Séguenme a gustar estes anuncios de Gadis. Aquí vos deixo o "Vivamos como galegos", versión New York.
viernes, 31 de octubre de 2008
miércoles, 29 de octubre de 2008
Non se rompeu España, rompeuse o PP (e o que queda)

viernes, 16 de noviembre de 2007
SOS galego
Na casa do 80% da xente que agora ten 40 anos falábase sempre en galego cando eles eran nenos. Pero a presión abafante da ditadura provocaba que nas cidades os pais empregasen a lingua do país e os fillos respondesen en castelán. Era o resultado da idea, gravada a lume polo réxime, de que en galego non había futuro: era -¡que erro!- o idioma dos pailáns.
¿Resultado daquela terrible imposición? A maioría dos fillos de galegofalantes sen unha ideoloxía forte e que viven en cidades acabaron convertendo o castelán na súa lingua real: aquela que empregan case todo o día, aquela na que fan o amor e as risas.
A presión foi tal que hoxe o galego, que é o maior patrimonio cultural de Galicia, vai camiño de converterse en 30 anos nunha lingua litúrxica. ¿Exemplos collidos da vida real? Aí van algúns:
-En moitas comidas de traballo con xente próxima á Administración o xantar comeza en galego, pero en canto corren dúas copas de viño, toda a mesa acaba falando en castelán. Uso litúrxico do galego.
-No medio rural, a reserva do noso tesouro, o proceso de castrapación está chegando ao nunca visto: a xente di «o meu hermano», «a miña mano», «fun pola noche». O galego convértese así nun spanglish deturpado.
-Nas cidades, que é onde se vai marcar o futuro do país, os rapaces escolarizados ao 50% en galego no recreo falan todos... en castelán.
-A lingua literaria dos escritores non conecta coa realidade lingüística do país, onde ninguén di «grazas», nin «plantexamento». E cando a maioría dos mariñeiros galegos pronuncian «polbo» non se refiren precisamente ao pulpo .
-Dous dos tres líderes políticos de Galicia falan moitísimo mellor o castelán que o galego, onde teñen problemas.
Resumindo: o corte dos 40 anos de Franco deixou ao galego tremendo. A lingua quedou parada nun universo rural e resucitou nun futuro que é ciencia ficción comparado co mundo da corte e o sacho. Urxe un plan (amigable e despolitizado) para darlle folgos ao idioma. ¿Quen o ten? Non se albisca e, ademais, por desgraza, é case imposible torcerlle a man á realidade da rúa.
viernes, 29 de junio de 2007
Asociación PuntoGal
Quero convidarvos a que entredes na web de PuntoGal. De seguido fágovos unha pequena reseña da súa páxina para que vexades quenes son e que é o que promoven. Animadevos a entrar e asinar na súa web.As doce entidades promotoras do PuntoGal convocaron a Asemblea Constituínte o dez de xuño de 2006, en Santiago de Compostela. A Directiva que saiu da reunión é quen avalará a candidatura galega diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, organismo internacional que se encarga de autorizar e recoñer os dominos.
Pola propia complexidade do proceso, resulta fundamental traballar dando pasos firmes, actuando con axilidade e contando cun amplo respaldo social. O ICANN valora as propostas en función da xustificación da necesidade de ter o dominio e dos apoios que ten a propia candidatura dentro do seu territorio: por iso é imprescindible facer unha candidatura sólida con presenza de importantes organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
A asociación asume igualmente o compromiso de realizar accións de concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio.
A promotora do PuntoGal estivo conformada por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega (RAG) e Vieiros. Dende entón xa hai novas entidades adheridas.


