miércoles, 26 de noviembre de 2008

A Esperanza Aguirre róndana as situacións límite

Primeiro foi aquel accidente de helicóptero con Rajoy e hoxe tivo que ser desaloxada dun Hotel de Bombay no medio dun tiroteo.

Zapatero pídelle á Igrexa que respecte todas as memorias

Ante as verbas de Rouco Varela reclamando esquecemento por parte dos familiares do bando republicano  e afondando en que en España hai unha gran preocupación porque se está a remover o pasado, Zapatero lembroulle á Igrexa que ten canonizado a preto de 1000 víctimas da Guerra Civil e están en proceso outras 500 (curiosamente todas do mesmo bando, do franquista).

As verbas textuais de Zapatero foron:

"Si todos los ciudadanos han respetado que la Iglesia Católica haya hecho un número muy importante de canonizaciones de mártires, ¿por qué no debemos respetar, en ese espíritu de reconciliación, que familiares de víctimas de la Guerra Civil puedan saber dónde están enterrados sus seres queridos y puedan obtener la satisfacción de ese reconocimiento?"