Pero esta vez, logo de moitos anos, as festas son distintas. Había moito tempo que as festas as organizaba o Concello porque ninguén na vila se animaba a poñerse á fronte da comisión. Pero este ano un grupo de rapaces botoulle valor e ahí están, as festas organizadas por eles a punto de comezar.
Eu, que me tocou varios anos poñerme á fronte da organización, quero desexarlles ó mellor. Pero tamén quero apuntar unha cousa: é moi fácil dende a barra dun bar criticar a quen fai as festas. Que se esto saiu mal, que se o de alá se podía facer doutro xeito, etc... Creo que neles pesou que as festas do ano pasado non pasarán á historia por ser as mellores festas do Castro. Pero en vez de criticar e criticar, ahí están organizando as que eles consideran unhas mellores festas.
Dende aquí quero animárvos a todos os da organización e darvos os meus parabéns. O fácil houbera sido que as festas as organizaran outros e todo o mundo a seguir criticando. Pero vós atrevéstesvos a intentalo. Sería moi fácil non roubarlle tempo ó traballo, á parella, á familia, ás afeccións de cada quen..., pero vós decidistedes dar un paso á fronte.
Noraboa, e xa veredes como merece a pena.