miércoles, 14 de mayo de 2008

Unidade

Agora mesmo que os asasinos nós volveron a atacar, levándose por diante a vida dunha persoa que o único delicto que cometeu era gardar a nosa seguridade, só nos queda a unidade.
Non voltemos ós tempos pasados de empregar o terrorismo para atacarnos unhas persoas a outras.
E mañá as 12 h. diante das Casas Consistoriais a mostrar todos/as a nosa repulsa fronte á barbarie.

Cada día unha sorpresa


No PP non ganan para disgustos. Hoxe San Gil dí que posiblemente deixe a executiva do PP de Euskadise non recupera a confianza de Rajoy. Mentres tanto, Ana Botella (cabeza parlante de Aznar) di que apoia a San Gil. E Rajoy, como sae hoxe na por tada do xornasl Público está apagado ou fóra de cobertura.
Creo que Mariano vai ter que pasar o testigo que un día lle pasou Aznar, xa que semella que se lle fai moi grande todo esto. Nunca vin a un lider con tan pouca capacidade de reacción, pero con tanta capacidade para gardar silencio e non intervir ante unha crise. As veces lémbrame ás avestruces cando agochan a cabeza baixo terra para non ver os problemas

Onde está CCOO?

Dóeme bastante ter que escribir esto, xa que teño moi bos amigos en CCOO e creo que, en xeral, están a facer un importantísimo traballo en prol dos traballadores, pero hai cousas polas que non se pode pasar...
Ata o de agora na Deputación Provincial de Ourense os representantes dos traballadores pertencían todos (de cando en vez dábase colado un de UGT) a un sindicato "amarelo" que estaba comandaddo polo "patrón" Baltar.
Dende as últimas eleccións sindicais todos estes traballadores (a maior parte vinculados ó PP, alcaldes, concelleiros, familiares destes...) presentáronse por CCOO.
UGT e CIG nin tan sequera lograron presentar candidatura, polo que todos os delegados sindicais foron a parar a CCOO.
O PSdeG-PSOE está a denunciar todos os días as tropelías que leva a cabo Baltar no tema de persoal: oposicións amañadas, contartacións a dedo, etc...
E onde está CCOO para denunciar todo esto?. Pois en ningún lado. Como lle pasa a Rajoy estes días, están desaparecidos e enmudecidos. Non din nada para non molestar o seu xefe de partido.
Creo que a dirección de CCOO ten que tomar medidas ante estes señores que non defenden os dereitos dos traballadores, senón que só se adican a esconder as chanchulladas de Baltar.
Un sindicato de tanto arraigo e do que forman parte importantísimos loitadores en prol dos dereitos dos traballadores non se pode permitir este luxo de que unha comparsa deste tipo enmerde o seu currículo.

A Blogosfera Socialista Galega

A través da web do PSdeG-PSOE podedes acceder á Blogosfera Socialista de Galicia. Aquí poderedes atopar todos os blogs de agrupacións, cargos, militantes e simpatizantes do Partido Socialista en Galicia.