ía quedar feita un andraxo e non a ía recoñecer ninguén. Había algúns que se adicaban a facer de altofalantes de Rajoy e non deixaban de saturarnos con aquelo da "Balcanización de España".

Pois coma sempre, o tempo pon a cada quen no seu lugar, resulta que España non se rompía, e non se rompeu. 

Eso si, o que se está a romper e o PP. O primeiro capítulo estase a escribir en Navarra. Xa non ten volta atrás. O PP liquida a alianza que tiña con UPN dende fai 17 anos.

Pero este non é o último paso. Xa veredes o que vai acontecer en Galicia logo das Eleccións Autonómicas, e máis concretamente na miña provincia, Ourense. Baltar quere despedirse da política con traca final, e acordádevos do que digo, antes dun ano hai refundación de aquel partido que aínda conservan no conxelador: centristas de Galicia. 

Só falta saber se se porá el á fronte ó principio ou deixará ó principiño que o comande.

Coma sempre, o tempo dirá...

As falacias do PP e Núñez Feijóo

Hai algúns que se sinten moi a gusto nesa teoría de que unha mentira repetida mil veces convértese nunha verdade. Un dos máis fieis seguidores desta máxima é Núñez Feijóo e o PP de Galicia.
Levan urdindo dende hai meses unha campaña de acoso e derribo contra o Executivo galego porque según eles viven instalados na riqueza, na abundancia e na opulencia. 

Xa hai un tempo dende o PPdeG acusaron a Touriño de irse de vacacións coa súa dona a costa do erario público. O Presidente presentou a documentación que acreditaba que os pagos os fixeran el do seu peto, e dende ese día, como por arte de maxia, ó PP xa nunca máis lle interesou o descanso estival de Emilio P. Touriño.

Hai un ano o Presidente da Xunta cambiou un dos coches do seu parque móbil por outro similar. Un coche bastante caro debido á blindaxe e máis medidas de seguridade que posúe, un coche similar ós de Fraga cando era presidente e ó dos demais presidentes das autonomías. Daquelas non lle interesou o tema ó PP, pero sacouno este días decindo que o coche se acababa de comprar en plena crise e que desbordaba luxo por todas as ventaniñas. Só lle faltou dicir que estaba forrado en ouro. Outra mentira máis, pero ó PP dalle igual.

Hai unha semana, unha deputada do PP acusa ó vicepresidente da Xunta de adicar poucos cartos a gastos sociais e de gastar moito en complementos de luxo para o seu coche. Para elo pon como exemplo a adquisición dunha neveira valorada en 6000 €. O vicepresidente ipso facto convida á prensa e a deputada a baixar ó coche e ensinar o maleteiro. A deputada por suposto non quere ir, só vai a prensa. Ábrese o maleteiro e... sorpresa, si que hai unha neveira, pero valorada en 85 € e comprada nuns grandes almacéns da capital galega. Por suposto a deputada non admitiu o seu erro.

A última de todas estas falacias é a xurdida en torno ó despacho de Touriño. Di Rueda, secretario xeral do PPdeG que se acaba de reformar e que as obras ascenderon a dous millóns de euros. A verdade é que as obras custaron 1,3 millóns de euros, leváronse a cabo en 2005 e serviron para reformar tres plantas de oficinas e sals de reunións. Por suposto, e unha vez máis, dende o PP non van a pedir disculpas por terlle mentido a todas e todos os galegos.

Como podedes ver dende o PPdeG están instalados na campaña "Difama que algo queda" de acoso e derribo contra a Xunta de Galicia e os seus dirixentes. Pero no PP deberían saber unha cousa os galegos e as galegas non somos tontos, e tanta mentira van a pagala nas urnas