martes, 7 de abril de 2009

Cambios ministeriais


Estes días estábase a especular sobre os posibles cambios ministeriais. Era un segredo a voces que Zapatero ía adiantar esta remodelacion de goberno para antes das Eleccións Europeas, pero as filtracións que se produciron estando el en Turquía fixerono volver a España antes do previsto para facer público os novo cambio.

O denominador común deste cambio é que se foma un goberno con moitísimo peso político.Salgado cambia de ministerio. Entran Chaves, Blanco e Jiménez, tres pata negra do PSOE. Tamén entran Gabilondo e González-Sinde. Saen Solbes (que o pedía a berros), Magdalena Álvarez (que non era moi afortunada coas súas intervencións), Garmedia, Soria e Molina (estes tres de moi baixo perfil político.

Zapatero acomete un cambio de ministros-xestores a ministros-políticos. Algo co que eu estou moi de acordo e que é o que veño repetindo dentro do PSOE a nivel galego sobre os males de algúns nomeamentos que se fan dende o noso partido. Persoas que xestionan ben pero que non saben aplicar criterios políticos. E en política estase para facer política.

Non son eu moi dado a ver as cousas eb clave territorial, pero Galicia segue a ter un peso moi grande neste executivo. Salgado será a número tres do goberno. Blanco ministro dunha das carteiras máis importantes. Espinosa titular do superministerio dos "tres medios", e Caamaño á fronte da súa recén estreada carteira de Xustiza.

Gústanme os cambios.



Andaina por Caldelas

Este venres día 10 vaise a celebrar a II Andaina por Caldelas organizada pola Asociación que organiza o Festival Ponte Louco. A cousa promete, xa hai bastante xente anotada. Podedes atopar información no blog do Ponte Louco e tamén no Facebook se buscades "II Andaina de Castro Caldelas".

Esta andaina non é como estas que organizan por ahí adiante os Concellos con dorsais, avituallamento, etc. Aquí é todo máis enxebre. Hai que levar o bocata ou a tortilla e logo comemos todos/as xuntos na Ponte das Táboas.

Se vos animades hai que estar ás 10 da mañá na Praza do Prado o vindeiro venres día 10. Alí nos vemos.