jueves, 24 de abril de 2008

Señor cura, señor cura, ¿xa podo morrer?

Hoxe despertei aterrorizado ó poder escoitar na SER que Esperanza Aguirre permite que os curas participen nos comités de cuidados paliativos. Despois falaba deste tema con Juan José Monedero, o noso flamante Delegado de Sanidade en Ourense e él dicíame que no Comité de Ética de Paliativos do Hospital de Ourense houbo un cura, pero non por ser cura, senón por ser un experto en biopética. Non vou eu agora a ser quen de discutir quen é experto neste tema ou non, e se Monedero me dí que este señor sabe moito do tema, "bendito" sexa.
Pero o tema de Aguirre e da sanidade en Madrid ten tela, e máis co que ven de atrás polas supostas sedacións en Leganés.
O Conselleiro de Sanidade madrileño xustifícase dicindo que os curas non poden intervir nas decisións clínicas sobre dar ou non sedación terminal a un enfermo, practicar un aborto a unha muller denunciada que non denunciou ou decidir se se reanima ou non a un bebé con malformacións na unidade de neonatoloxía. Pero, é que faltaría máis. Só faltaría que poidera decidir un cura por un médico.
O desta señora, a "lideresa", como lle gusta que lle chamen, é algo inaudito, algo esperpéntico e algo que ataca á moral de todas e todos (non só dos ateos).