viernes, 8 de febrero de 2008

Hoxe é un gran día para min. Foime recoñecido o meu dereito á apostasía



Hoxe é un gran día. Diría máis, é un día marabilloso que levaba esperando con moitas ansi dende haipreto dun ano. Eu que de pequeno fun monaguillo, fun evolucionando na miña maneira de entender a Igrexa Católica e a relixión e seguín un camiño que chega ata hoxe. dende hoxe son Apóstata. Máis ven dende hoxe recoñéceme a Igrexa Católica o meu dereito á apostasía e tómame como excluido do seu "seno". Para tal fin emite un certificado o vicecanceler-secretario e vicario xeral da diócesede Ourenseno que me informa.
Podedes ler todo o documento no que se me recoñece tal dereito. Neste longo camiño teño que agradecerlle a axuda prestada a http://www.apostasia.org/ que sempre me asesoraron sobre os pasos a seguir. Hoxe cúmprese o meu desexo de non ter ningunha relación en absoluto con esta Igrexa Católica que o impregna todo nesta sociedade e que non é quen de saber estar á altura dos tempos qe corren e de saber resolver os problemas actuais.

¿Esta é a dereita europea, ou é a ultradereita?

O Partido Popular presume de que é un partido de centro e moderado, semellante á dereita inglesa, francesa ou alemana. Pero hai declaracións que semellan máis parecido ca ultradereita europea máis rancia, esa de Le Pen, Hayder, etc. Senón lede as seguintes declaracións de Arias Cañete:
"A man de obra inmigrante non é cualificada. Xa non hai camareiros coma os de antes, que pedías un cortado e traínancho con eficacia". "As urxencias están colapsadas. Alguén que para unha mamografía en Ecuador ten que pagar o salario de nove meses, aquí fanlla nun cuarto de hora".
¿Sabedes por que fan estas declaracións tan fortes e de corte xenófobo neste intre? No PP, confirman varios dos seus estrategas, lánzanse de cheo a polo voto das barriadas máis humildes, onde os españois conviven cos inmigrantes. As súas enquisas detectan (sempre segundo fontes do PP) que é ahí, entreos/as obreiros/as e as súas fillas e fillos que nin chegan a ser mileuristas, onde o PSOE perde forza.
Esta é a estratexia que a ultradereita ten posto en marcha no seu momento por toda Europa: Suiza, Francia, Italia, Alemania, Holanda, ...
Preparémonos a ultradereita acaba de chegar a España, e non de mans de Ynestrillas. Acaba de chegar de mans do rexistrador da propiedade Mariano Rajoy Brey.

Benvido Javier

Quero darlle a benvida a Javier da Abeleda á blogosfera. Acaba de crear un blog chamado Cousas Cousiñas e que versa sobre todo das súas vivenzas e do acontecer das Terras de Caldelas. Javier xa ten en marcha unha web sobre Caldelas en xeral e sobre a Abeleda en particular moi interesante. Dende aquí darche os meus parabéns por ser unha voz máis de Caldelas na rede. Este blog vense a sumar o que xa ten Bautista Sotelo e ó dos promotores do Festival Ponte Louco, todos eles nos falan da nosa terra, Caldelas.