Imaxino que a día de hoxe xa saberedes todas e todos que o pasado venres a revista satírica El Jueves foi secuestrada polo xuíz El Olmo. Non vou reproducir aquí a portada orixinal porque está máis que vista por todos os lados. De feito en internet xa se subastan exemplares por valor de 2500 euros.A web da revista non funcionou durante algúns días posto que se saturou e logo foi intervida polo xuíz ata que retiraron a portada orixinal.
Hoxe amósanos unha nova versión que seguro non lle molestará en absoluto á Casa Real nin o xuíz.
A verdade é que debido a este secuestro hábrese un bonito debate sobre a liberdade de expresión, ¿por que vós credes que aínda que na portada dunha revista se amosen as figuran dos Príncipes de Asturias facendo o amor é para retirála de circulación?, ¿por que falando claro, é que Felipe e Letizia non follan?


