jueves, 4 de diciembre de 2008

Moción = Corrupción


A terceira da tempada. Núñez Feijóo decidiu truncar a vontade do pobo primeiro de Calvos de Randín, logo na Pobra de Trives e agora en Mos.
No PP seguen a xogar ó "todo vale".
Se estás contra a compra de vontades e contra o transfuguismo tes unha cita Datos da concentración o vindeiro sábado 6 ás 12:00 horas fronte ó Pavillón Óscar Pereiro en Petelos, concello de Mos.

Roldas de prensa. Cara A e Cara B

Hoxe queríavos mostrar a cara A e a cara B dunha rolda de prensa, como se de un disco se tratase. A xente sóe ver na televisión ou no xornal a unha ou varias persoas falando ante uns micros ou grabadoras e cun foto tras deles.
Hoxe móstrovos a José Luis Pérez (Chelis) e Alfredo García, deputados provinciais e alcaldes de Vilardevós e O Barco de Valdeorras, respectivamente, falando ante os medios de comunicación para informar da desastrosa xestión do temporal de neve por parte da Deputación de Ourense. esta inhibiuse das súas tarefas e deixou de prestar servicio nas estradas da súa competencia, quedando moitos pobos illados. Baltar volveu empregar métodos caciquís e durante o temporal só enviaba medios ós concellos deo PP.
Pero a cara B das roldas de prensa é a da segunda foto. Na Deputación temos un local de 20 metros cadrados nos que se meten os comparecentes (2), eu, cámaras de televisión (3), cámaras de fotografía (3) e varios periodistas (9 ou 10).
Onte chegamos a convivir 17 persoas en un local de 20 metros cadrados,nos que había unhas cámaras, uns armarios e unha mesa que xa debían de ocupar uns 8 metros cadrados. É dicir 17 persoas en 12 metros cadrados.

Por certo, nin na foto deron saído todos/as.

Arrecendía a calor humana ;)