lunes, 6 de octubre de 2008

O voto electrónico

Varias veces estiven tentado a falar deste tema, que en certa medida é bastante espinoso nas zonas rurais, e hoxe vou a facelo.
Estou firmemente convencido que se queremos erradicar o voto cautivo (que aínda o segue a haber) habería que derogar o dereito que teñen os partidos políticos a repartir papeletas electorais no transcurso na campaña electoral.
Ó meu parecer o voto sería moito máis libre se un elector/a accedera a unha cabina na que nunha pantalla podera escoller e votar o seu candidato/a ou partido político.
Non creo que nas grandes cidades se dea o feito de que axentes electorais estean a repartir papeletas as portas dos colexios, ou que estean controlando as características do sobre que se trae da casa para ver se coinciden coas do seu partido, pero esto dase nalgunhas aldeas e vilas. Entón, creo que sería máis transparente non permitir que se repartiran votos na campaña electoral.
Por outra banda, creo que sería máis práctico, máis sinxelo (si, máis sinxelo tamén, aínda que haxa persoas reticentes ós avances tecnolóxicos) e máis limpo e rápido á hora do reconto se se establecera o voto electrónico.
Teño oído moitas veces que aquí non estamos prepareados para ese avance, xa que hai moita xente que non se entende cos ordenadores, que si é moi lioso, e non sei cantas cousas máis...
Este sistema está a funcionar en moitos países, un deles Brasil, que acaba de celebrar comicios locais esta pasada fin de semana. En Brasil o voto é obrigatorio (esto aínda que aquí nos soe extraño acontece en moitos países), e logo dunhas pequenas explicación todas as persoas exercen o seu dereito a sufraxio a través dun ordenador (incluso as persoas analfabetas).
O sistema é sinxelo: Nome do candidato, nome do partido, foto do candidato, logotipo do partido. Escoller, votar e confirmar. Todo elo despois de que un lector controle a nosa pegada dixital.
¿E por que aquí non se podería facer?

Que se prepare Obama


Que se prepare Obama. Primeiro foi o gran defensor do Islam fronte os valores cristiáns. Logo foi cocainómano, despois comunista, máis tarde homosexual... E agora Sarah Palin, a gobernadora de Alaska e número dous dos republicanos, acúsao de manter contactos con terroristas.
Esto é o que ten a política nos EE.UU. Alí, case todo vale para desacreditar o teu rival, incluso pequenos problemas persoais, domésticos, etc...
E esto dispárase de maneira parexa a cando se disparan as enquisas o teu favor. E este é o caso. A día de hoxe, e segundo Gallup, Obama lévalle a McCain sete puntos de ventaxa (case todas as enquisas apuntan igual). Pero en EE.UU. dase unha peculiaridade, e é que en cuestión de dous días unha tendencia pode dar a volta, por motivos tan sinxelos como que alguén dí que eres amigo dos terroristas, ou porque o teu fillo lle tirou un xoguete ó do veciño, ou porque podaches o seto da túa casa demasiado alto, ou cousas así...
Creo que estas cousas en Europa nunca as entenderemos. Pero nun País onde tradicionalmente vota menos do 50%, e cun presidente que vai marcar (en gran medida) os acontecementos mundiais dos vindeiros catro anos, un chismorreo deste tipo pode causar que nos teñemos que tragar (todos os habitantes do Mundo) outro presidente tipo Bush.
Se queredes máis información sobre a campaña, un bó sitio para informarse é o de Univision. (en castelán)