Mostrando las entradas con la etiqueta CCOO. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta CCOO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2008

Onde está CCOO?

Dóeme bastante ter que escribir esto, xa que teño moi bos amigos en CCOO e creo que, en xeral, están a facer un importantísimo traballo en prol dos traballadores, pero hai cousas polas que non se pode pasar...
Ata o de agora na Deputación Provincial de Ourense os representantes dos traballadores pertencían todos (de cando en vez dábase colado un de UGT) a un sindicato "amarelo" que estaba comandaddo polo "patrón" Baltar.
Dende as últimas eleccións sindicais todos estes traballadores (a maior parte vinculados ó PP, alcaldes, concelleiros, familiares destes...) presentáronse por CCOO.
UGT e CIG nin tan sequera lograron presentar candidatura, polo que todos os delegados sindicais foron a parar a CCOO.
O PSdeG-PSOE está a denunciar todos os días as tropelías que leva a cabo Baltar no tema de persoal: oposicións amañadas, contartacións a dedo, etc...
E onde está CCOO para denunciar todo esto?. Pois en ningún lado. Como lle pasa a Rajoy estes días, están desaparecidos e enmudecidos. Non din nada para non molestar o seu xefe de partido.
Creo que a dirección de CCOO ten que tomar medidas ante estes señores que non defenden os dereitos dos traballadores, senón que só se adican a esconder as chanchulladas de Baltar.
Un sindicato de tanto arraigo e do que forman parte importantísimos loitadores en prol dos dereitos dos traballadores non se pode permitir este luxo de que unha comparsa deste tipo enmerde o seu currículo.

viernes, 2 de mayo de 2008

Celebración do 1º de maio

Fotografía "roubada" do blog de Lalo.

Onte saímos a celebrar o día dos traballadores con unha ofrenda floral conxunta de UGT e do PSdeG-PSOE no busto de Pablo Iglesias, para logo asistir á manifestación conxunta de UGT e CCOO.

Sobre a celebración planeaba a triste nova de que onte pola mañá falecera un obreiro en Carballiño, pai dunha compañeira socialista do Concello de Maside.