martes, 16 de marzo de 2010

Desprezo total ós canallas da política


Nestes días enchéronse páxinas e páxinas de xornais e ocupáronse minutos e minutos nas canles de radio e de televisión sobre o sonado caso de transfuguismo político de Eladio Fernández.

Eu puiden ter escrito sobre este suceso hai xa algún tempo, pero preferín facelo ó cabo duns días de xeito máis sosegado. E fágoo así por medo a ser impulsivo e falar co corazón e non coa cabeza, porque eu coñecía e considerábame amigo de Eladio Fernández.

Quero comezar dicindo que me parece totalmente lexítimo que unha persoa que está en política acabe pasando dun partido a outro, porque non temos porqué pensar exactamente igual ó longo da vida. Eu non creo que o fixera nunca, pero é lexítimo.

Aínda así, este cambio debe ser froito dun proceso de madurez e de reflexión. Un non cambia por que sí en cinco minutos, cambia ó longo de anos e anos. Ademais é máis sinxelo de entender que cambie de parecer unha persoa que non está en primeira liña política ou que non estea moi comprometido coas súas siglas. Porque estando en primeira liña, o máis ético e irse para a casa se un non está de acordo coa súa formación política.

Pero alguén me pode explicar como unha persoa que é un dirixentes dunha organización política pode cambiar de siglas en só cinco minutos e sen ter mostrado a máis mínima discrepancia dentro do seo do PSdeG-PSOE. Porque se unha cousa hai certa en todo este culebrón é que Eladio Fernández xamais mostrou unha pequena discrepancia no seo do PSdeG-PSOE.

É moi difícil de comprender, case imposible. Pero o que xa ninguén entende, absolutamente ninguén, é que este personaxe da política se quede coas actas de concelleiro e deputado provincial que acadou gracias ó Partido Socialista.

A lexislación vixente di que as actas de concelleiro e de deputado son persoais, pero diferentes sentenzas recoñecen que  os electores a quen lle votan e a un partido político. E no caso da acta de deputado provincial, quen a ostenta e grazas o voto dos concelleiros da súa mesma formación política dentro da xunta electoral pola que concorre.

Eladio Fernández, tivo sempre a gran sorte de conta co apoio de todas e todos os compañeiros do PSdeG de Ourense para poder ser concelleiro en Ourense, logo cabeza de lista en San Cibrao, e máis tarde deputado. Tamén tivo a sorte de contar con respaldo para ser secretario provincial provisional ante do I Congreso, e logo contou coa confianza de Raúl Fernández para ser vicesecretario.

Que máis se pode pedir dentro dun partido? Eu creo que nada, por que se alguén pide máis é que está pedindo só para si mesmo e non para un proxecto común.

O máis suxo de toda esta xogada é como se fraguou, a escondidas, a costas de todas e todos os compañeiros, sen dicir absolutamente nada, e sendo unha mala persoa e quedándose coas actas de concelleiro e de deputado.

E o que fai todo esto en política só merece o desprezo dos cidadáns, porque é un canalla da política.

Pero tan culpable é el como quen o acolle no seo doutro partido sen pedirlle que sexa ético e que devolva as actas. Estou falando de José Manuel Baltar, o novo presidente do PP en Ourense que quere superar o seu pai en xogadas suxas dentro da política ourensá

Falando estes días con ducias e ducias de cargos do Partido Popular na provincia (dos dous partidos populares que hai en Ourense), ninguén entende a xogada de Baltar Blanco. Todos cren que é froito da súa inexperiencia e das súas ansias de chamar a atención e de facerlle a puñeta a Núñez Feijóo.

Alguén cre que esta fichaxe lle vai a aportar réditos ó PP?. Eu podo afirmar que ningún. Eladio Fernández non tiña ningún peso político como para arrastrar votantes e aínda por riba esta fichaxe só serviu para espertar repugnancia en moitos votantes que están fartos de que Ourense só sexa noticia polas falcatruadas dos baltares.

Eu quero crer que esta decisión de Eladio Fernández non sexa como as demais fichaxes que fai Baltar, e dicir, con algún posto de traballo parello para algún familiar ou con algunha outra cousiña. Quero crer que esta decisión de Eladio Fernández só foi pola ansia de figurar e de ocupar portadas de xornais que tanto ansiaba sempre. Quero crer esto, pero posiblemente me equivoque. E posiblemente esta equivocación se desvelará en próximos días. Estade todas e todos atentos.


5 comentarios:

Dilaida dijo...

Mire vostede, isto é coma cando da noite para a mañá o marido sae a comprar tabaco en fúgase coa amante. Asi que eu penso (e son mal pensada) que aínda que vostedes non sabían da misa a medias, estes dous xa andaban facendo trasnadas hai tempo; e iso que di, que pode haber algún traballiño, eu non sei..., pero algo terá que haber, por que pola fermosura de Baltar non será?.
O mesmo se lle apareceu en soños algún santo deses que veneran algúns do PP?
POBRE HOME! vaille pasar algo parecido ao que lle pasou aquel, non lembro como se chamaba, pero que quería ser ministro de economía con Rajoy e deixou Endesa, e que foi del?

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Para mín é traición, dame igual o nome ou o sentido do xiro, si non che gusta á calle pero nada de por a camisa do veciño.

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Dilaida.

La persona a la que te refieres es Manuel Pizarro, ex presidente de Endesa. Dejó el escaño que había obtenido (no él, sino su partido... estamos hablando de listas cerradas, of course) a finales de enero de 2010.

Estuvo últimamente en las quinielas de cara a ocupar la presidencia de Caja Madrid... que finalmente ocupa Rodrigo Rato.

En lo referente al parecido con el personaje de la entrada de Eladio, creo que son tan iguales como dos cristales de nieve... al menos en mi opinión.

UN saludo.

castroMadrid dijo...

...cambiachaquetas, ou interesados están todos os días e moi cerca, solo tes que mirar a tua terra de caldelas, pois os que forman ahora as xuventudes do pp de caldelas antes eran psoe, como o rubenciño, ou ese que e poli en monforte.Non se perde nada pois o primeiro como non ten onde caerse cambiou as suas ideas por limosna, e segundo que tardou en sacar o de poli 5 anos cando entraba todo dios en 6 meses, e non se conforma con ser u policiiña que anda polas ruas puteado. Por iso Eladio que vendidos témolos en todas partes. Gustaríame que escrivises algo sobre este tema, pois inda que eu estou por teaballo en Madridi interesame que pasa con estes

Anónimo dijo...

“Los 58 nuevos coches que alquilará Feijóo también serán Citroën”
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/07/politica/nuevos-coches-alquilara-feijoo-tambien-seran-citro/2010050623121301401.html

¿No os parece extraño después del coche de función GRATIS?