jueves, 6 de diciembre de 2007

Varios días de inactividade (ou vagancia)



Levo varias días sin escribir nada no blog. En parte debido a actividade no traballo, que me absorve gran cantidade do meu tempo, pero en parte tamén a un pouco de vagancia.

E o certo é que estes días ocorreron cousas de gran importancia que me gustaría comentar. A primeira delas, e máis importante, o vil asasinato de dous Gardas Civís en Francia. Outra vez volve ETA a empregar "a razón" das súas balas para convencernos a todas e todos de que as súas teses son as mellores e están no certo.

Dende aquí quero mostrar toda a miña solidariedade coas familias destes dous mozos que foron branco da sinrazón dunha xente que non sabe que neste mundo xa só valen as palabras e a política para defender argumentos distintos ós demais.

Parabéns para a Xendarmería francesa e os corpos de seguridade españois polo rápido apresamento de dous dos tres presuntos asasinos.

Creo que a partires de hoxe, e despois de que ANV non condenase este vil atentado, só cabe que o Estado poña en marcha toda a súa maquinaria en marcha para iniciar o procedemento de ilegalización desta formación, o igual que a do PCTV. Hoxe, e cos acontecementos que teñen pasado nos últimos meses (negociacións con ETA, ruptura da tregua, atentados, asasinatos...), non ten cabida xa que haxa algúns que non condenen estes actos. Tampouco o Estado se pode deixar guiar pola demagoxia oportunista e electoralista do PP e ilegalizar ós partidos ó día seguinte. Temos que deixar actuar á Fiscalís e os xuíces, e se hai probas suficientes que a Xustiza dicte sentenza.

Tamén teño que falar dun tema que me parece penoso. O outro día na concentración de repulsa a ETA, un grupo de "centristas" de Falange e do PP estiveron insultando e increpando a varios dirixentes socialistas, pero especialmente a Pedro Zerolo, chamándolle entre outras lindezas maricón.

Imaxino que Zerolo tivo que pasar un moi mal momento, mentres case todos os dirixentes do PP estiveron calados sen arroupalo, tan só o vice-alcalde de Madrid tivo agallas de defendelo.

Logo nunha manifestación (moi reducida, parece que xa só saímos á rúa para protestar polos manitromios gais, pola asignatura de educación para a cidadanía, ou cousas así) enfrontáronse persoas de dereitas e de esquerdas. Esto é o último que podería acontecer nunha manifestación de repulsa contra ETA. A estes actos vaise a protestar contra ETA e non contra a política de Zapatero ou as declaracións de Rajoy. Por primeira vez en catro anos parece que o PP e o PSOE estamos dacordo en saír á rúa xuntos por algo, e hai xente que se dedica a increpar ós que pensan distinto ca eles, pero sempre dentro do marco democrático. É de vergoña.

Só espero que sexa detido, canto antes, o terceiro membro de ETA que está implicado no asasinato e caía sobre el e os seus dous compinches (un deles aparece na foto do inicio) todo o peso da Lei.